Compartín pola mañá espazo cun fanático de Bolsonaro que, xusto hoxe, non paraba de dicir aquilo de que a xente sempre vota mal. A extrema dereita enche a boca co pobo, pero despreza a súa vontade cando non lle dá a razón. A democracia só lles vale cando gañan.
Balbina Gándara (fai🤹🏻♀️para conciliar🤱🏻)
@balg.bsky.social
Nai de Lucía. Galega, feminista, xurista e historiadora || Especialista en transformación dixital, dixitalización de arquivos e xestión documental || Profesional en preservación do patrimonio documental e cultural a través da innovación tecnolóxica.
Este fin de semana merqueille calcetíns á nena, fun a un velatorio, pasei parte da noite en Urxencias e hoxe tócame domingo de acompañante no hospital. En fin, que visto o visto, tampouco está tan mal. Os calcetíns, polo menos, xa están mercados.
Dígovos unha cousa, ter unha filla que nunca está cansa é moi cansado...🙇🏻♀️
Alguén sabe como se fai un arroba Policía na IRL para que uns dos seus membros pare de petar os estados de whatsapp con bulos e mentiras do de hoxe na Coruña? É para unha amiga...
Porque as imaxes que máis veremos en moitos medios non van ser as de milleiros de persoas pacíficas, se non as algaradas e cargas policiais. A pesar diso, creo que quedar na casa e esperar que isto pase como se dunha gripe se tratase non é unha boa idea.
O odio non vén, xa está aquí. Está en veciños, compañeiros, familias do colexio... Como combater ao fascismo sen reforzalo? Se respondes, fanse vítimas; se calas, avanzan. O reto é confrontar o odio sen regalarlles o marco. Non abonda con resistir, hai que impedir que normalicen o intolerable.
El tipo se dedica a decir que el gobierno progresista trae miseria y decadencia, y nadie lo confronta con medio dato. Mientras Aguirre repite las maravillas que él está haciendo en Argentina. Como sugiere Bronner, ya no es posverdad, es postrealidad.
Que pensamento crítico pode defender unha universidade se normaliza a quen debilita o dereito ao coñecemento? A liberdade académica non pode ser escusa para lexitimar políticas que atacan o ben común.
"Los 3 alumnos [...] no saben cómo van a evaluarles porque aseguran que no aprenden nada de economía. Tener su libro físico [...] vale un punto y otro hacer un resumen escrito de la lección que impartirá hoy miércoles en el salón de actos, seis horas después que Milei" elpais.com/educacion/20...
Dixen que ía tomar as cousas da nena con calma e aquí estou, pensando si montar un teatrillo de monicreques DIY para unha exposición oral voluntaria e organizando o Samaín por partida dobre con familias veciñas e do cole. Eu non procrastino, complico o que xa estaba ben e logo sufro. 🤡😭🚁
Diana Estrada: Ay, ¿Por Qué Soy Así?
ALT: Diana Estrada: Ay, ¿Por Qué Soy Así?
static.klipy.com
Estou coa nena facendo tarefas do cole en letra ligada e, de verdade, que necesidade hai de seguir con esta teima? 🙄🤦🏻♀️
Cada DANA lémbranos que os impostos non son diñeiro que desaparece nunha caixa Son a capacidade colectiva de responder cando todo se vén abaixo. Emerxencias, bombeiros, hospitais, infraestruturas, axudas e reconstrución. O público non é un gasto inútil. É o que nos sostén cando máis o necesitamos.
Cando todo se interpreta en clave de bandos, xa non abonda con discrepar, parece que hai que demostrar de que lado se está. E así, pouco a pouco, imos aceptando que calquera espazo é válido para facer propaganda e que quen non a comparte é o inimigo. 👇
No se debe permitir que se colonicen los espacios de discurso. Me llega a mi cuenta profesional universitaria un vídeo de propaganda política de ES Radio. Me lo envía un profesor de instituto y me dice que vale la pena circularlo. Le respondo: absténgase de enviarme propaganda política.
Entre onte e hoxe acabei o cambio de armario, limpei o conxelador e a base do robot, planchei o acumulado destes días, vendín algo por Vinted, colguei cadros e cociñamos para días... Non sei se foi unha finde ou unha sesión intensiva de terapia mental, pero a cabeza quedoume estupenda👌🏻🫠
Anuncian conciliación, poñen trampas na letra pequena e que cada familia se apañe. A trilería de sempre, vender como axuda o que acaba converténdose nunha carreira de obstáculos.
O Bono Concilia exclúe tamén campamentos privados por usaren instalacións públicas - Praza Pública
A Consellería de Política Social vetou os campamentos municipais das axudas, que agora denega tamén aos de empresas privadas por utilizar instalacións públicas de municipios ou de universidades. Ao te...
praza.gal
Que a Xunta subvencione campamentos privados mentres deixa fóra aos municipais non é un erro: é unha decisión política. Castiga ás familias que apostan polo público e desvía cartos de todxs cara o privado. Logo dirán que o público non funciona...
Mariana Mazzucato na Cadena SER 😍
Hoxe, alguén a quen coñecín grazas ao traballo, pero coa que a vida (aka as fillas) foi tecendo outros vínculos, acaba de contarme que vai ser pai por segunda vez. E que bonito poder compartir esa alegría sen ter que esquivar preguntas que, ás veces, doen máis do que quen as fai pode imaxinar ❤️🩹
Cada vez que o PP tenta meter na axenda a necesidade dunha colaboración público privada para a sostibilidade e extensión do sistema que sexa (como as pensións); habería que lembrarlle o fracaso do modelo das fundacións dos hospitais comarcais en Galicia, e quen era o seu responsable.
Se les quita el derecho al voto a hijos y nietos de exiliados como nos lo robaron a los emigrantes de la crisis con el "voto rogado". Siempre lo he dicho: España es ese país que, cada cierto tiempo, expulsa a los suyos y los condena a la nada. De Goya a Severo Ochoa, los Alberti o Gómez Arcos.
Vímola hai unhas semanas e pareceume moi boa. O peor non é só cando algo terrible chega, senón como vai entrando pouco a pouco nas casas, nas relacións familiares, nos afectos e nas lealdades, ata que un día te decatas de que xa nada é como antes. E iso pasa máis veces das que nos gustaría...
Cuando el fascismo llega al poder no hay vuelta atrás. Incómoda, inquietante, absolutamente brutal. Tanto que la propia productora se cagó y la escondió, no gastó nada del dinero presupuestado para marketing. Anniversary.
El PP insiste hoy en Las políticas del sufrimiento y el sacrificio. Hoy con las pensiones. Se ve que el sistema de pensiones "va a petar". De nuevo una estrategia para disciplinar a quien lleva dos legislaturas viendo como las pensiones suben conforme al IPC para pasar a ligarlas a la productividad.
Los tres pasos que la "estrategia de odio machista" aplica en la violencia contra las mujeres y de forma general contra quien cuestiona su modelo de poder y privilegios. Lo estamos viendo estos días de forma muy gráfica: "deshumanización, culpabilización e instrumentalización"
Co do cancro de pulmón do Papa (non sei se fuma ou fumou, nin me interesa) O que sei é que non terá enfermeiras dicíndolle que foi un egoísta ou que tivo mala cabeza. Eu xa escoitei esas palabras dirixidas a alguén nunha cama de hospital. Como se, ademais de enfermar, houbese que pedir perdón.
Hai días nos que explicar como te organizas che fai tomar conciencia de todo o que sostés. O control que me salva é tamén o que ás veces me afoga. E non sei moi ben como se aprende a soltar sen sentir que todo se desordena.
Cos abortos espontáneos non hai opción de ir a UK coma nos 70. Cara isto imos, poder morrer porque uns pseudofuncionarios non queren facer o seu traballo
El aborto que se negaron a hacer en un hospital público: “Sangraba, pero me dijeron que me fuera a casa porque el feto tenía latido”
Hai quen presume de ser hiperprodutivO e esixe que ti fagas hora e media de estrada ANTES de comezar a túa xornada laboral para unha reunión presencial, pero logo non é quen de conectarse a un Teams antes das 10 da mañá... A produtividade de boquilla sempre é máis doada co tempo das demais...
Iria en Mortal Glitch: ¡Imbecil!
ALT: Iria en Mortal Glitch: ¡Imbecil!
static.klipy.com
E na comunicación oral, tres cuartos do mesmo. Cansa bastante ter que asumir que falar galego é un esforzo extraordinario para xente que traballa nunha Administración pública galega... Para o castelán, curiosamente, nunca hai que facer esa concesión.
Unha cousa que me toca especialmente a cona (e máis especialmente aínda dende as administraciós públicas) é que podes escribir ghalegho coma o carallo en canto documento e cousa cara o público exista que como "ben se entende" tampouco pasa nada por deixalo así. E iso nunca pasa co castelán.
"Hay que resistir". Eso está muy bien cuando no estás en primera linea ante el fuego enemigo, pero la gente precaria, los alquilados, la peña LGTBI, las mujeres vulnerables, los migrantes, los racializados, etc, ninguno de ellos tiene el coño ya para más mandangas, amigas, con el debido respeto.