O Colexio de Xornalistas disponibiliza a análise dos resultados da súa enquisa sobre #informaciónmunicipal, levada a cabo en 2025 e que recolle as valoracións de 56 profesionais da información das sete cidades galegas. xornalistas.gal/novas-evento...
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
@xornalistas.bsky.social
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) é unha entidade de dereito público, creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia, que agrupa e pon en contacto os e ás xornalistas de Galicia e defende os dereitos da profesión.
🏃♀️Aínda hai prazas para o obradoiro gratuíto sobre tratamento das #violenciasdexénero que imparte Susana Pedreira este sábado ás 10:00 no Edificio Cersia de Santiago, grazas ao convenio asinado polo Colexio coa Consellería de Politica Social e Igualdade. Apura e inscríbete: forms.gle/ALGUB9FfyQVH...
Inscrición nos obradoiros sobre tratamento das violencias machistas
O Colexio de Xornalistas organiza na Coruña, Vigo e Santiago tres obradoiros gratuítos sobre tratamento informativo das violencias contra as mulleres, abertos a toda a profesión, dentro do proxecto qu...
forms.gle
O vindeiro mércores, 30 de setembro, é o último día para enviar propostas á XI #BolsaNachoMirás, organizada polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Cunha dotación de 6.000 euros, está aberta a toda a profesión. xornalistas.gal/novas-evento...
O sábado 3 de outubro, ás 10:00, @margatojo.bsky.social impartirá en A Morada de Vigo un novo #obradoiro sobre tratamento informativo das #violenciascontraasmulleres, grazas ao convenio asinado polo Colexio de Xornalistas coa Consellería de Politica Social e Igualdade xornalistas.gal/novas-evento...
O Colexio de Xornalistas organiza ás 19:30 deste venres 25 na Escola Habaneira de Guitiriz unha nova entrega dos #obradoiros contra a #desinformación organizados coa subvención da Deputación de Lugo, impartida por Elena Martín Lores. xornalistas.gal/novas-evento...
Carmen Abuín impartiu onte un #obradoiro contra a #desinformación no Concello de Burela, dentro do programa desenvolvido polo Colexio de Xornalistas coa subvención da Deputación de Lugo. Esta formación achega á poboación adulta coñecementos contra as mentiras e ferramentas para combatelas.
O sábado 26 ás 10:00 o CPXG organiza no Edificio Cersia de Santiago un obradoiro gratuito e aberto sobre tratamento das #violenciascontraasmulleres, impartido por @SuPedre, grazas ao convenio asinado coa Consellería de Politica Social e Igualdade. xornalistas.gal/novas-evento...
Amplíase até o 30 de setembro o prazo para enviar propostas á XI #BolsaNachoMirás, organizada e desenvolvida polo CPXG e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social . A bolsa ten unha dotación de 6.000 €, e está aberta a toda a profesión. www.xornalistas.gal/novas-evento...
O Colexio de Xornalistas apoia as mobilizacións do persoal de @rtvenoticias.rtve.es na defensa da independencia, os centros territoriais e a non externalización. Tamén recoñece o labor dos Consellos de Informativos e rexeita a apertura de 7 expedientes disciplinarios. xornalistas.gal/novas-evento...
Os #obradoiros contra a #desinformación desenvolvidos polo CPXG coa subvención da Deputación de Lugo seguen a súa andaina pola Mariña. O xoves 10 realizouse un en Viveiro e o próximo 17 ás 19:00 terá lugar outro no Concello de Burela, ambos impartidos por Carmen Abuín xornalistas.gal/novas-evento...
⚠️Só quedan 5 días para presentarse á #BolsaNachoMirás, organizada polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Se tes unha idea de proxecto xornalístico, corre a presentala🏃! Está aberta a toda a profesión! www.xornalistas.gal/novas-evento...
Este martes 15, último día para presentarse á XI Bolsa Nacho...
A XI Bolsa ‘Nacho Mirás’ para proxectos xornalísticos, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada...
xornalistas.gal
En defensa da profesión xornalística e do dereito á información As organizacións asinantes deste comunicado advertimos con toda rotundidade: non imos normalizar as agresións, as ameazas, o acoso nin o sinalamento de xornalistas mentres exercen o seu traballo. xornalistas.gal/novas-evento...
🔴 A XI #BolsaNachoMirás para proxectos xornalísticos, organizada e desenvolvida polo CPXG e patrocinada por ABANCA, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social, entra na súa última semana. O martes 15 remata o prazo para presentarse. Apura! xornalistas.gal/novas-evento...
Este martes 15, último día para presentarse á XI Bolsa Nacho...
A XI Bolsa ‘Nacho Mirás’ para proxectos xornalísticos, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada...
xornalistas.gal
O Colexio de Xornalistas condena as agresións a xornalistas nas concentracións por Ceuta de Santiago e Lugo e chama a toda a cidadanía a frear o odio e a violencia crecentes contra a profesión, fomentados por intereses espurios e antidemocráticos. xornalistas.gal/novas-evento...
O CPXG organiza o xoves 10 ás 20:00 no Salón Multiusos do Concello de Viveiro un novo #obradoiro de #alfabetizaciónmediática dirixido á poboación adulta. Encadrado no programa organizado coa subvención da Deputación de Lugo, estará impartido por Carmen Abuín. xornalistas.gal/novas-evento...
O CPXG organiza #obradoiros sobre tratamento da #violenciadexénero, gratuítos e abertos a toda profesión, en #Santiago (26 de setembro), #Vigo (3 de outubro) e #ACoruña (17 de outubro), grazas ao convenio asinado coa Consellería de Politica Social e Igualdade. xornalistas.gal/novas-evento...
🚨🚨🚨O vindeiro 15 de setembro remata o prazo para presentarse á #BolsaNachoMirás, organizada polo CPXG e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Aberta a toda a profesión, está destinada a financiar novos proxectos xornalísticos. Preséntate! xornalistas.gal/novas-evento...
O 15 de setembro remata o prazo para presentarse á XI Bolsa Nacho...
A Bolsa ‘Nacho Mirás’ para proxectos xornalísticos, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por...
xornalistas.gal
O CPXG lembra que o #xornalismodeportivo enfronta cada vez máis trabas. Os principios da profesión non deben ser descoidados en ningunha especialidade. Protexer o dereito a informar e ser informados sobre o deporte significa tamén reivindicar o xornalismo. xornalistas.gal/novas-evento...
Gústache #Trescentostrece? Pois é posíbel grazas á #BolsaNachoMirás, organizada polo CPXG e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Se tes unha idea de proxecto xornalístico, podes presentala, sen límite de idade, até o 15 de setembro! xornalistas.gal/novas-evento...
Por #descansovacacional, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia permanecerá pechado entre o10 e o 21 de agosto, ambos os dous incluídos. O luns 24 reanudarase a actividade co horario de verán: das 8 ás 15 horas. xornalistas.gal/novas-evento...
🚨Lembra que o 15 de setembro remata o prazo da XI #BolsaNachoMirás, organizada e desenvolvida polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social . Este ano está aberta a toda a profesión. Envía o teu proxecto xornalístico! xornalistas.gal/novas-evento...
A Rede de Colexios de Xornalistas expresa o seu rexeitamento porque os requisitos de 95 prazas de emprego no @territorialgob.bsky.social e 2 na @efe.com equiparen os mestrados en xornalismo á titulación específica, e solicita que as ofertas sexan modificadas. xornalistas.gal/novas-evento...
A #RevistaPincha súmase a #NRede, o rexistro de medios do Colexio de Xornalistas que distingue a información dixital froito dun traballo xornalístico profesional. Con esta incorporación, son xa 21 as cabeceiras con este selo. Poden consultarse en xornalistas.gal/colexio/rexi....
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de abrir de maneira gratuita para colexiados/as os tres últimos #webinars que se mantiñan como privados na súa plataforma de #formación, sobre #discursodoodio, #cambioclimático e #Excel para xornalistas. www.xornalistas.gal/novas-evento...
O Colexio de Xornalistas e @danocerebralgal.bsky.social realizaron onte un #AlmorzoOnOff para achegar a realidade do #danocerebraladquirido, coñecer o testemuño dunha persoa con esta discapacidade e facilitar pautas para mellorar a información sobre esta temática. xornalistas.gal/novas-evento...
Mañá mércores ás 10:30, o CPXG e @danocerebralgal.bsky.social organizan un #AlmorzoOnOff na sede do Colexio para achegar as e os xornalistas algunhas claves para identificar e contextualizar o #danocerebraladquirido, coa presenza dun testemuño en primeira persoa. xornalistas.gal/novas-evento...
🔴O vindeiro 15 de setembro remata o prazo da XI #BolsaNachoMirás , organizada e desenvolvida polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Se tes unha idea para un proxecto de comunicación, preséntate! xornalistas.gal/novas-evento...
A xornalista @plosada.bsky.social impartiu onte en Quiroga un novo #obradoiro contra a #desinformación organizado polo Colexio de Xornalistas coa subvención da Deputación de Lugo. O público achegouse a ferramentas e estratexias para loitar contra as noticias falsas. xornalistas.gal/novas-evento...
O CPXG e @danocerebralgal.bsky.social organizan un #AlmorzoOnOff o mércores 22 de xullo ás 10:30 na sede do Colexio para achegar as e os xornalistas ás especificidades do #danocerebraladquirido e dar a coñecer a súa dimensión social e os recursos disponíbeis. xornalistas.gal/novas-evento...
O CPXG celebra a liberación sen cargos de Ali Lmrabet, mais a continuidade da investigación é unha nova moi preocupante para o xornalismo en Marrocos. Os organismos estatais e internacionais deben seguir con atención o caso e esixir que se garantan as liberdades de información e prensa.