ALAS A Coruña

@alasacoruna.bsky.social

🏳️‍🌈 Dende 2010 defendendo os dereitos da comunidade LGTBI+ 🚨 Coordinadora do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia ⚖️ Acusación popular #XustizaParaSamuel

💥Dixémolo moitas veces: non somos unha fase, nin unha dúbida, nin unha etapa. A nosa orientación non depende das nosas parellas nin cambia segundo quen teñamos ao noso carón. Somos bi+. A bifobia existe. Por iso, no Día Internacional da #Bisexualidade, dicimos BASTA.

Bild

🎓🏳️‍🌈 Onte estivemos na Xornada de Benvida ao novo alumnado da @udc.gal #OlaUDC Foi unha mañá estupenda para achegar a diversidade LGTBI+ á universidade. Grazas a todas as persoas que vos achegastes ao noso posto e á universidade por contar un ano máis con nós! 🫶

BildBildBild

🌈 O Maripicnic volveu ser un éxito! 🧺✨ Que ben o pasamos! 💚 Un día de sol, risas, música, picnic e, sobre todo, moitísima xente con ganas de compartir e celebrar xuntxs. ☀️ Grazas a todas as persoas que vos achegastes, participastes e fixestes deste Maripicnic un día tan especial. 🫂💖

✨ Xa están dispoñibles as nosas participacións da Lotería de Nadal! Un pequeno xesto que pode traer unha gran ilusión… 🍀 E, sobre todo, unha forma de colaborar con ALAS A Coruña e apoiar o noso traballo durante todo o ano. 💚 🎟️ Fai coa túa participación e axúdanos a seguir!

Bild

🌈 En setembro volvemos a xuntarnos! Poñemos en marcha novos Grupos de Iguais, espazos seguros para compartir experiencias, coñecernos, apoiarnos e sentirnos acompañadas. 💚 Porque compartir, escoitar e atoparnos con outras persoas que viven realidades semellantes tamén é unha forma de coidarnos. 🫂

Bild

Condenamos o ataque durante o orgullo de Berlín. Todo o noso apoio ás vítimas e ás súas familias. 🏳️‍🌈 O Orgullo é símbolo dos valores de libedade e respecto en Europa. Fronte ao odio e a violencia, responderemos máis firmes e visibles que nunca. Nin un paso atrás✊🏽

👯‍♂Antonte a boa xente da International Leather & Boots Spain organizou unha boa festa no marco do seu VI Celtic Meeting. 🙋Ademais de dar a coñecer o noso labor en prol dos dereitos 🌈 celebraron un sorteo a beneficio da nosa entidade. 👢Graciñas polo voso agarimo e unha aperta en coiro e botas.

Bild

✊🏾En el Día de la Visibilidad No Binaria no queremos hablar solo de quiénes somos. ❌Queremos hablar de los derechos que todavía se nos niegan. ➡️Porque vivir en una sociedad cuyas leyes no reconocen tu existencia, es violencia.

BildBildBildBild

💙 Un ano máis colaboramos coa asociación International Leather & Boots SPAIN-Seville Meeting. 👢Esta fin de semana A Coruña encherase de coiro e reivindicación no VI Celtic Meeting. Participa nas súas actividades e colabora cos nosos proxectos mercando unha rifa na festa deste sábado no Claro Boba

BildBild

20 anos despois dos asasinatos de Isaac Pérez e Julio Anderson en Vigo, a memoria segue a ser imprescindible para combater a LGTBIfobia. No artigo, o noso socio, Óscar Beceiro, lembra por que non podemos esquecer. bit.ly/44nbVib

Dos décadas de los asesinatos en Vigo que indignaron al mundo tras la absolución por "pánico gay"

20 años del crimen de la calle Oporto que desgarró Vigo tras la absolución del autor por "un miedo insuperable a que lo violaran"

bit.ly

❌No vamos a permitir que se normalice el odio. Hemos exigido a EL MUNDO la retirada de un artículo que vinculaba el Orgullo con la pederastia y lo hemos puesto en conocimiento de la FAPE. Basta ya de bulos y de discursos de odio. 📄 Consulta la carta íntegra.

BildBildBild

🌈Queremos el Orgullo en las calles e igualdad en nuestras vidas.  ✊🏾Y cada avance empieza con gente organizada. Y los derechos se conquistan, se defienden y se viven. 💥No vamos a parar aquí. Vamos a seguir avanzando.  🫂El 4 de julio, ¡a las calles con Orgullo! Disidencia y resistencia.

🕯️5 anos sen Samuel Luiz 🎷Compartiremos un espazo de memoria coa música de Sophie Simons, un minuto de silencio e unha ofrenda floral homenaxeando a todas as vítimas da LGTBIfobia. 🌈 Temos a obriga de lembrar para seguir construindo unha sociedade máis xusta, igualitaria e diversa.

Cartel da V homenaxe a Samuel Luiz da asociación ALAS A Coruña

🧵 (1/4) Grazas, A Coruña! 🏳️‍🌈 Por encher as rúas de Orgullo, por alzar a voz e por demostrar, un ano máis, que a diversidade é a nosa forza. Grazas ás miles de persoas, ao voluntariado e ás entidades que nos acompañastes.

BildBildBild

📢 Denunciamos a nova orde da Consellería de Educación sobre a denominada "neutralidade ideolóxica" 🏫A educación en valores e dereitos humanos está ameazada 🌈Compre seguir traballando na prevención do acoso e do odio nos espazos educativos #DereitoASaber alasacoruna.org/gl/2026/06/2...

A nova orde de “neutralidade ideolóxica” da Xunta limita a educación en diversidade e dereitos humanos - ALAS A Coruña

Nota de prensa sobre a orde de Neutralidade Ideolóxica da Xunta de Galicia, que limita a educación en diversidade e dereitos humanos.

alasacoruna.org