Abeiro

@abeiro.bsky.social

Asociación protección animal galega. Estamos en Compostela e Teo. CER e adopcións❤️🐈‍⬛❤️🐈

Lino é outro dos residentes en colonia castrado grazas á colaboración do Concello de Brión. Outro gato esterilizado que implicará menos nacementos na rúa. O CER salva moitas vidas ❤️🤣

Bild

Percy é outro dos pequenos recentemente adoptados, grazas ás adopcións podemos seguir rescatando gatiños que precisan axuda. A adopción salva moitas vidas💕💕

Bild

Antes de coñecer o mundo, Dominó xa tivo que loitar por sobrevivir. Foi rescatado xunto aos seus irmáns cando apenas tiñan uns días de vida e, grazas aos coidados, conseguiu saír adiante. Hoxe é un pequeno san e preparado para dar o seguinte paso: atopar unha familia que o queira para sempre.

Bild

Recoñeces este gato? Leva varias semanas aparecendo polas hortas da Calzada de San Pedro, en Santiago de Compostela. É branco e negro e semella estar perdido ou desorientado. Se sabes quen pode ser, por favor, ponte en contacto connosco para poder axudar a que volva á casa.

BildBild

Impotencia. É o que sentimos cada día ante os centos de animais que vemos na rúa ou para os que nos piden axuda, vendo que non temos capacidade para seguir recollendo. Somos unha asociación moi modesta, no que vai de ano, levamos máis de 300 esterilizacións e máis de 200 rescates

Luaña súmase ao listado das afortunadas abeirenses que xa ten fogar. Seguimos a recoller peques da rúa coa esperanza de que atopen familia para así poder seguir rescatando. Adopta e salva vidas💕

Bild

Esta pequena é Reixa. Foi recollida da rúa xunto á súa nai e á súa irmá Meiga, que xa foi adoptada. Diagnosticáronlle megaesófago, o esófago non consegue levar o alimento ata o estómago con normalidade, polo que pode regurxitar e necesita unha alimentación coidados específicos.

Nova colonia controlada grazas ao apoio do Concello de Brión ao CER. Toxo e Xesta son dous residentes recentemente esterilizados, que xa están de novo na colonia, coidados para que estén o mellor posíbel. O CER salva vidas 💕

BildBild

Buscamos a Chorima, gata de 5 anos, negra, moi desconfiada e con microchip. Non aparece desde o xoves. Desapareceu pola zona da rúa da Trisca, en Compostela. Se a ves ou tes calquera información, por favor, ponte en contacto connosco.

BildBild

Meiga, outra fermosa filla do Sol, ten xa fogar permanente. Seguimos rescatando moitos peques da rúa polo que non baixa o número da lista de gatiños en adopciôn.

Bild

Kennedy é outro dos peques atigrados en adopciôn. Moi xoguetôn e cariñoso, convive con máis gatos e lévase moi ben con todos. Axudas a difundilo?

Bild

Esta gatiña foi abandonada na rúa coasúas fillas, Meiga, xa adoptada, e Reixa, da que vos falaremos moi pronto. É moi tranquila e cariñosa. Comeza presentar problemas nas orellas, habitual nos gatos brancos que viven na rúa, polo que non debe voltar. Axudas difundindo? .

Bild

Cada adopción é unha alegría inmensa.Pero, case ao mesmo tempo, aparece outro gatiño. E despois outro. E outro máis. Por iso a esterilización é o máis importante, podemos evitar que nazan para sufrir. Porque rescatar salva vidas. Pero esterilizar cambia a historia.

Pipi inaugura unha nova colonia. Este guapo foi esterilizado co apoio do Concello ao CER. Cada gatiño esterilizado é un paso máis para reducir o número de gatos rueiros. Grazas á súa coidadora, Pipi xa está de novo no seu fogar, e alí será coidado para que esté a salvo. O CER salva moitas vidas💕

Bild

Sunday é outra das fermosas pequenas atigradas que buscan familia. É moi boa e lévase xenial con outros gatos. Se queres coñecela escríbenos

Bild

Nova colonia que comezamos a controlar en Teo grazas ao apoio do Concello de Teo ao CER. Esta preciosa gatiña xa non terá máis camadas na rúa grazas á castraciôn, e verá como a súa vida e saúde melloran

Bild

Estela atopou fogar, unha das pequenas fillas do sol que tiñamos buscando familia xa ten seu lugar no mundo. Seguimos buscando fogares para ducias de abeirenses, agardando que sexan tan afortunados coma ela.

Bild

ACOLLIDA TEMPORAL URXENTE Pepita é unha preciosa gatiña que foi abandonada perto de Ourense. Unha familia inglesa atopouna durante as súas vacacións e decidiu axudala. É unha pequena moi sociábel, doce e confiada. Hoxe mesmo levarana ao veterinario para poñerlle o microchip e a vacina da raiba.

Bild

Tokyo é esta preciosa pequena atigrada de pelo semilongo que busca familia. É unha gatiña moi doce, boa e cariñosa. Axudas a difundila?

Bild

Ron é outro dos gatiños de colonia castrados grazas ao apoio do Concello de Brión ao noso CER. É un gatiño moi bô e cariñoso, se alguén o pode acoller sairía da rúa para sempre.

Bild

Pitusa é esta preciosa gatiña, rescatada da rúa xunto aos seus irmáns por unha persoa que non dubidou en axudalos e darlles unha oportunidade. Aínda ten medo polo que precisa unha familia paciente que respecte os seus tempos Axúdasnos a difundila para que tamén atope a familia que tanto merece? ❤️🐾

Bild

Hai tempo que non vos falabamos de Garabato. Cando chegou, o seu estado era moi preocupante. Estaba tan mal que chegamos a temer pola súa vida.Tiña unha infección moi avanzada na boca, que lle provocaba moita dor. Houbo que operalo e retirarlle todos os dentes E entón chegou a mellor das noticias.

Estamos moi contentas porque o Concello de Santiago retomou o programa CER. Grazas a iso poderemos seguir esterilizando gatos e controlando as colonias felinas pendentes, a única forma ética e eficaz de reducir a súa poboación e mellorar o seu benestar. Negri foi recentemente esterilizado

Bild