Abeluria Cooperativa

@abeluriacoop.bsky.social

Acompañando e visualizando á economía social. #Cooperativa #EconomíaSocial #Galicia Comunicación / Igualdade

O cooperativismo galego está de noraboa! Hoxe en La Voz de Galicia falan do bo momento que vive o sector e tamén da experiencia de Abeluria, da nosa forma de traballar e da nosa aposta por poñer as persoas no centro. Grazas por contribuír a dar visibilidade a outra forma de facer empresa.

Bild

2025 non foi un ano aburrido. Foi intenso, movido, cheo de aprendizaxes, encontros, proxectos e tamén deses pequenos fitos que non sempre saen nas memorias anuais pero que fan cooperativa. Un ano para afianzar o que somos e para seguir medrando sen perder o norte. i.gal/ASAKE

Bild

Arrancou a Escola de Novas Cooperativistas! 💚 Acompañamos esta iniciativa pensada para que a mocidade da Comarca de Ordes poida mirar o seu territorio 💡: entender o que pasa ao seu redor, detectar necesidades reais e imaxinar solucións creativas desde o cooperativismo

Bild

✨ Ao chegar estas datas tan sinaladas, queremos compartir convosco os nosos mellores desexos de paz, benestar e felicidade 🤍🌟. O Nadal convídanos a facer balance, a agradecer o camiño percorrido e a mirar cara adiante con esperanza. 🎄 Bo Nadal e feliz Aninovo! 🎆

Bild

Diversos proxectos da economía social veñen de recibir recoñecementos: No marco dos Premios do Comercio Galego 2025, Creativas Galegas foi galardoado co Premio Comercio Galego. A XXVI edición dos Premios Manuel Beiras destacou o compromiso co idioma galego da cooperativa Aqueladas.

🗞️ O dinamismo do cooperativismo cultural de EspazoCoop na PRENSA | Arraiga particularmente en Galicia da man de organizacións como EspazoCoop, que este mes organiza Somos Cultura, Somos Coop. Cooperativas culturales, una alternativa de autoempleo en la economía social www.eldiario.es/1_c2d0e2?utm...

Cooperativas culturales, una alternativa de autoempleo en la economía social

El modelo arraiga particularmente en Galicia de la mano de organizaciones como EspazoCoop, que en noviembre organiza las jornadas ‘Somos Cultura, Somos Coop’

eldiario.es

📣 Non perdas esta entrevista a Ana Olveira presidenta de @espazocoop.bsky.social e cooperativista en Abeluria onde explica por que calquera proxecto pode medrar en cooperativa. Fálase de 2.000 cooperativas en Galiza, do salto ao sector servizos, de emprego máis estable e paritario #Cooperativismo

Nós Diario@nosdiario.bsky.social · 12mo ago

ENTREVISTA | 🗣️ Ana Olveira, presidenta de Espazo Coop: "Calquera proxecto pode desenvolverse baixo as fórmulas do cooperativismo"