Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

@acalexandreboveda.bsky.social

Somos unha asociación cultural fundada na Coruña no ano 1976. Temos como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas. Divulgamos tamén a figura e o pensamento do ilustre nacionalista que dá nome á nosa entidade.

🗣️ PENSANDO O FUTURO A España doente e os lombos que a padecen Que hai detrás das contradicións históricas do Estado español? Por que persiste o conflito entre distintas concepcións da organización política dos pobos ibéricos? E de que maneira seguen condicionando o presente? Con David Rodríguez.

Bild

Este venres realizaremos un paseo cultural polo Parque de Santa Margarida: da maceira de Newton á figueira de Rosalía, das máis notábeis científicas no Paseo da Ciencia á Sociedade de Amigos do Campo. Guía o roteiro Martin Pawley. É necesario inscribirse 👉: acalexandreboveda.gal/event/paseo-...

Paseo cultural polo Parque de Santa Margarida

Paseo cultural polo Parque de Santa Margarida guiado por Martin Pawley: descubrindo a ciencia, a historia e o patrimonio botánico e humano da Coruña.

acalexandreboveda.gal

Luns 5 ás 20h, acollemos a proxección do documental Las tres muertes de Teófilo del Valle, co guionista e director, Manuel de Juan Navarro Reconstrúe os sucesos acaecidos en 1976 en Elda nos cales o mozo nado en Silleda Teófilo del Valle foi baleado pola Policía acalexandreboveda.gal/event/las-tr...

Presentación do documental «Las tres muertes de Teófilo del Valle»

Presentación do documental de Manuel de Juan Navarro sobre o asasinato de Teófilo del Valle en 1976. Unha ollada crítica á Transición, a represión policial e a loita pola memoria histórica.

acalexandreboveda.gal

Venres 25 ás 19.30 h volve o #CineclubBóveda co filme “Kuhle Wampe” (Slatan Dudow, 1932). Unha cinta censurada e no réxime nazi prohibida, desaparecendo de circulación durante varias décadas. Hoxe redescubrímolo como a radical obra mestra que sempre foi. acalexandreboveda.gal/event/cinecl...

Cineclub Bóveda: «Kuhle Wampe»

Proxección de Kuhle Wampe (1932) de Slatan Dudow dentro do ciclo sobre a influencia de Bertold Brecht no cinema. Unha obra mestra radical e censurada.

acalexandreboveda.gal

O martes 22 ás 18 horas no Kiosko Alfonso realizaremos unha visita guiada polas exposicións de Viñetas desde o Atlántico centradas na memoria histórica e na loita feminista europea. Realiza a visita Manel Cráneo, debuxante e director do festival. acalexandreboveda.gal/event/vineta...

Visita guiada á exposición «Viñetas con memoria social»

Visita guiada ás exposicións de Viñetas desde o Atlántico no Kiosko Alfonso. Percorrido sobre memoria histórica e loita feminista guiado por Manel Cráneo.

acalexandreboveda.gal

Na segunda-feira, 21 de setembro, Antom Garcia Rodrigues vai apresentar o seu livro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na coleção 'Vento do Sul', na @acalexandreboveda.bsky.social da Corunha, às 20h. Aqui está a ligação para o evento, onde também podem inscrever-se

Presentación de «Espazos afetivos da Galiza na Lisboa actual»

Presentación do libro "Espazos afetivos da Galiza na Lisboa actual" de Antom Garcia Rodrigues. Unha análise sobre a histórica pegada galega na capital portuguesa.

acalexandreboveda.gal

Este xoves falarannos da arquitectura da mikve sefardí da Coruña: unha aproximación desde a arqueoloxía virtual, Luís Antonio Hernández Ibáñez, investigador do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil), e Marco Antonio Rivas Nodar, arqueólogo municipal da Coruña.

Bild