ADEGA

@adegagz.bsky.social

ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA - Galician Environmental NGO - Declarada de Utilidade Pública

‼️Así é como Greenalia se desfixo de 5 parques eólicos hoxe paralizados pola Xustiza E a pesar desta decisión xudicial, a compradora, Engie, solicita agora a utilidade pública dun deles, Xesteirón, para poder ocupar terras ou expropialas, nunha posible manobra de intimidación. 👉Info: i.gal/ou0Jn

🥳🥳Conseguimos o 1º reto de recadación solidario da campaña "Río Rato sen cemento"! 💚Grazas a todas as persoas que se mobilizaron para protexer as nacentes do Rato e defender un modelo de cidade que poña o patrimonio natural por riba da especulación urbanística. Seguimos! adega.gal/rioratosence...

💧🌱Visita ás Brañas de Cabeiro, en Redondela! 👀Ven coñecer a flora endémica deste hábitat prioritario e propostas para a súa conservación da man do biólogo e botánico Martiño Fiz. 🗓️ Domingo, 2 de agosto. 📍 Aparcamento campo fútbol Cabeiro. 🕐 11:00-13:00h ✍🏼Inscríbete en i.gal/visitacabeiro

Bild

🔥Galiza afronta esta ominosa tempada de lumes precedida de temperaturas extremas. E mentres, a Xunta abanea entre a inacción covarde e a promoción suicida do eucalipto. 📣‼️Este desleixo xera impunidade e crea paisaxes tremendamente combustibles á beira das casas. Vai fío visual👇🏼 #LumesNuncaMáis

💧Este verán, aprende e goza á fresca canda ao Proxecto Ríos de ADEGA. Propoñémosche un plan diferente: solicítanos de balde unha saída e coñece o teu río ou zona de baño habitual dunha maneira diferente, lúdica e participativa! Aquí toda a info 👉🏼 adega.gal/axenda.php?i... Vémonos no río!

BildBildBildBild

🌊🐟♻️O pasádo sábado estivemos na praia recollendo tarugos (paus de batea) e outro lixo mariño dentro do programa "Eu quero Razo-Baldaio", organizado polo Concello de Carballo. Esta é só unha pequena mostra dos residuos que fomos atopando polo camiño. Na última foto agárdate unha sorpresa🦋🙂

ALTRI NON SERÁ É imposible recoller catro anos de loita nun vídeo dun só minuto, pero queremos que este minuto sirva para celebrar e para reivindicar o traballo intenso de tantas e tantas persoas en favor da vida🌱 Parabéns ás xentes da Ulloa e de Galiza enteira polo arquivo definitivo de Altri✊🏼

🥳VITORIA! Temos boas novas para os Ancares lucenses: o TSXG acepta todos os argumentos presentados por ADEGA e paraliza cautelarmente o proxecto eólico Pena do Pico!✊🏔 Por unha transición enerxética verdadeiramente sustentable, xusta coas persoas e co noso medio🌱🙌🏼 Aquí, as claves da sentenza👇

💧🚧A cidade de Lugo atópase diante dunha decisión que marcará o seu futuro: apostar por máis formigón ou preservar un espazo natural estratéxico que permitiría completar un gran cinto verde en torno á cidade. ‼️De que lado estás?

🐷A macrogranxa porcina proxectada en Palas de Rei incumpre a normativa ambiental 👉🏼📣A documentación sometida a información pública presenta graves deficiencias, o que impide unha avaliación rigorosa dos impactos e vulnera os dereitos de participación cidadá. Info: adega.gal/novas.php?id...

Bild

En emerxencia permanente polos lumes forestais🔥 📣Onte, como parte da "Plataforma por un monte galego con futuro", presentamos publicamente un manifesto no que reclamamos un cambio urxente e profundo nas políticas públicas de prevención e loita contra os incendios forestais. 🧾Le máis en adega.gal.

🌿💧 Descubre as nacentes do río Rato en Lugo! Sabías que en Lugo existe un espazo de gran valor ecolóxico que podería quedar baixo o cemento pola ampliación do polígono industrial? Ven coñecelo. 📅 Xoves, 16 xullo 🕗 20:00 h 📍 Polígono Ceao (detrás do Mercadona) 📩 adegalugo@adega.gal | 982 240 299

Bild

LUMES NUNCA MÁIS! 📣🔥Hoxe, os 70 colectivos que conformamos a Plataforma por un monte galego vivo e con futuro presentamos un manifesto no que reclamamos un cambio urxente e radical das políticas públicas do rural e de loita contra os incendios forestais. Óllao aquí: adega.gal/novas.php?id...

💚💧🐦Ven descubrir os valores naturais e as ameazas que sofre a ría do Burgo. 🌱Da man da mariscadora e poeta Teresa Ramiro e o biólogo mariño e membro de ADEGA Xandro García. 📅 Xoves, 16 de xullo ⏰ 11:30 h 📍 Santa Cristina 📲 Reserva a túa praza: i.gal/roteiro-burg... Agardámoste!

Bild

🖤🔥Os espazos protexidos ante a nova tempada de lumes: inermes e orfos de restauración O pasado ano, os incendios cebáronse cos espazos naturais protexidos. Que podemos adardar na actual tempada? Vai fío!👇 #LumesNuncaMáis

Bild

⛔Un proxecto urbanístico para ampliar o polígono industrial de Lugo selaría con formigón as nacentes do río Rato⛔ 🌱O que quede baixo o cemento non volverá recuperarse: bosques de ribeira, carballeiras, fontes e regatos... 📣🙌🏼Estamos a tempo de paralo. Infórmate e DOA: adega.gal/rioratosencemento