Aira das letras
@airadasletras.bsky.social
Libraría especializada en libro infantil e ilustrado, novela gráfica e banda deseñada, literatura en galego, portugués e castelán e xoguete didáctico.
'O miradoiro' de Isa Fernández (Aira) A e B soben os douscentos corenta e oito chanzos que levan ao miradoiro, ese lugar no que atopan a perspectiva idónea para reflexionar sobre as súas vidas, sobre a súa relación, sobre os seus medos e esperanzas.
'Goma de borra' de Valeria G. Caneda (Xerais) Unha novela intensa e conmovedora que aborda as consecuencias da violencia sexual desde unha escrita íntima e fragmentaria. Un relato valente sobre a memoria, o silencio e a necesidade de nomear as feridas para poder reconstruírse.
'Yesteryear' de Caro Claire Burke (AdN) Que pasaría se a vida ideal das redes sociais se convertese, de súpeto, nunha realidade do século XIX? Unha novela intelixente, adictiva e chea de ironía que cuestiona os estereotipos arredor da feminidade e o éxito.
'A língua estranxeira' de Brais Lamela (Galaxia) Unha novela ambiciosa e polifónica que entrelaza pasado e presente para reflexionar sobre a memoria, o colonialismo e o poder da linguaxe. Unha lectura esixente e fascinante para quen goza das historias que deixan pegada.
🎁 Parabéns para @adoslibros Gañaches un exemplar asinado de 'O clan das barbies' 🥰😍❤️ Escríbenos por privado cos teus datos e ven recollelo cando poidas.
'Siete casas vacías' de Samanta Schweblin (Páginas de Espuma) Sete relatos que converten o cotián en algo inquietante. Cunha prosa precisa e unha tensión constante, Samanta Schweblin lévanos até ese lugar onde o familiar se converte en estraño.
'O mapa da túa sexualidade' de Laura Veiga e María Montes (Xerais) Unha guía próxima, clara e respectuosa para descubrir a sexualidade sen medos nin prexuízos. Un libro pensado para acompañar a mocidade nunha etapa chea de preguntas, cambios e descubrimentos.
Koldo Concejo, un dos convidados ao FLAZ 2026, fai un reconto e reflexiona sobre o que foi esta VI edición do Festival Literario de Allariz... Grazas @koldo_cf Continúa a lectura aquí 👇 💜 https://f.mtr.cool/ezzrorrdgg
'As malas ideas' de María Solar (Xerais) Humor, intriga e personaxes inesquecibles danse a man nesta novela onde o caos acaba por poñelo todo patas arriba. Unha historia tan divertida como emotiva sobre as segundas oportunidades e o difícil que é empezar de novo.
'Una casa sola' de Selva Almada (Random House) E se fose unha casa quen contase a súa propia historia? Selva Almada constrúe unha novela poética e hipnótica sobre o paso do tempo, a memoria e a forza coa que a natureza reclama o seu lugar.
'El viaje' de Paco Roca (Astiberri) Paco Roca volve emocionar cunha novela gráfica sobre o amor, a perda e a memoria compartida. Un relato íntimo e delicado que nos lembra que ás veces a mellor forma de seguir adiante é revisitar o camiño percorrido.
'Dominga habla sola', de Elisabeth Justicia (Aguilar) Co seu humor afiado e unha tenrura infinita, Dominga ponlle voz a todo aquilo que tantas veces queda silenciado. Unha lectura divertida, crítica e necesaria sobre a vellez, a amizade e a vida sen filtros.
Solito de Javier Zamora (Random House) Con só nove anos, Javier Zamora emprendeu unha viaxe de máis de cinco mil quilómetros ata os Estados Unidos para reencontrarse cos seus pais.
🎉 Xa temos gañadoras do concurso de xuño! Grazas a todas por participardes... entre todas as persoas que concursastes, as gañadoras son 🥁🥁🥁 🏆 @omellorlugar 🏆 @carmennomemiresqtpego Moitos parabéns! 👏👏👏 Os libros están agardando por vós na @AiraDasLetras Vémonos no próximo sorteo 👀✨
Mirade quen veu visitarnos pola @airadasletras... 📚✨ @juangomezbarcena Se queredes velo de preto e, sobre todo, escoitalo na charla 'O peso da verdade na ficción e viceversa' xunto a @jicarnero1 ide indo á #CasaDaCulturaDeAllariz, que o FLAZ comeza ás 19.30 h.
Comeza o a V Edición do Festival Literario de Allariz… Vémonos nun anaco na Casa da Cultura de #Allariz É hoxe! É hoxe!!!
Estades tan emocionadas coma nós por esta fin de semana do #FLAZ26? Cal das conversas estades máis interesadas en presenciar? Faltan 2 días
🌿 'Libro de las plantas' — Hildegarda de Bingen (Tradución de Maite Jiménez, Editorial Trotta) Moito antes de que a medicina e a espiritualidade se separasen, Hildegarda de Bingen xa observaba o mundo como un todo conectado.