Inms

@amedoenoxo.bsky.social

Podedes seguir chamándome Paki.

Sinto moito o que estades vendo desaparecer co gaio dos lumes. Non quero falar diso porque non hai moito máis que dicir, pero unha apertísima, sempre é triste, a pena pasa e volve e todo volverá medrar e todo volverá arder, hai que ila virando.

As dez da mañá e xa fun ás patacas e xa tou montada nun alsa escoitando unha rapaza de vinte anos dicir que cando se xubilar quere aprender a debuxar ben 👌

Sabedes o de "para xantar sempre hai xente, o carallo é dar sulfato?" Algo se está a facer ben na vida cando a xente está para as dúas cousas*, coa mesma gana e o mesmo bo humor 👌 *sulfato metafórico, que eu non son. Refírome ás regas, a apañar as patacas, as castañas e ás tarefas en xeral

o meu estado dos últimos tempos é que un chisco menos de entusiasmo fugaz e cambiante e un chisco máis de facer cousas, en xeral, contemplar con emoción está debuti pero tamén hai que traballar en senso amplo para que as movidas pasen e pasen como quereriamos que pasasen

Persona normal ve un eclipse: qué guay, qué bonito Blueskyer ve un eclipse: hay que recuperar el entusiasmo, el desencanto y el cinismo son una consecuencia del resurgimiento del fascismo, disfrutar en colectivo de un evento común es un acto inherentemente anticapitalista, me encontrareis siempre en

estabamos nunha carballeira, algúns colegas foron velo a unha subestación eléctrica, outres quedamos na carballeira e a luz marchou, as pitas gardáronse, cans e crianzas tranquis, a luz volveu e puxemos no sound system total eclipse of the heart. Estivo guapísimo. Espero que o voso tamén ben.