Ana Pontón

@anaponton.gal

Nai de Icía 🗣️ Portavoz Nacional do BNG 🩵 Amor e confianza en Galiza. En Telegram ➡️ http://t.me/PontonBng

Coas candidatas do BNG á alcaldía de Cabana, Laxe, Ponteceso e A Laracha. Catro mulleres e toda a ilusión para transformar 𝗕𝗲𝗿𝗴𝗮𝗻𝘁𝗶𝗻̃𝗼𝘀 e mellorar a vida da súa veciñanza.

Miles de galegxs encheron as rúas en defensa de todas as Maricarmen, porque a vida das persoas está por riba dos que especulan coa vivenda. Fronte ao PP dos áticos millonarios, o que boicotea as zonas tensionadas, imos seguir loitando polo dereito a unha vivenda digna.

BildBild

Quero darlle as grazas ás candidaturas da comarca de Muros-Noia para as vindeiras municipais por dicirlle á xente que hai un proxecto, o do BNG, que, fronte á política do medo, tira para adiante e que está con máis ganas que nunca de transformar este País desde os concellos.

Mónica Valencia é a alcaldesa que 𝗕𝗮𝗿𝗯𝗮𝗱𝗮́𝘀 merece para abrir un tempo novo no concello e mellorar a vida da veciñanza. Imos a por todas nas eleccións municipais de 2027!

Hoxe analizamos no Consello Nacional a nosa folla de ruta cara ás eleccións municipais, que encaramos co obxectivo de conseguir máis alcaldías e máis concelleiros e concelleiras e para as que xa temos elixidas as persoas que encabezan as candidaturas en 94 concellos.

BildBildBild

Acompáñame a unha reunión coa Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na que puxemos sobre a mesa algunhas cuestións que nos preocupan especialmente, como a emerxencia lingüística ou os datos do último informe PISA.

Queremos unha AP-9 gratuíta e non imos parar ata conseguilo, a pesar dun PP que vota en contra de eliminar unhas peaxes que afectan a miles de galegos e galegas.

Dous datos que se entenden mellor xuntos: 1️⃣ Galiza rexistra os peores resultados educativos dos últimos 20 anos (informe PISA) 2️⃣ En educación, o goberno do PP gasta 1.095€ por habitante, 𝗮 𝗰𝗶𝗳𝗿𝗮 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗯𝗮𝗶𝘅𝗮 𝗱𝗲 𝘁𝗼𝗱𝗼 𝗼 𝗘𝘀𝘁𝗮𝗱𝗼.

Mentres o goberno do PP mira para outro lado, o BNG propón máis apoio ás familias e máis recursos para o ensino público. E a ti, canto che custou a volta ao cole? 📚

Grazas a Condes de Albarei e á súa presidenta por recibirnos no Pazo Baión e permitirnos coñecer de preto o 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝘃𝗲𝗻𝗱𝗶𝗺𝗮. Desde o BNG, reclamamos á Xunta que garanta a recollida da uva de todos os produtores nun momento de incertezas para o sector.

Cada vez é máis caro vivir en Galiza e, mentres o goberno do PP non dá respostas, nós propoñemos un 𝗽𝗹𝗮𝗻 𝗱𝗲 𝗰𝗵𝗼𝗾𝘂𝗲 𝗱𝗲 𝟰𝟬𝟬 𝗺𝗶𝗹𝗹𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀 para mellorar a vida dos galegos e galegas.