Anxo Araújo

@anxoaraujo.bsky.social

🌊🌼🐠🪸 Fago cancións Contratación: Urdime 🚀 https://www.anxoaraujo.com https://linktr.ee/anxoaraujo

Sempre me abraiou iso tan español de traducir os nomes propios da xente das casas reais, tipo príncipe Guillermo, príncipe Carlos... Entendo que é para vender unha certa cercanía deses réximes e que o pobo siga mercando o relato, pero é algo ben curioso que non pasa, por exemplo, con Eduardo Manet.

Algunhas imaxes do noso paso polo Camping Lago-Mar. ⚡ Un verdadeiro placer atopar tanta xente bonita nun lugar tan fermoso. 💛 Moi ben o pasamos. Moitas grazas a todas! 💫 🚨A volta Xa non foi tan divertida pero non viñemos falar diso... 😅

Un saúdo cariñoso ao fillo de puta ou filla de puta que entrou na nosa finca para levar todos os pementos e que non lle valeu con coller soamente os froitos, senón que tamén tivo a ben arrancarlle as gallas ás plantas.

Esta semana imos celebrar a Festa da Música da man da Área de Cultura da Deputación da Coruña 🫰✨ 👉 Mañá martes 23 estaremos celebrando o san Xoán, en Cedeira🌿🔥 👉 O venres agardámosvos no Anfiteatro de Arteixo. 👉 O sábado en Cee na Casa da Cultura. Temos moitas ganas de vervos! 💛

BildBildBildBild

Ola! 👋 ONDE NOS VEMOS PRÓXIMAMENTE? Compartimos algunhas das datas deste ano. Temos moitas ganas de vervos! 💛 📸 Aigi Boga 🎨 Le Roi 💇🏻 David Crazy Studio 👩‍🔧 Ángela Vila 👉🏻 Mgmnt: Urdime

Bild

Moito desfrutamos o pasado sábado no noso paso polo San Froilán.🔥 Que bonito formar parte do cartel dunha das mellores festas do país. Mil grazas a todas as que vos achegastes por convertilo amais en algo inolvidábel. 🥰 Viva Lugo! 💛

BildBildBildBild