Berta Dávila

@bertadavila.bsky.social

Escribo e leo. «A ferida imaxinaria» (Xerais, 2024). Tamén «La herida imaginaria» (Destino) e «La ferida imaginària» (Les Hores).

Antes estaba contenta de non ser esa persoa que comenta "El extranjero, de Camus" nun post de Instagram que pregunta "¿Qué libro es?" baixo unha foto onde se le "'Hoy murió mamá. O quizá ayer. No lo sé." Agora estou contenta de ser a persoa que pon "Harry Potter y el cáliz de fuego" nese mesmo post.

Já nas livrarias “Esse Lugar”, a edição portuguesa do meu “Os seres queridos”, que muda de título para se juntar às outras faces que o livro foi tendo. A tradução é de Gonçalo Neves e é publicada pela @penguinlivros.bsky.social . Deixa-me muito feliz o percurso deste romance, toda uma viagem. 🌷✨

BildBild

Lin a crítica de "Hamnet" de Boyero en El País. Á marxe de todo, é bastante vergonzoso entregar os teus diarios persoais a un medio que che paga (imaxino) por unha análise crítica. Se queres ler algo sobre calquera filme cruzas os dedos para que lle tocase escribir sobre el a Elsa Fernández-Santos.

Este sábado na Numax proxéctase "No seu lugar, outro", unha sesión de tres curtametraxes resultado do diálogo entre tres cineastas e tres escritoras que deitan unha mirada sobre o territorio. Tiven a sorte de traballar con Álvaro Gago nunha das pezas "Cres en fantasmas?". Achegádevos! 🔮

Bild

Já comigo a belíssima edição portuguesa de «A ferida imaginária» editada pela Limoeiro Real, traduzida por Daniel Ferreira e com capa da Inês Viegas Oliveira. Uma história sobre as formas —estranhas, luminosas— que encontramos para atravessar o luto e as feridas da existência. ✨

Bild

"La jardinería es un buen entrenamiento para un novelista. Se aprende a ser paciente, se aprende a hacer concesiones, se aprende a redefinir la propia visión y ambición, se aprende a dejar de ser perfeccionista. Un jardín también es un buen entrenamiento para la vida."

Bild

Tratando de resolver caso por caso a tensión entre o rexeitamento que me produce o artista que nunca opina de nada e a quen nada do que pasa no mundo lle atinxe e o rexeitamento que tamén me produce a instrumentalización do posicionamento político en redes como forma de autoproxección. 🧐

Setembro está á volta e en Rodolfo e Priscila temos moitas cousas que contarvos. Veñen fermosos encontros e actividades, libros novos que coñeceredes pronto, un novo sistema de distribución que levará os nosos títulos a todas as librarías galegas e... ✨unha subscrición anual!✨

Bild

O que di a pancarta da manifestación de Vigo: "Non ao plan forestal do PP". O que di a locución do telexornal da TVG, que amosa imaxes (sen pancartas) da mesma manifestación: "Esta tarde celebráronse concentracións nunha vintena de concellos galegos para protestar contra os incendios".

BildBild

PELI DE TARDE: Desde que Alfonso ocupa ese puesto tan importante, su mujer siente que está descuidando su matrimonio. Para arreglar las cosas, él le promete que pasarán juntos el día de su cumpleaños. Pero cuando llega el día, una emergencia en el trabajo lo impide... Lo comprenderá ella?

BildBild

Para que unha pequena editora galega valore o teu libro creo que non é preciso elaborar un dosier pseudoprofesional cheo de apartados. Un correo breve e concreto, explicando quen es e de que vai o proxecto, co libro en anexo, é máis que suficiente, polo menos para min. Síganme para más consejos. 😊

Bild