Semana de Viñetas na Btca. Durán Loriga ao carón da Feria. Inscríbete agora na web de bibliotecas #Viñetas2026 #ViñetasDesdeOAtlantico2026 #ACoruña #PokemosTCG #OnePieceTCG #Talleres #Obradoiros #TCG #DragonesEMazmorras #DragonsAndDungeons #DragonsEAlxubes
Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña
@bibcoruna.bsky.social
📚 Rede de Bibliotecas Municipais 📍 Concello da Coruña ✨ Conectamos persoas e historias #biblioteca #lectura #cultura #actividades #servizos 📖 Acompáñanos a explorar o mundo das palabras e o coñecemento dende #ACoruña
Anos despois do seu nacemento, Ernaux descobre que antes dela houbo outra filla na familia, unha nena que morreu. Ese descubrimento marca a súa identidade e convértese no eixo emocional do libro. #inspirandote #novelabiografica #recomendamos #bduranloriga #annieernaux @cabaretvoltaire.bsky.social
Cartas e cómic na Btca. Municipal Fórum #Viñetas2026 #Fancómic 📚 #SomosCómic🦸♂️#CómicParaTodos 👨👨👧👧 #BMCViñetas 🖼️ #CómicEBibliotecas🏛️ #CómicYBibliotecas#CómicPower💪 #CómicFan
Agosto é o mes de @vinetasdesdeoatlantico na Coruña. Por iso este mes propoñemos ler cómics e combinalos cunha viaxe a Oriente, anímaste? #RecomendamosBMC #bcastrillon #RetoLector2026
Crea o teu propio personaxe de cómic desde Dragóns e Mazmorras neste obradoiro da Bca. Durán Loriga. #Viñetas2026 #ViñetasDesdeOAtlantico2026 #Fancómic 📚 #SomosCómic🦸♂️#CómicParaTodos 👨👨👧👧 #BMCViñetas 🖼️ #CómicEBibliotecas🏛️ #CómicYBibliotecas#UniversoIlustrado 🌐#CómicPower💪 #CómicFan
Hai 🫥lembranzas que o tempo non debería borrar; pása pola túa biblioteca municipal máis próxima, 🚶percorre a mostra e léva para a casa lecturas que te farán mirar o pasado con outros ollos. #Viñetas2026 💥 #SomosCómic 📚 #bmc
Ao longo da historia os piratas protagonizaron historias sorprendentes e deixaron un legado cheo de mitos e curiosidades. Nesta exposición descubriremos algúns dos datos máis rechamantes sobre a súa vida, costumes e lendas que os rodean #Recomendamos #bduranloriga #curiosidades #sabiasque #piratas
📅 Tal día como hoxe de 1944 desaparecía sobre o Mediterráneo o aviador e escritor Antoine de Saint-Exupéry, creador de O Principiño. Pilotaba co ceo nos ollos e escribía co corazón na man. O seu legado aínda nos lembra: “o esencial é invisible aos ollos”. #Historia #Literatura
📚#BookfaceFriday Hoxe poñemos o mundo patas arriba con Margherita Dolce Vita, de Stefano Benni. 💚 Unha lectura para desconectar, sorrir e deixar que os libros nos leven a onde queiran. Feliz venres desde a Biblioteca Castrillón! 📖
"Quen ten un amigo ten un tesouro", o mesmo podemos dicir dos libros e tamén das bibliotecas, lugares onde atopar decenas de tesouros.... Cóntanos, cael é ese libro que regalaches ou que che regalaron que lembras coma un tesouro?
Prepárate para a eclipse total de Sol! Constrúe unha caixa estenopeica e aprende a observar o Sol con seguridade. 📅 1/08 🕦 11:30 h 📍 Biblioteca Fórum Metropolitano 👧 A partir de 9 anos 📝 Inscrición previa na web das Bibliotecas #EclipseSolar #Bibcoruna #Astronomía #bforum
Pssssss, atreveste a compartir con que título experimentaches unha auténtica "buchverlusterleichterung"? Veñaaaaa que hai moitos libros por ler e sempre veñen ben as axudas para non perder o tempo ;) *viñeta de Tom Gauld @tomgauld #humorbibliotecario #librosquenonler
Os libros son sementes. Aquí vai unha escolma feita con moito mimo para que crianzas curiosas poidan viaxar, rir, descubrir e soñar. Na túa biblioteca agardan historias para medrar xuntas e gozar dunha viaxe inesquecible. #bcastrillon #bibliotecaviaxeira #viaxes #librosdeaventuras #exploradores
Prepara ás túas crianzas para navegar de forma segura pola rede coa web Internet Segura for Kids (IS4K) 👉 https://www.incibe.es/menores/ IS4K ofrece recursos para potenciar a #navegaciónsegura en Internet entre as persoas menores de idade. Destinada tanto a familias como a educadoras.
Hoxe conmemoramos o Día da Matria Galega con recomendacións que voaron dunha biblioteca a outra (sen sufrir danos 😉). #diadeGalicia #diadeGaliza #DiadaMatriaGalega #DiadaPatriaGalega #DiadaMatria #DiadaPatria
O 24 de xullo de 1977, tras case 50 anos de censura, proxectouse de novo en Madrid a emblemática película "O acorazado Potemkin". Abrimos 🧵 #CineHistórico #LiberdadeDeExpresión #CineSoviético #ElAcorazadoPotemkin #HistoriaDoCine #Cultura #MemoriaHistórica #stopcensura #Censura
📖 550 aniversario da Biblia Kennicott O 24 de xullo de 1476 concluíase na Coruña a Biblia Kennicott, unha das obras máis extraordinarias da arte sefardí e un dos manuscritos hebreos iluminados máis excepcionais do mundo. #BibliaKennicott #BEstudosLocais #Fondolocal #ACoruña #ACoruñaBibliotecas
📚 #BookfaceFriday Coidarnos tamén se aprende. 💜 "Alimentación y salud femenina" invítanos a coñecer mellor o noso corpo e a entender que a información tamén é unha ferramenta de benestar. 📖 Ler é outra forma de coidarse. @foodgreenmood #SaúdeFeminina #bcastrillon
Agradecemos o apoio para desenvolver esta actividade ao Concello da Coruña, e a axuda as Bibliotecas da Coruña e ao festival Viñetas desde o Atlántico!! #Autoban #PremioAutoban #Autoban2026 #fanzine #fanzinegalego @concellodacoruna.bsky.social @bibcoruna.bsky.social @vinetasatlantico.bsky.social
Sabes a que distancia se escoita o canto dunha balea? Como durme ou se alimenta? Como se orienta cando migra? A resposta a estas preguntas e outras curiosidades neste fermoso álbum ilustrado👇 🐳"Ballenas: vida secreta", de Rena Ortega. 📢#WorldWhaleandDolphinDay #RecomendamosBMC
Onte a Biblioteca de Estudos Locais acolleu a reunión do xurado do #PremioAutoban ao Mellor Fanzine Galego As propostas destacaron pola súa creatividade e orixinalidade. Grazas por seguir demostrando que o fanzine continúa a ser un espazo de experimentación e creación. @autoban.bsky.social
Sabías que na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano podes levar en préstamo un lector electrónico? Miles de páxinas, un dispositivo lixeiro e a comodidade de ler onde máis che guste. #bibcoruna #LecturaDixital #bforum #LectorElectrónico
A novela reflexiona sobre unha idea importante: o “amor verdadeiro” non sempre é único nin permanece igual ao longo da vida. #inspirandote #novela #noveladavidacotia #recomendamos #bduranloriga #titaniaeditorial #teylorjenkinsreid
Hoxe queremos contribuir a que goces do verán sen ter que saír da cidade. Para iso, preparamos un vídeo con rutas insólitas con intención de que namores e crearche necesidades. 💡Sabías que as bibliotecas organizamos roteiros pola cidade dentro dos nosos programas? #bibcoruna #RutasInsólitasBMC
🐾O 21 de xullo celebramos o Día Internacional do Can! 🐶 Unha ocasión para recoñecer a importancia dos cans nas nosas vidas e concienciar á nosa comunidade do valor da amizade entre humanos e cans Abrimos🧵 #DíaInternacionaldoCan #AmorCanino #DiaInternacionaldelPerro
Este verán o ceo da Coruña será escenario dun dos fenómenos naturais máis impresionantes que existen: unha eclipse total de Sol. A continuación, veremos algúns dos datos máis curiosos sobre este fenómeno astronómico. #Recomendamos #bduranloriga #curiosidades #sabiasque #eclipse
Berenice Abbott nace en Ohio o 17 de xullo de 1898. Foi unha destacada fotógrafa estadounidense do xénero documental e unha figura clave do movemento de fotografía directa. #mulleresextraordinarias #BereniceAbbott #fotografas #manray
Hoxe celebramos eses pequenos iconos que transformaron a nosa maneira de comunicarnos. Adiviñas estos títulos de libros famosos solo con emojis? Ponte a proba e comenta as tuas respuestas! 👇👇👇 1. 🧙♂️⚡📖 2. 🌊⚓🐋 3. 🏝️🗺️👑 4. 🧛♂️🦇💔 5. 👦🐍👑 6. 👩🏻🍎🍏 7. 🐉🏰⚔️ 8. 🧒🐻🌲 #DíaDoEmoji #Emoticonos
📚 Unha viaxe, amizade, misterio e personaxes que deixan pegada. A nosa recomendación de hoxe en #365DíasDeLetrasGalegas é Os caravanistas, de Elizabeth von Arnim, na súa tradución ao galego. 💬 Que libro vos levou máis lonxe sen saír da casa? #365DíasDeLetrasGalegas #LiteraturaGalega #ACoruña