O 13 de novembro terá lugar o II Congreso de Novas Investigacións en Humanidades, dirixido a difundir as investigacións do estudantado pre e postdoutoral que investigue en torno a humanidades dixitais, uso das TIC e a IA, a xestión cultural... Aínda estás a tempo de enviar a túa proposta! 👩🎓
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
@buscusc.bsky.social
A BUSC é, pola riqueza dos seus fondos bibliográficos, unha das máis importantes bibliotecas universitarias españolas. Síguenos tamén en @buschorarios.bsky.social, Instagram e Tiktok: @busc_usc
Todo o que precisas para comezar! Achégate ao mostrador de préstamo para informarte ou accede á nosa páxina web para coñecer todo o que a túa biblioteca che pode ofrecer 😊 www.usc.gal/es/servicios...
Hoxe celebramos o acto de Apertura do Curso Académico 26-27 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca 🧑🎓 ▶️ Podedes seguilo nesta ligazón a partir das 12: youtube.com/live/HWNFQ88... 🚪📚 Acceso á Biblioteca Xeral pola Travesa de Fonseca (Lateral de Correos). Desfrutade da xornada! 💙
Acto institucional de apertura do curso 2026-2027
YouTube video by Universidade de Santiago de Compostela
youtube.com
📢📅Xa está aberto o prazo de matrícula do Curso Básico de Competencias en Información para o estudantado de 1º e 2º grao. Neste vídeo atoparedes a explicación de como facer a inscrición: www.youtube.com/watch?v=v2sh...
As vacacións estiveron ben, pero... que sería de nós sen os vosos clásicos setembrinos "onde fago a TUI para sacar un libro?" ou "podo usar esta biblioteca?"😵💫? Dámosvos a benvida a este novo curso! Despegamos! 🚀
GTA San Andreas: Okay, Here We Go Again
Alt: GTA San Andreas: Okay, Here We Go Again.
static.klipy.com
🧭🌀Sabemos que levades todo agosto á deriva nun mare magnum de dúbidas... Xa está actualizada a guía de Iacobus con tódalas novidades para sacarlle todo o partido ao catálogo! rebusca.usc.gal/iacobus-guia...
reBUSCa: Iacobus - Guía rápida: Mapa da guía
Guía rápida sobre as novidades e funcionalidades do Catálogo Iacobus
rebusca.usc.gal
Na BUSC temos máis "series" que en calquera outra plataforma! 📺 😜 📰 Buscas prensa histórica, revistas especializadas ou noticias do pasado? Accede ás nosas publicacións seriadas tanto en formato físico como en liña. O teu maratón investigador comeza aquí! 🧵👇 iacobus.usc.gal/nde/jsearch?...
PrimoVeNde
iacobus.usc.gal
📢As bibliotecas de centro volven estar abertas ao público, agás a de Xeografía e Historia, que permanecerá pechada por labores de mantemento ata o 24 de agosto.
🗓️ Mañana, 12 de agosto, es el eclipse solar total, que será visible en España 🌑 ¿Sabías que este fenómeno se convertirá en un laboratorio natural para hacer ciencia? 🔭 Desde el #CSIC te contamos algunas de nuestras investigaciones: de la corona solar al comportamiento animal
📚 Nunca é tarde para recuperar un libro! ☝️ Pero lembrade que o préstamo de verán remata o 8 de setembro. noticiastrabajo.huffingtonpost.es/sociedad/un-...
Un jubilado de 77 años devuelve un libro a la biblioteca con 150 años de retraso y calculan que la multa ascendería a 17.100 euros
El ejemplar apareció dentro de una caja de té empotrada en una chimenea durante la reforma de una vivienda y ahora será expuesto para evitar que vuelva a desaparecer.
noticiastrabajo.huffingtonpost.es
🔥🚨 As imaxes da vaga de lumes deste verán amosan unha das peores tempadas de incendios da historia en España. Para comprender o desafío ao que nos enfrontamos, é imprescindible consultar información científica rigorosa. 🧐💡
😎Pensando no eclipse do día 12? Entre as coleccións destacadas de agosto da #BNEDigital atópanse narracións e pronósticos de eclipses lunares e solares 👇
Cada mes, #BNEDigital reúne una selección de colecciones para descubrir el patrimonio documental desde nuevas perspectivas. Estas son nuestras colecciones destacadas de agosto. 👇 bnedigital.bne.es/bd/es/simple
Atopastes xa a calma para ler que levabades buscando todo o curso? Ou segue a ser a vosa odisea particular? 😉📖 Dedicarlle tempo ás historias sempre foi parte de nós. Un bo exemplo é «A Odisea», atribuída a Homero, que non naceu para ser lida, senón para ser recitada. 🗣👂
Poetry Snaps Meme
Alt: Un rapaz con lentes de sol chasca os dedos. Debaixo, aparece escrito: «Poetry snaps».
static.klipy.com
📢Lembra que do 3 ao 14 de agosto as bibliotecas de centro pechan por vacacións. Manteranse abertas a Biblioteca Xeral, a Biblioteca Concepción Arenal e a Intercentros de Lugo, de luns a venres en horario de 9 a 15h.
🌎📚 Sabedes que a Biblioteca América da @usc.gal naceu do soño dun emigrante galego? O proxecto impulsado por Gumersindo Busto, e recoñecido internacionalmente, abrangue unha das coleccións máis senlleiras sobre o continente americano.
📣🫡 Fondo bibliográfico! FIIIIIIIIIRMES! Durante o verán, adoitamos ter menos movemento de préstamos nas bibliotecas universitarias e, por iso, aproveitamos para someter a exame á colección. Exemplar a exemplar, comprobamos que cada documento estea no seu sitio. 🧐
🤍🩵 Nós somos do CISUG! Do CISUG! Do CISUG! 🎶🥳 Formamos un grande equipo coa @udc.gal e a @uvigo.bsky.social , o Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG).
#DíaDoEmoji Os emojis teñen antepasados. Moito antes dos móbiles, os manuscritos iluminados xa enriquecían o texto con pequenas imaxes e símbolos. No noso fondo, conservamos un magnífico exemplo xa coñecido por vós: 📖🕑🫅🦁 Sabedes cal é?
🌞🧴É o momento da crema solar, a gorra e a busca da sombra, imprescindibles para evitar queimaduras e reducir o risco de cancro. 🛡 Coma nós, os libros tampouco son amigos dos raios ultravioletas: a luz acelera o envellecemento do papel, vólveo fráxil e amarelo.
📢O catálogo Iacobus incorpora Syndetics, ferramenta para descubrir mellor os recursos da BUSC❗ Este servizo permite consultar, cando están dispoñibles, contidos adicionais como imaxes das portadas, resumos, biografías de autores, índices, etc. que facilitan o descubrimento dos recursos.
💡 O acceso aberto busca que os resultados da investigación científica acaden a maior difusión e impacto posibles na comunidade científica e tamén fóra dela. Para iso, os Acordos Transformativos (AT) son unha peza chave.
⚽️ Tédelo todo listo para o partido entre España e Bélxica? Sabede que non é a primeira vez que estes dous países se cruzan na historia.
📢 Queres sacar partido ao impacto da túa investigación con ORCID ou afondar no Journal Citation Reports❓ 👉 Inscríbete co correo institucional nas seguintes formacións en liña: 14.07.2026 | 13.00h-14.00h: Maximizando o impacto da túa investigación con ORCID (nivel básico) goo.su/Q110z
📚🖱Sabemos que nesta época é máis complicado achegarse a Compostela ou Lugo para emprestar ou devolver libros da BUSC. Por iso, lembrámosvos o cómodo que é utilizar PreLo: a plataforma de préstamos de libros electrónicos da BUSC.
Esta mañá, na Biblioteca Xeral, acollimos un curso de verán sobre as Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio 🫅📚 Do século XIII, a obra reúne máis de 400 composicións en galaicoportugués dedicadas á Virxe. Poesía, música e miniaturas convértena nunha das grandes xoias da Idade Media.
📅16 de xullo, de 13.00h a 14.00h: Nova sesión sobre a Web Of Science, pero desta vez SÓ PARA PERSOAL BIBLIOTECARIO E ADMINISTRADORES DAS INSTITUCIÓNS que forman parte da licenza nacional de WoS. Se é o teu caso, rexístrate co correo instucional: goo.su/Uo7AMs9
📜 Pensando en facer unha investigación de verán? Lembrade que o Arquivo Histórico Universitario da USC muda o seu horario nos meses de xullo e agosto. 📌 Como xa sabedes, na Casa Simeón de 09.30 a 14:00 h. www.usc.gal/gl/servizos/...
📢Queres mellorar a visibilidade do teu perfil de investigador en WoS❓ O vindeiro 9 de xullo terá lugar unha formación presencial na aula Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal, en horario de 10 a 13 horas. Para participar é necesario inscribirse a través deste formulario: goo.su/A7wAME