Cabonorteblog
@cabonorteblog.bsky.social
Blogue de viaxes desde 2009. Viaxes en coche, caravana, mochileiros, en bici, Camiños de Santiago e guías prácticas. www.cabonorteblog.com
A costa de Dinamarca está chea de búnkeres da Segunda Guerra Mundial, feitos durante a ocupación alemá. Algúns deles consérvanse aínda en bastante boas condicións. Os de Frederikshavn tamén inclúen un museo.
Campo de prisioneiros de Frøslev (Dinamarca). Foi un campo de prisioneiros creado durante a ocupación alemá na Segunda Guerra Mundial, onde enviaban a membros da resistencia á ocupación. Unha vez liberada Dinamarca no 1945, foi utilizada como prisión dos colaboradores co exército alemán.
As autobahn (autoestradas alemanas) son boas e hai tramos sen límite de velocidade. Aínda así, a maior parte do tempo que paso nelas estou en colas coma esta, debido ás obras e ao intenso tráfico. Cruzar Alemaña chega a ser ás veces desesperante.
Ruta en bici en Fährhof, a poucos quilómetros de Bremen (Alemaña).
Así andan os prezos dos combustibles nos Países Baixos (e nas áreas de servizo das autoestradas aínda están máis caros).
O museo DAF de Eindhoven ten unha interesante mostra de camións, así como dos coches que produciu nos 60 e 70. Hai dous simuladores de condución de camións, que enganchan a pequenos e maiores.
Nos Países Baixos hai moita tradición campista, e iso se nota no número e calidade dos seus campings. Este é un preto de Eindhoven.
A guillotina móbil, a bici cortacéspede, o tandem sidecar ou a máquina que move un cabalo sobre unha cinta son algunhas das xoias deste curioso museo: o Museo Maurice Dufresne en Azay-le-Rideau (Francia).
Río Vienne e as ruínas do castelo de Nouâtre (Francia).
Igrexa de Santalla de Esperante (Lugo). Nesta igrexa, situada a poucos km da cidade de Lugo, descubríronse hai pouco estes fermosos arcos do estilo prerromanico asturiano. Estaban agochados baixo o encalado exterior e a pedra interior.
O Mamut do Incio. Seica nunha canteira preto deste lugar, no Concello do Incio, atoparon no 1961 os primeiros restos dun mamut en terras galegas. Hoxe poden verse no Museo de Historia Natural de Compostela.
Ponte de Covas (Baralla). É unha ponte de orixe medieval, que cruza o Río Neira, aínda que xa podería existir algo na época romana. Actualmente está nun estado de medio abandono, moi coberta de vexetación, aínda que en uso.
Mosteiro / Igrexa de Santa María de Mezonzo (Vilansantar). Antigo mosteiro do que só queda a igrexa románica, con tres naves e tres fermosas ábsidas. Preto de aquí naceu San Pedro de Mezonzo, bispo galego na Compostela do século X.
Unha proposta para esta fin de semana: Ir á Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada). Aquí conto como é: www.cabonorteblog.com/2017/07/25/r...
A Rapa das Bestas de Sabucedo - CaboNorte blog
Guía práctica para a visitar a Rapa das Bestas de Sabucedo A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha das festas tradicionais máis coñecidas do noso país, así que non podería faltar unha entrada neste blog ...
cabonorteblog.com
Ruta ao Monte Taúme coa Bianchi de 33 anos. Bici de aceiro, sen suspensión, freos de zapata e só 6 piñóns. Máquina do tempo á miña adolescencia.
A Proba de Burón (A Fonsagrada). Aquí está a coñecida Torre dos Condes de Altamira, hoxe en pé aínda que en ruínas. Nesta localidade chaman a atención algúns nomes de rúas de personaxes soviéticos (eu encontrei a Lenin e Mariscal Zukov). Dixéronme que foi cousa dun antigo veciño que estivo en Rusia.
Ruta en moto de 180km: Lugo - A Fonsagrada - A Proba de Burón - Porto da Garganta - Taramundi - A Pontenova - Lugo.
Ponte medieval de Vilela (Arcos de Vadevez, Portugal).
Paço da Giela (Arcos de Vadevez, Portugal). Conxunto arquitectónico que inclúe torre medieval e vivenda señorial anexa. Do 10 ao 12 de xullo celébrase aquí a recreación histórica O Recontro de Valdevez.
Ruta en moto de 370 km: Compostela - Forcarei - Doade - Fornelos de Montes - Mondariz - Monção - Arcos de Valdevez - Ponde de Lima - Tui - Pontevedra - Moraña - Compostela.
Fermosas vistas de Padrón e a desembocadura do Río Ulla desde o Monte Meda. Ao fondo, tamén se ve parte da Ría de Arousa. Ruta desde Compostela con 48km e 1060m de desnivel.
Miradoiro do Castelo (Lugo). Recentemente colocaron aquí un banco e un panel que localiza os principais montes. Hai uns anos, lembro que había aquí un posto de vixiancia de incendios. Outro panel explicativo fala do antigo Castelo de Labio e da presenza nestas terras do viquingo Ulf "o galego".
Ruta polo Deza: Mosteiro de Carboeiro e Arco da Carixa.
Caravanas de menos de 750kg que vin no Salón Atlántico do Caravaning de Vigo esta fin de semana: - A Adria Aviva Lite, aínda que parecida á nosa Aviva DK, non ten instalación de gas nin maletero, a nevera moi pequena e estanterías de tela.
Ruta en bici pola fermosa senda costeira entre Moledo e Montedor, pasando por Vila Praia de Âncora (Portugal).