encaixar aínda que non poidamos evitar respirar para aue non descubran todo o que agochanos
Carmen de Milmanda
@carmendemilmanda.bsky.social
(eu/son) proxecto poético. a medio camiño entre rosalía de castro e kurt cobain. meus poemas + miñas fotos e debuxos. afirmo: "a poem a day keeps the doctor away" poetry cinema photo drawing "Os mil e un días" (Xerais, 2023)
de non podermos conseguir o ceo todo fiquemos cos arcos da vella e as mentiras dos tesouros
nada vale o que o tempo e levámolo nas mans como a auga o máis prezado perdemos
un só ollo para todo velo e nós cegos diante da beleza do espazo e do tempo
celebrar que aínda non nos devoraron as sombras elixir soñar brillar se importa o futuro, importa o de todas
Unha orixinal historia de pantasmas, fíos vermellos e efectos colaterais do amor cosida con primor. Nos @numax.org e nos Compostela.
Luxo de obradoiro de ideas e textos de astronomía con @estibalizespinosa.bsky.social Un luxo. Hoxe, sesión final con lectura de textos. 💫 Oxalá haxa segunda parte! Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e Concello de Santiago, grazas. @concellosantiago.bsky.social
derrétese o verán con tanta furia que nos doen as présas
descoñecémolo todo de nós mesmos e ousamos querer pensar o universo
Un filme obrigatorio. Como pode existir algunha persoa que non sinta empatía por quen o perdeu todo?
Ao fío do eclipse e outras marabillas astronómicas, e grazas ao bo facer da AELG, gozamos dun obradoiro estelar con @estibalizespinosa.bsky.social Moito aprendemos e nos emocionamos!💫 Se queredes compartir connosco o recital de fin de “curso”, estades convidadísimos o sábado á libraría Pedreira.⚡️
todo o que podemos contemplar no mundo se acendemos os ollos e apagamos as pantallas todo o que nos agarda fóra desarmado de palabras
non precisamos ser de pedra para nos comportar coma a pedra nin ser mar para actuar coma o mar nin ser vento para soprar nin un barquiño de vela para poder navegar
A vida, esa carreira pola supervivencia. Defínenos máis o que deixamos ca o que preservamos. Nos Compostela.
obsesionados por gardar ou por desbotar decidir que preservar, a responsabilidade dos que comprenden
Alá foi outra edición do @Sinsalaudio con artistas marabillosos en escenarios sen distancias que demostran que as diversas culturas poden convivir. Parabéns á organización. ⚡️💫💙 Hoxe tocaron: Skanderani Nadeem Din-Gabisi Virginie Dembelé Mocho Gris Indus Juventude
Nunca pensei que tería a honra de formar parte da programación do Apóstolo na miña querida cidade adoptiva, Santiago.
as regras do noso acougo non falar mal dos mortos non falar mal dos soños