Casa das Formigas

@casadasformigas24.bsky.social

Libraría independente en Cambados. Grandes historias en pequeno formato 📚🐜✨

Este venres recibimos a visita de Tamara Andrés para falar sobre a súa última publicación, 𝑷𝒂𝒓𝒂 𝒏𝒐𝒏 𝒄𝒐𝒏𝒄𝒓𝒆𝒕𝒂𝒓𝒎𝒆 ✨ Este libro é unha obra hetéroxenea, con poemas de versos curtos e breves, algúns moi diferentes do resto do conxunto, como para facer honra a un título que promete experimentación.

Bild

Adianto da programación de talleres creativos do mes de febreiro 💥 🔸 CLUB DE BORDADO x Lúa Mosquetera • 05/02 🔸 CERÁMICA x Terra e Lume • 08/02 🔸 COROAS DE MIMOSAS x Mimosas Garden • 09/02 🔸 PINTURA x Lúa Gándara • 15/02 📌 Inscricións e máis info no 744 657 258.

Bild

Con máis de sesenta títulos ás costas, Ramón Caride achégase o próximo venres 7 de febreiro a esta casa para falarnos da súa última novela, 𝑨𝒔 𝒔𝒖𝒑𝒆𝒓𝒗𝒊𝒗𝒆𝒏𝒕𝒆𝒔. Queres saber máis sobre esta historia? 👀

Bild

Por fin, despois de tantos meses dándolle voltas, arrancamos co CLUB DE LECTURA! Un espazo no que compartir opinións e libros con outras persoas 📚 O vindeiro martes 28 faremos unha primeira toma de contacto cunha reunión informativa. Abrimos inscricións e falaremos dos libros escollidos ☺️

Bild

Tras publicar diversas obras como “Galería de saldos” (2016) e “O meu sangue” (2022) entre outras, Diego Giráldez chega a Cambados para falarnos da súa primeira aventura literaria adicada a público infantil. Achegádevos, paga a pena coñecer a historia detrás de “Xulia e as cóxegas das nubes” ⛅️🌧️

Bild

🌿 FAI UNHA KOKEDAMA 🌿 Descubre como crear a túa propia kokedama. Unha técnica tradicional xaponesa, que consiste en albergar a planta nunha maceta orgánica de musgo en forma de bola, de aí o seu nome Koke(musgo) Dama(bola). 🔸 Se estás interesada en recibir máis información escríbenos ao 744657258

Bild

O vindeiro sábado 18 de xaneiro fai o teu propio bolso coa técnica de macramé 🧡 Como ben di Ana de Nai Diseños: non necesitas ter coñecementos previos, soamente ganas de aprender, desconectar e deixarte levar. 🔸 Se estás interesada en apuntarte escríbenos ao 744 657 258

Bild

Retomamos actividade no Club de Bordado de Lúa Mosquetera 💖 Un taller creativo de continuidade que se converteu nun espazo seguro para escapar da rutina, estimular a creatividade, aprender a bordar e compartir historias 🪡🧵✨ 🔸 Se estás interesada en unirte escríbenos ao 744 657 258

Bild

🎁 SORPRESA 🎁 Parece que os Reis Magos pasaron por esta casa antes de tempo! Hoxe ás 19:00 temos a sorte de recibir a Laura Portas, autora do éxito 𝑬𝒍 𝒃𝒂𝒊𝒍𝒆 𝒅𝒆 𝒍𝒂𝒔 𝒎𝒂𝒓𝒆𝒂𝒔 🌊 Vémonos 👀

Bild

Xa recibimos o quinto número da revista cultural #CenFollas, adicada este ano á memoria do pintor Lino Silva. De entre as súas páxinas destacamos un artigo sobre o Pazo de Montesacro, uns manuscritos inéditos de Armando Cotarelo Valledor e a reprodución de 90 cm do cadro “Cambados desde Sálvora”.

Bild