David Lombao

@davidlombao.bsky.social

Xornalista galego. De Lugo. Conto cousas. Algunhas, en Praza.gal.

💬 Falamos da Galicia que vén! Nace Praza na ágora, un novo espazo de encontros da Fundación Praza Pública para debater os grandes temas do noso tempo desde unha perspectiva galega Neste primeiro foro poñemos o foco no papel da mocidade na crise democrática praza.gal/acontece/red...

Redes sociais, polarización, participación: 'Praza na ágora' debate o papel da mocidade na crise democrática - Praza Pública

O foro 'O papel da mocidade na crise democrática', organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Fundación Praza Pública, celébrase o 25 de setembro no CSC Maruxa e Coralia, en Santiago

praza.gal

Se o xornal do Vaticano, mesmo con declaracións da Conferencia Episcopal Española, che centra mellor a cuestión, igual tes que ir ao espello e preguntar polo punto no que te moves

Xogan a confundir créditos do BEI (que, entre outras cousas, benefician empresas UE) con subvencións a terceiros países a fondo perdido. Pero analízanche a actualidade fetén dende os faladoiros dos que non saen.

A inxerencia estranxeira sendo mesmo tuiteada ou como se diga agora e algúns a teimar na lectura provinciana, sexa impostada ou non, que non sei que será peor. E con mortes polo medio.

🗣 📲 Redes sociais, polarización, participación: 'Praza na ágora' debate o papel da mocidade na crise democrática 🗓 25 de setembro 📍 CSC Maruxa e Coralia (Santiago) 🙌 Organiza a área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña en colaboración coa Fundación Praza Pública

Redes sociais, polarización, participación: 'Praza na ágora' debate o papel da mocidade na crise democrática - Praza Pública

O foro 'O papel da mocidade na crise democrática', organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Fundación Praza Pública, celébrase o 25 de setembro no CSC Maruxa e Coralia, en Santiago

praza.gal

Temos unha situación dramática? En absoluto. Temos socias e socios dabondo para ollarmos o medio prazo con acougo? En absoluto. Faite socia, faite socio de @praza.gal. Para seguirmos contando con tranquilidade (e ata o 80% devólvencho)

Praza Pública@praza.gal · 6d ago

🛰 👅 O sábado foi o Día Nacional de Galicia e a portada e as novas de Praza estaban en galego ✅E hoxe? Tamén, claro 🤗 Faite de Praza dende 5€/mes 🔗 praza.gal/faitedepraza ↪️Ata o 80% devólvencho na declaración da renda 🔗 praza.gal/axuda/desgra...

📄🏛 O xulgado ordena pór Meirás ao nome do Estado tras a sentenza que expulsou os Franco O xulgado coruñés que ditou a histórica primeira sentenza sobre a recuperación do Pazo formaliza ante o Rexistro da Propiedade de Betanzos a súa inscrición como inmoble público 🔗 praza.gal/politica/o-x...

O xulgado ordena pór Meirás ao nome do Estado tras a sentenza que expulsou os Franco - Praza Pública

O xulgado coruñés que ditou a histórica primeira sentenza sobre a recuperación do Pazo formaliza ante o Rexistro da Propiedade de Betanzos a súa inscrición como inmoble público

praza.gal