Defende A Galega

@defendeagalega.bsky.social

Conta dos traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos. En defensa da Radio Galega e a TVG. Correo de contacto : venresnegrocrtvg@gmail.com

A Radio Galega emite desde... Radio Líder! O novo programa de deportes faise nas instalacións dunha emisora privada. Empezan a baleirar a nosa radio de contido propio, como fixeron coa TVG. Que será o seguinte? O Telexornal desde Telecinco? Isto é desmantelamento. #NonImosCalar

La Radio Galega emite su gran novedad de la temporada desde los estudios de una emisora privada de la competencia

'A Penaltis', anunciado como "un espacio multiplataforma de entretenimiento deportivo" es, según los sindicatos, la primera "externalización física" de un programa en directo de la cadena autonómica

eldiario.es

A TVG exerce un servizo público de intensidade variable. A crítica é feroz cando apunta fóra, pero convértese nun estridente silencio cando mira para dentro. Analizamos o patrón co Telexornal Mediodía deste luns. 🧵👇🏼

Bild

A Televisión de Galicia desistiu da súa misión de servizo público para entregarse á axitación política como instrumento de propaganda. Os Telexornais seguen replicando indisimuladamente as consignas do partido do Goberno da Xunta. 🧵

Bild

Situación excepcional e a TVG segue coa programación habitual. A subdirectora de informativos intervén… POR TELÉFONO!, nun programa que non se emite desde San Marcos. Presidente @AlfonsoRuedaGal, isto é servizo público? É hora de informar como debe facer un medio público. 🧵

Bild

Así foi a cobertura dos programas (externalizados) da TVG. Quen anda aí?' (14 de agosto): 13' dedicados aos incendios (170' de programa) Hora Galega (14 de agosto): 8' (70' de programa) O termómetro (15 de agosto): 1' 15" (120' de programa) Xulgade vós mesmos o servizo público.

Bild

Ahora mismo, TVG: "conectamos con la playa de Cabanas a ver qué dice la gente sobre fumar o no". Mientras miro por la ventana llover ceniza. ESPECTACULAR. Catástrofe brutal. Ahora mismo tengo pueblos a 2km ardiendo. Un conductor de Buldozer acaba de llegar después de 40 horas seguidas currando.

O maior incendio da historia, con infraestruturas afectadas, e así foi a primeira hora do directo da TVG: • Recollida da pataca • Ocio nocturno • Vivendas con gretas • Praias SEN FUME🤯 Un esperpento informativo alleo á emerxencia. Unha desconexión absoluta coa demanda cidadá

Bild

Facer un programa de radio, non de TV, con intervencións telefónicas é o mínimo esixible. O valor dun medio público mídese polo seu compromiso constante. Non é estar, senón como estar. Botade un ollo á redacción da radio e ás delegacións. Precariedade total nun día preocupante.

Bild

Fío coas #audiencias de televisión en Galicia do domingo, 6 de xullo. Datos de Kantar Media. Antena 3 lidera cun 11,3%, seguida de Telecinco (8,1 %). A Televisión de Galicia foi a cuarta cadea máis vista o domingo cun 7,8%, 1 décima menos que La 1 e 2 décimas máis que Cuatro.

Remata a etapa máis escura da CRTVG coa marcha de Alfonso Sánchez Izquierdo. 📉 Manipulación 🚫 Censura 💼 Represión laboral 🛑 Deterioro do servizo público Este é o seu legado. E os que veñen… queren perfeccionar o modelo. Non esquecemos. Non calamos. Seguimos.

Bild

🧵Fío coas audiencias de televisión en Galicia do 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨, 𝟓 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨. Datos de Kantar Media. Telecinco lidera cun 11,9%, seguida de Antena 3 (10%). A 𝐓𝐞𝐥𝐞𝐯𝐢𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 foi a terceira cadea cun 7,1%. A seguir, laSexta e La 1 (6,3%).

🧵Fío coas audiencias de televisión en Galicia do venres, 4 de xullo. Datos ofrecidos por Kantar Media. Antena 3 lidera cun 14,5%, seguida de Telecinco (9,8 %). A Televisión de Galicia foi a terceira cadea máis vista o venres cun 8,1% no total do día, tres décimas máis que La 1

Audiencias de televisión en Galicia do xoves, 3 de xullo de 2025. Antena 3 lidera cun 11,9%, seguido de La 1 (10,6 %) e Telecinco (8,5%). A Televisión de Galicia foi a cuarta cadea máis vista cun 8,1% no total do día. Fío 🧵