Cando o que che gusta é o mesmo que o traballo. Xa estamos de volta!
Libraría Cartabón
@librariacartabon.bsky.social
Libraría de Vigo. Somos fogar da cultura en galego dende hai ➕ de 40 años.
Lembra que a semana que ven só abriremos pola mañá. E a seguinte… vacacións!! 😎
Atentxs porque en agosto o horario é diferente👇🏻
Venho de passar pola @librariacartabon.bsky.social e colhim a que será minha proxima leitura: "Effie Briest" de Theodor Fontane traduzido á nossa língua por @maseisdedos.bsky.social pra #IrmasCartoné Boa terça tenhades! 📖📚🌥️🌦️🌧️☁️🌤️☀️🥰🤗🩵🤍 #Galiza #Vigho #galego #LerÉViver #Summer #Verao
Xosé Neira Vilas, Letras Galegas 2027. Era inevitábel. O libreiro do lapis na orelha xa o sabía 😉 #libraríacartabón #vigo #letrasgalegas2027 #xoséneiravilas
Hoxe comezamos coa ilusión da primeira vez, unha nova Feira do Libro de Vigo. Na casa, coa nosa xente e os mellores libros.
Dende Libraría Cartabón queremos enviar todo o noso apoio e ánimo para a familia e amizades de Fernando Franco, testemuña durante máis de trinta anos da cultura e da sociedade de Vigo. D. E. P.
É por min. É por ti. É por todas. Os datos recollidos son estadísticas da Galiza extraídas dos informes do INE e do informe sobre a situación laboral das mulleres en Galiza (ano 2025), elaborado pola CIG. 📷 La Voz de Galicia, Faro de Vigo, CIG, El País, EMEmedia #8M
◾️Unha presentación: “Agora, eu carlota” ◾️Unha data: 5 de marzo de 2026 ◾️Unha hora: 20:00 horas ◾️Un autor: Xosé Gago ◾️Acompañado por: Samuel Merino ◾️Un lugar: Libraría Cartabón
O 25 de febreiro, cultura. Onde? En Cartabón, onde se non?👇🏻
Hoxe serán innumerábeis as loas ao seu traballo e a súa persoa. Para nós quedará na memoria o cariño, o respecto e a consideración coa que sempre nos tratou. Neste día aciago, queremos enviar todo o noso apoio e ánimo para a familia e amizades de don Xesús Alonso Montero. D. E. P.
Inauguramos o Ano Begoña Caamaño nas Letras Galegas 2026!! Facémolo coa novidade do noso benquerido amigo, Ramón Nicolás, autor do libro “A nena que perdeu un zapato na lama. Begoña Caamaño no Calvario vigués. 1964 - 1976”, editado por Galaxia.
Acompañado da eurodeputada do bng, Ana Miranda Paz, Ariel Basteiro, político arxentino e autor do libro, reconstruirá o acontecido ao goberno de Evo Morales e a importancia da Casa Rosada na caída do goberno bolivariano. O que non che contan, hoxe, “Radiografía de una canallada”.
Ciencia ficción viguesa. Hoxe, ás 19:00 horas. @melias.bsky.social @davidtebras.bsky.social @franzabaleta.bsky.social
Onte, na @librariacartabon.bsky.social , durante a presentación de "A casa grande" de Olaia Sendon, o fotógrafo José Goris capturou un intre no tempo, apenas unha faragulla, un fotograma, un micro segundo de complicidade que me parece un magnífico resumo de todo, así, en xeral. Ou en Xerais.
Para a semana que ven, cultura para todxs. Queres apoiar a túa libraría? Apoia xs autorxs que nos escollen acudindo as súas presentacións e lendo os seus libros 😇 #libraríacartabón #presentacióndelibros #vigo #vigomáisqueluces
“A historia restáurase de forma colectiva”. Entrevista realizada por Ana Blasco. Faro de Vigo, 20 setembro 2025. Mañá, ás 12:00 horas, dentro das Conversas de Biosbardia: Os oficios do libro, Manuel Bragado, un home namorado da lingua galega.
O mércores, presentación do caderno “Política enerxética. Unha visión galega”
O xoves, aquí
🔴 Atención! O 30 de outubro, ás 20h, na @librariacartabon.bsky.social Alba Guzman e máis eu imos protagonizar o encontro máis esperado do ano! Un crossover entre Paquiño Jackson e A lei do mar! Que teñen en común estes dous libros? Nin idea, pero non podía resistirme a esta proposta! Vinde! 📚
Mañá, ás 19:30 horas, presentación de “Atravesar o don”, de Fran Fernández Davila. Estará acompañado por Antonio García Teijeiro.
Moitos parabéns, Isabel Soto, gañadora do premio de Tradución Plácido Castro por “A herdanza de Ferramonti”, editado por Hugin e Munin 👏🏻👏🏻 #parabéns #culturagañadora
Un día: hoxe, ás 19:00 horas. Un lugar: a Cartabón. Un libro: “Baobab”. Unha editora: Tempo Galiza. Un autor: Moncho Iglesias Míguez. Unha actuación: Elisa e Manuel. Un propósito: apostar pola cultura en galego.
O sábado, 13 de setembro, ás 19:00 horas, presentación de “Baobab”👇🏻
Esta noite rematou o Cartabón Tour 2025 nas feiras do libro. Moitas grazas a todas as persoas que ledes libro en galego e apostades por seguir invertindo na nosa lingua. A loita continúa 💪🏻💪🏻 Sempre apostando polo noso. #libraríacartabón #40anosapostandopolonoso #engalego #cartabóntour #atéoanoqueven