InvestiGal

@investigal.bsky.social

Rede Galega pola Investigación. Únete a nós en Linkedin (@InvestiGal) e Instagram (@redeinvestigal). investi.gal

💶 Os novos billetes da ciencia. Anos de formación, contratos de meses, ducias de solicitudes e ningunha estabilidade. A precariedade tamén ten un prezo. Sen persoas investigadoras non hai ciencia. E sen estabilidade, tampouco hai futuro! Vémonos a volta das vacacións de verán! 🥳🏖️🏕️

Bild

💙 Así vivimos o #Festigal! Grazas a todas as persoas que pasastes pola nosa mesa, compartistes ciencia e fixestes comunidade connosco. 🔬 📩 Queres merch de InvestiGal? Escríbenos unha mensaxe ou ao noso correo e contarémosche como conseguilo.

💙 Feliz Día de Galiza! Galicia é mar, é lingua, é cultura... e tamén é ciencia. Neste 25 de xullo celebramos a todas as persoas que, desde laboratorios, hospitais, universidades e centros de investigación, constrúen coñecemento e futuro. Porque investir en ciencia tamén é facer país.

Chega o noso merch ao Festigal! Non podemos prometerche unha Ramón y Cajal, unha ERC nin financiamento estable… pero podes saír do Festigal cun pouco de InvestiGal posto, pegado ou no peto. 😂💙 Porque a ciencia tamén se leva, se escribe, se pega… e se reivindica! 🔬

Bild

📬 Estes días as persoas socias recibiredes no voso correo electrónico o boletín semestral de InvestiGal, con un resumo da actividade da asociación ao longo dos últimos meses. Grazas por formar parte desta comunidade e por contribuír, día a día, a fortalecer a investigación galega. 💙🔬

Bild

📢 ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 19/06/2026 🕕 1ª convocatoria: 18:00 h 🕡 2ª convocatoria: 18:30 h 📧 Toda a info relativa á reunión foi remitida a través do correo da asociación. A vosa participación é fundamental para seguir fortalecendo a voz da investigación en Galicia!

Bild

📚✨ No #DíaDasLetrasGalegas celebramos a forza da nosa lingua, da nosa literatura e das voces que constrúen memoria e futuro. Homenaxeamos a Begoña Caamaño, escritora e xornalista comprometida coa cultura galega e coa igualdade, referente das letras contemporáneas en Galicia.💙

Bild

✌️Todo listo para comezar o foro de @investigal.bsky.social este venres en Barcelona, co apoio de @puntogal.bsky.social!

Dominio PuntoGal@puntogal.bsky.social · 5mo ago

🌍 O talento investigador galego ten cita en Barcelona! Os días 15 e 16 de maio celebrarase o II FIGaE, o foro de @investigal.bsky.social que conecta persoal investigador galego de todo o mundo para compartir coñecemento e fortalecer redes. Co apoio de @puntogal.bsky.social 🔗https://i.gal/W6Rgn

📢 A convocatoria Predoutorais Xunta 2026 segue presentando puntos críticos: • alta carga burocrática no proceso • diferenzas nas condicións de financiamento • dificultades de acceso que afectan á igualdade de oportunidades 👇🏼

BildBildBildBild

Moi, moi contenta de falar no II FIGaE! Moitas grazas a InvestiGal pola oportunidade e por organizar un espazo tan necesario para conectar a comunidade investigadora galega na diáspora. Será un pracer compartir ciencia, ideas e conversas con xente da casa. Vémonos en Barcelona! 😊

InvestiGal@investigal.bsky.social · 6mo ago

✨ II FIGaE | Barcelona 🗓️ Venres 15 | ⏰ 13:00–13:50 Ciencias da Saúde: Ana Dorrego Viñas (palestra convidada) + 3 comunicacións (10’). 📝 Info/inscricións: investi.gal/ii-foro-da-i... #FIGaE_2026 #InvestiGal #Barcelona #Galicia