ilingua-uvigo

@ilingua-uvigo.bsky.social

iLingua é un instituto de investigación da Universidade de Vigo, que reúne persoal investigador con intereses comúns en áreas de lingua e lingüística.

Entre os días 19 e 21 de maio, o @IEMYRhd da Universidade de Salamanca, acollerá o I Congreso Internacional «Del papel a la pantalla: nuevas perspectivas de estudio del patrimonio textual», no que José Motero Reguera será plenarista. Éxitos!

BildBild

O próximo 9 de novembro, o iLingua organiza, xunto ao Hospital Álvaro Cunqueiro, unha xornada sobre comunicación no ámbito sanitario na que contaremos con profesionais para reflexionar sobre as barreiras lingüísticas na atención a pacientes. Rexístrate para asistir buff.ly/3ZxYLSI

Bild

En "Vivir para-traducir, n.º 30", José Yuste Frías recorda o erro de tradución do saúdo "OLA!" na sinalización do campus de Vigo e analiza as posibilidades de tradución inversa ao francés do mesmo saúdo para insistir en que non hai tradución sen a súa paratraducción. buff.ly/CkZCh6n

BildBildBild

Última sesión de "Universo Quixotas: conversas en Redeiras" baixo o título "Unha viaxe sin fin, aproximación á quixota de Monique Wittig". Terá lugar mañá, día 21, ás 19h no edificio Redeiras. Non a perdades!

Bild

O próximo 9 de novembro, o iLingua organiza, xunto ao Hospital Álvaro Cunqueiro, unha xornada sobre comunicación no ámbito sanitario na que contaremos con profesionais de ambos eidos para reflexionar sobre as barreiras lingüísticas que xurden na atención a pacientes. buff.ly/cJ8uXjO

Bild

O próximo 20 de outubro terán lugar en Santiago de Compostela os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística. Este ano reflexionarán sobre a música en galego e o seu potencial para o cambio sociolingüístico. Máis info e inscricións en: buff.ly/sqeRSW8

Bild

"Paratraducir para cuidar: texto e imagen en la atención sanitaria a mujeres embarazadas migrantes", publicación de J. Yuste e O. Ferreiro na que fan unha análise da publicación multilingüe "Pictogramas para facilitar a comunicación coas mulleres embarazadas inmigrantes". Noraboa! buff.ly/Dml0vCi

BildBildBildBild

Aberta a chamada para o envío de resumos para o número especial "Feminist Interpreting: Theoretical, Professional and Educational Approaches" da revista "Feminist Translation Studies", editado por Maribel del Pozo Triviño. Prazo 30 de novembro. Máis info: buff.ly/oWSxqJf

BildBild

Maribel del Pozo, xunto a Alev Bulut, presentou o volume "Gender and Linguistic Rights: Bridging Translation and Interpreting Studies, Gender Studies and Human Rights" no XII Congreso AIETI. Parabéns!

BildBildBild

A pasada semana, Carla Míguez Bóveda presentou a súa comunicación "Lenguaje no binario en gallego" no XXII Encontro de morfólogos: Tecer morfoloxías: estudos contrastivos e diversidade lingüística. Noraboa Carla!

BildBildBild

Non perdades mañá, 8 de outubro, a conferencia de José Manuel González Herrán "La Estrella de Sevilla, do corral de comedias á pantalla" no salón de graos da Facultade Filoloxía e Tradución. Organizado por Montserrat Ribao.

BildBild

O mércores 7 de outubro, no marco do ciclo Conversas en Redeiras: Universo Quixotas, Montserrat Ribao Pereira e José Montero Reguera, ofrecen o relatorio "As quixotas de Emilia Pardo Bazán: de La Tribuna a El cisne de Vilamorta".

BildBildBild

Xa está dispoñible o capítulo de José Yuste adicado á noción de PARATRADUCCIÓN no "Abécédaire critique du traduire" que recolle 65 entradas diferentes redactadas por 37 autores/as de prestixio internacional para sacudir as ideas preconcebidas e os prexuizos sobre a tradución. buff.ly/1HsxeKs

BildBild

Mañá dará comezo o XXII Encontro de morfólogos cunha homenaxe a Antón Rifón ás 18:00 no Edificio Redeiras. O venres terá lugar a xornada académica coas plenarias de Aida Villaécija Chavarría, María José Rodríguez Espiñeira e Francisco Xosé Dubert García. Máis info: buff.ly/qkMm4B2

BildBild

O sábado 26 vémonos no festival das linguas e as culturas. Non o perdas! Larunbatean, hilaren 26an, hizkuntzen eta kulturen jaialdian elkartuko gara. Ez huts egin! ملتقانا يوم السبت 26 في مهرجان اللغات والثقافات. لا تفوت الفرصة! buff.ly/E0iMPhq

Bild

Onte tivo lugar a celebración de "Letras en feminino" coa participación de Ánxela Lema, Leyre Martín, Ane Irizar e Elisabet Sánchez. Tamén contamos co apoio da Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e da reitora, Carmen García Mateo. Moitísimas grazas a todas!

Mañá xornada dobre: - Pola mañá, diante do MARCO, exposición de pósteres e conferencia de Anna Doquin. - Pola tarde, na Casa Galega da Cultura, "Da idea ao libro: as mans invisibles". Con Paula Merlán, Ana Varela, Manuel Esteban, Tamará Andrés e as editoriais Catro Ventos, Galaxia e Malafera.

BildBild

Hoxe ás 17:00, na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, reunimos investigadoras que traballan desde a perspectiva feminista interseccional e desde ámbitos moi distintos. Contaremos con Ánxela Lema París, Elisabet Sánchez Tocino, Leyre Martín Aizpuru e Ane Irizar Melero. Non o perdades!

Bild

Semana das linguas! Iniciados os cursos de euskera e lituano, o día 23 xornada "Letras en feminino", o 24 "III Xornada Investiga" e "Da idea ao libro: as mans invisibles", o 25 "III Xornada de formación para profes de idiomas" e o 26 "III Festival das linguas e as culturas" buff.ly/YEp0pR3

BildBildBildBild

O próximo 25 de setembro, Isabel Padrón (IPsiUS) impartirá o seminario formativo "Introdución ao rexistro da actividade electroencefalográfica (EEG) como técnica de investigación en psicolingüística" no Laboratorio de Linguaxe e Cognición.

Bild

O diario da UVigo faise eco da celebración do "XXI Encontro de morfólogos: Tecer morfoloxías: estudos contrastivos e diversidade lingüística" que terá lugar os próximos 1 e 2 de outubro en Redeiras. O evento estará dedicado ao profesor Antonio Rifón, falecido en 2022. buff.ly/bpQj6QY

Bild

O pavillón central da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo acollerá do 17 de setembro ao 17 de novembro a exposición "Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular", organizada e comisariada por Montserrat Ribao Pereira e Antonio Chas Aguión.

BildBildBild