Bo verán! Volvemos en setembro co curso de iniciación ao euskera (@etxepareinst) e moitos máis eventos na III Semana internacional das linguas, as literaturas e a tradución. Consulta todas as actividades: llt.webs.uvigo.es Curso euskera: llt.webs.uvigo.es/curso-de-eus...
ilingua-uvigo
@ilingua-uvigo.bsky.social
iLingua é un instituto de investigación da Universidade de Vigo, que reúne persoal investigador con intereses comúns en áreas de lingua e lingüística.
Comprácenos anunciar que o iLingua foi formalmente incorporado á Red Panhispánica de Lenguaje Claro y Accesible, unha das nosas áreas prioritarias de investigación. Esperamos traballar conxuntamente co resto de institutcións para avanzar en igualdade, inclusión e xustiza social.
María Méndez Santos (@mariaparrula.bsky.social) impartiu esta semana o curso da UIMP “La variación lingüística y las nuevas tecnologías en el marco de la enseñanza-aprendizaje de ELE” xunto a María Antonia Andión Herrero e María Martínez-Atienza de Dios
Carla Míguez ven de publicar, xunto a Irene Vílchez, o capítulo "Traducción y bibliodiversidad: el lenguaje no binario como herramienta visibilizadora" no libro "La traducción editorial en el espacio ibérico. Discursos de principios de siglo". Parabéns! www.comares.com/libro/la-tra...
María Méndez ven de publicar "Actitudes hacia las variedades del español peninsular: percepción y valoración endonormativa y exonormativa de la variedad centroseptentrional, andaluz occidental y andaluz oriental" en "Estandarización y vernacularización lingüísticas en el siglo XXI" buff.ly/Nmy81bL
En "Talking about languages. Understanding Multilingualism", Rosa Alonso conversa con Viorica Marian (Northwestern University) sobre como o multilingüismo conforma a mente, o cerebro e a sociedade. Podes escoitar a entrevista completa en: tv.uvigo.es/video/6a5f72...
Ven de publicarse o libro "La traducción editorial en el espacio ibérico. Discursos de principios de siglo", editado por Ana Luna Alonso e Patricia Buján Otero. Noraboa! www.comares.com/libro/la-tra...
Carla Míguez Bóveda ven de publicar a recensión de "La traducción como herramienta de empoderamiento. Hacia una gramaticalización de lo no binario en lengua española", de Javier Arroyo Bretaño, na revista "MariCorners: Revista de Estudios Interdisciplinares LGTBIA+ y queer". Noraboa!
O 24 de setembro, enmarcada na semana das linguas, terá lugar unha mesa redonda coas autoras Paula Merlán, Ana Varela e Manuel Esteban, a tradutora Tamará Andrés e as editoriais Catro Ventos, Galaxia e Malafera. Non a perdades!
José Montero Reguera ven de publicar "Un poeta llamado Lauso, quiero decir Miguel (de Cervantes)" na revista cultural "Hasta el Tuétano". Parabéns!
María Méndez (@mariaparrula.bsky.social) participou na mesa redonda "Bridging Metaphor and Foreign Language Instruction: Perspectives across Research, Language Education, and Publishing" que tivo lugar no marco do seminario especializado "Metaphor in L2 acquisition, learning and teaching". Noraboa!
Xabier Benavides, Benigno Fernández e Ana Iglesias participaron no VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística coa comunicación "A axencia pro-galego das familias en contextos de alta minorización: sobre o éxito ou fracaso da política lingüística familiar". Parabéns!
Seguindo coa axenda da semana das linguas, o 24 de setembro, no museo Marco de Vigo, terá lugar a III Xornada Investiga, coa conferencia de Anna Doquin e presentación de pósteres sobre linguas, lingüística, tradución e literatura. Non a perdades!
Béatrice Pépin ven de publicar a recensión de "De la teoría a la poética de la traducción" de Victor Ivanovici en Colindancias: Revista de la Red de Hispanistas de Europa Central, 16. Noraboa!
O primeiro evento da próxima semana das linguas será a xornada "Letras en feminino", o 23 de setembro. Unha tertulia feminista na que contaremos con Ánxela Lema París, Elisabeth Sánchez Tocino, Leyre Martín Aizpurue e Ane Irizar Melero. Máis infomación no cartaz.
Ana Iglesias, Xabier Benavides e Benigno Fernández participaron no simposio sobre transmisión de linguas minorizadas na Universidade Rovira i Virgili coa comunicación "Ámbitos, estratexias e recursos para a reprodución familiar da lingua galega en contextos urbanos e semiurbanos". Noraboa!
O Consello da Cultura Galega organiza a xornada "Os Centros de Estudos Galegos a debate" o venres 17 de xullo en Santiago de Compostela. A xornada quere analizar a traxectoria dos Centros de Estudos Galegos como rede de difusión da lingua e da cultura galegas. consellodacultura.gal/evento.php?i...
Ven de publicarse o monográfico "Élites políticas, espacio cortesano y creación literaria en y sobre el tiempo de los primeros Trastámara", editado por Antonio Chas Aguión na Revista de Poética Medieval. Parabéns! doi.org/10.37536/RPM...
M. Teresa Caneda, vocal da International James Joyce Foundation, ven de participar no XXX International James Joyce Symposium celebrado en Cracovia cunha comunicación titulada "Painful Reminiscences: Vulnerability, Intimacy, and Grievability in Joyce’s 'The Dead' and Mary Costello’s 'Barcelona'.
En "Talking about languages. Dynamic Assessment ", Rosa Alonso conversa con Matthew Poehner (Pennsylvania State University) sobre a evaluación no ámbito educativo, especialmente a relación entre a ensinanza e a evaluación. tv.uvigo.es/video/6a3a37...
Hoxe, ás 19:00, @mariaparrula.bsky.social estará na caseta nº1 da Feira do Libro de Vigo firmando os seus libros "La lingüística del amor. De la pasión a la palabra" e "No me gusta cómo hablas (o más bien no me gustas tú)". Achegádevos! drive.google.com/file/d/1mu_N...
Carlos Valcárcel Riveiro forma parte do comité organizador do seminario ESMAS-ES+ "Ontoloxías, anotación semántica e intelixencia artificial". Tedes toda a información nas fotografías. A inscrición, gratuíta, está aberta en docs.google.com/forms/d/e/1F...
Hoxe, ás 19:00, Carla Míguez estará na caseta nº1 da Feira do Libro de Vigo firmando, xunto a Ártemis López, o seu libro "Lengua mutante. Reflexiones sobre el lenguaje inclusivo". Achegádevos! drive.google.com/file/d/1mu_N...
Hoxe deu comezo o Coloquio Internacional do Grupo NOCELBA "Espacios de poder en la Castilla tardomedieval: creación y recepción literaria", nas dependencias do iLingua. Ademais, no noso corredor, contamos coa exposición "Señoras de Castilla", todo organizado por Antonio Chas e Montserrat Ribao.
Virginia Acuña Ferreira e Alicia Sentí Janssen, participarán a próxima semana no Congresso Internacional em Ciências da Linguagem — Discursos do quotidiano, que terá lugar os días 9 e 10 de xullo en Braga. Noraboa! eventos.cehum.elach.uminho.pt/discursosdoq...
María Méndez Santos (@mariaparrula.bsky.social) participará nunha mesa redonda no seminario especializado "Metaphor in L2 acquisition, learning and teaching" que terá lugar na Universidade de Extremadura. Éxitos! eventos.unex.es/139535/detai...
José Yuste, Óscar Ferreiro e Karl Schurster veñen de publicar o capítulo "Rotondas para-traducir la ciudad" en "Traducir el espacio, interpretar el movimiento". Parabéns! www.joseyustefrias.com/wp-content/u...
Béatrice Pépin presentou a comunicación "The ethnobotanist translator: exploring Galician poet Uxío Novoneyra’s Courel Mountains (NW Spain)" no "Undisciplined Ethnobotany", congreso celebrado na Université de Montpellier (Francia) Libro de resumos: ethnobotany.org/file.php?fil...
En "Talking about languages. Vocabulary Learning", Rosa Alonso conversa con Paul Nation sobre a importancia da Ley de Zipf no vocabulario, os factores máis importantes na aprendizaxe de linguas e estratexias de ensinanza acordes á frecuencia da palabra. tv.uvigo.es/video/6a2fc9...
A nosa secretaria, María Méndez Santos, participará en setembro neste curso de formación para profesores de español como L2. Aínda estades a tempo de matricularvos: cfp.us.es/cursos/ofert...