Xornalistas Galegas

@xornalistasgalegas.bsky.social

Colectivo de profesionais das ciencias da información e da comunicación que desenvolven actividade en Galicia na defensa dun xornalismo con perspectiva feminista.

O venres 6 de marzo, como anticipo do 8M, argallamos esta conversa. Un achegamento a Begoña Caamaño desde a perspectiva de dúas compañeiras que a coñeceron moi ben, Ana Romaní e Sonia Díaz, e dunha outra, Lucía Junquera que investigou a súa obra. Coa colaboración da Lila de Lilith.

Bild

O venres 6 de marzo, como anticipo do 8M, argallamos esta conversa. Un achegamento a Begoña Caamaño desde a perspectiva de dúas compañeiras que a coñeceron moi ben, Ana Romaní e Sonia Díaz, e dunha outra, Lucía Junquera que investigou a súa obra. Coa colaboración da Lila de Lilith.

Bild

Nin alcolismo, nin unha discusión que se vai das mans. Nas manifestacións máis graves da violencia machista vemos exemplos así nos que as boas prácticas desaparecen. Necesitamos formación desde a base para integrar as recomendacións e non recuncar en erros así no tratamento informativo.

Bild

O 21 de marzo na Xohana Torres de Compostela. Xornalistas Galegas presentamos: Xornalistas contra o teito de cristal e o chan pegañento. Un debate no que participan Sonia Vizoso Antía Díaz María Varela Rosa Veiga María Obelleiro Modera Marga Tojo

No novo número da @luzes.gal achegamos 6 testemuños de galegas que sufriron violencia sexual, canda as análises de expertas na materia. "Por riba do que nos pasa, témonos que sentir culpables de non actuar como se supón que debemos, aínda sen ter ningunha garantía de que vaia ser bo para nós"

Bild

Parabéns á nosa socia @elimaral.bsky.social coordinadora deste proxecto galardoado e ás demais compañeiras do equipo de @xornalistas.bsky.social por este premio 💜

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia@xornalistas.bsky.social · 2y ago

O VI Premio Luísa Villalta concedido ao CPXG pola Deputación da Coruña foi recollido esta mañá por @elimaral.bsky.social, coordinadora do proxecto galardoado. Martíns definiu a iniciativa como "un diálogo entre o pasado e o presente" das xornalistas galegas. xornalistas.gal/novas-evento...

Eliana Martíns e Sonia Vizoso, coa obra 'Isto', de Xurxo Gómez-Chao que acompaña o galardón.

Estreamos conta participando na celebración dos 20 anos da Lei Orgánica 1/2004 contra a Violencia de Xénero nunha mesa de traballo coordinada pola Subdelegación do Goberno na Coruña, presidida pola Valedora do Pobo, Mª Dolores Fernández Galiño, e a maxistrada Paz Filgueira. #25N

Bild