Instituto da Lingua Galega

@ilgusc.bsky.social

Conta oficial do Instituto da Lingua Galega (USC)

O espectáculo 'Tres vellas na romaría', con Celso Sanmartín, Guti e Quico Cadaval, no VIII CIDS, organizado polo ILG e o Projeto ALIB. 📅14/07, 19 h 📍Salón de actos da Fac. de Filoloxía Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Actividade financiada pola Secretaría Xeral da Lingua.

Bild

Onte comezou o VIII CIDS, organizado polo ILG e o Projeto ALIB, que reúne a máis de 200 congresistas de diversos países na Facultade de Filoloxía da @usc.gal. No primeiro día homenaxeouse a Aparecida Izquierdo (UFMS), directora científica do Comité Nacional de Coordinación do proxecto ALIB.

Dolores Vilavedra, membro do noso centro, foi elixida nova presidenta do Consello da Cultura Galega. Queremos transmitirlle os nosos parabéns e desexarlle azos e unha boa andaina nesta etapa. Tamén queremos recoñecer o gran labor de Rosario Álvarez ao longo destes anos. 📸CCG @usc.gal

Bild

Podedes saber máis sobre o proxecto IDEOLINGAL, dirixido por Carme Silva e Xosé Luís Regueira, membros do ILG, no Xornal da @usc.gal.

USC@usc.gal · 3mo ago

😜 O @ilgusc.bsky.social analiza como Instagram e Tiktok modulan a percepción social do galego e permiten coñecer a lingua das xeracións máis novas. O proxecto da @usc.gal IDEOLINGAL está dirixido por Carme Silva Domínguez e Xosé Luís Regueira. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

Hoxe rendémoslle homenaxe a Begoña Caamaño, muller fondamente comprometida coa lingua galega. "Non sabería escribir, nin querería escribir doutra maneira, que desde o galego e desde o feminino; eu son muller, galega." Os mapas poden consultarse na Cartografía dos apelidos de Galicia. @usc.gal

BildBild

📢Conferencia da investigadora do ILG M.ª Xesús Nogueira no Ateneo de Santiago sobre "As mil vidas vividas de Begoña Caamaño"! 📆11/05 ⌚19:30 h 📹Transmitirase en directo no web do Ateneo e na súa canle de Youtube 🎟️Entrada libre Esta actividade está organizada polo Ateneo en colaboración co ILG.

Bild

Na vosa terra hai a tradición de colocar esta noite ramallos de xestas nas portas e nos coches para protexerse? Esta tradición está moi viva nas Rías Baixas, como hoxe nos contaba Francisco Fdez. Rei, que escoitou desde pequeno que a xesta escorrenta as meigas por ter propiedades máxicas.

BildBild

📢 A investigadora do ILG Teresa Amado presenta o proxecto colaborativo 'Falas grego e non o sabes! Helenismos no galego', xunto a outros proxectos colaborativos, na Fac. de Filoloxía da @usc.gal o 21/04, ás 12 h. A seguir, inaugurarase unha exposición con todos os traballos.

Bild

Un grupo do ILG fomos onte ver a obra 'Hamlet' do CDG, con adaptación do texto de Vanesa Sotelo e Tito Asorey e dirixida por este último. Gozamos moito desta proposta escénica e queremos transmitirlle os nosos parabéns a todo o equipo. Viva o teatro galego en galego!!

🎥 Xa podes ver o vídeo do noso seminario “Las publicaciones académicas en lingüística: una introdución paso a paso”, impartido por Josep Ausensi. 📚 Unha guía práctica para entender todo o proceso de publicación académica. ▶️ Accede ao vídeo aquí: youtu.be/Dtv2rS_NGsA?...

Seminario de formación. Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso

YouTube video by Instituto da Lingua Galega - USC

youtu.be

🗣️ Queremos darlle os nosos parabéns á primeira reitora na historia da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras. Desexámoslle moitos éxitos nesta nova etapa á fronte da USC e confiamos en que o seu mandato contribúa a fortalecer a presenza e uso da lingua galega dentro da Universidade.

Bild