A Xunta está obrigada a protexer os terreos de Altri!🌿 📣📣Desde ADEGA instamos á execución forzosa da sentenza que obriga á Xunta a restituír a protección ao territorio pretendido por Altri. ✊🏽✊🏽Non baixemos a garda. O PP está decidido a retomar o proxecto se chega ao goberno do Estado #AltriNON
ADEGA
@adegagz.bsky.social
ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA - Galician Environmental NGO - Declarada de Utilidade Pública Únete a nós! i.gal/asociate_adega
🎙️#RadioCerna | Escoita esta e as demais novas desta última semana, no último episodio de Radio Cerna! 👉🏼Xa dispoñible en Ivoox e en adega.gal/radiocerna . . O Proxecto Cerna conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña
😊🐝Así quedou o hotel de insectos feito polo alumnado de infantil do CEIP Pedro Caselles Rollán! 📦🌱Cunha caixa de botellas, canas, piñas e cartóns, construímos este refuxio para insectos que instalamos no patio, onde a ANPA e a comunidade educativa están a construír un xardín para polinizadores.
📣Decreto dos nitratos: a Xunta segue instalada no negacionismo e na burla á sentenza do TSXG sobre as augas da Limia... É o goberno dos xurros e para os xurros! ✍🏽Toda a info: adega.gal/novas.php?id...
📣📣ADEGA alega ao parque eólico Ferromolín polos seus impactos sobre a biodiversidade, o territorio e os incendios 🌱👉🏼Alertamos das eivas do estudo ambiental dun proxecto de 27 MW previsto entre Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e Oencia, afectado polo gran incendio de agosto de 2025.
🌊😊Ven coñecer o litoral de Cangas e descubrir a Costa da Vela: un mosaico de ecosistemas naturais de gran riqueza e diversidade. 📆Domingo, 1 de nov 🏖️Costa da Vela/Cabo Home, Cangas 🕚11:00 -13:00 🗺️ Punto de encontro: maps.app.goo.gl/y3rrSTMBkgC9... Prazas limitadas! Inscríbete en i.gal/roteiroVela
🌿Encontro Ecoloxista 2026 da FEG 📅O sábado 24 de outubro, a Federación Ecoloxista Galega, da que ADEGA forma parte, celebra o seu II Encontro Ecoloxista para debater sobre os retos do ecoloxismo no contexto xeopolítico actual. 💚Contamos contigo? Inscríbete en federacionecoloxistagalega.org
🌳O eucalipto, totalmente descontrolado en Galiza! 📄👉🏼Desde ADEGA reclamamos á Valedora do Pobo que abra unha investigación pola actuación neglixente da Xunta de Galiza no control desta especie. ⚠️E a situación agravarase coas novas medidas de flexibilización da moratoria anunciadas recentemente.
📣🌱Cae o proxecto eólico Muracais, proxectado na Fonsagrada, Baleira e Castroverde. 👉🏼O Goberno español emitiu para el unha Declaración de Impacto Ambiental desfavorábel. 💚Parabéns a toda a veciñanza que se organizou en defensa do territorio. Por modelo enerxético xusto e sustentábel. COMPARTE!
Xosé Manuel Beiras. Sempre connosco, sempre en Galiza! Beiras estivo connosco desde o mesmo día da fundación de ADEGA, ou se callar, antes desta. Velaquí o noso "até sempre" a unha persoa de referencia no eido político e do pensamento ecoloxista galego, autor da carta fundacional desta asociación.
📣Estivada, novo proxecto eólico paralizado pola xustiza polos seus impactos ambientais! 👉Esta vitoria é posible grazas á campaña de micromecenado #TiPodesParalos, pola que ADEGA conseguiu reunir os fondos necesarios para afrontar o proceso xudicial. A todas as persoas doantes, grazas!💚
🌊🗑️Primeiros resultados da XV Limpeza Simultánea de Praias! Aínda quedan moitos datos por recadar, pero xa podemos adiantar os primeiros resultados desta edición: cerca de 400 persoas retiraron máis de 700 kg de lixo dos nosos areais! 💪🌿 Grazas a todo o voluntariado!
⚖️O traslado de centos de litixios eólicos da sección terceira á segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza é un feito inédito, ilegal e que satisfai as pretensións da Xunta e da patronal eólica. Seguiremos loitando por unha transición enerxética ao servizo das persoas e non do capital✊🏽
📣⚠️A coordinadora "Eólica Así Non" denuncia o desamparo do Consello Xeral do Poder Xudicial e da presidencia do TSXG ante o traslado masivo de preitos eólicos a outra sección xudicial. Toda a info: adega.gal/novas.php?id... #EólicaAsíNON
⚡A Xunta de Galiza tramita unha liña de alta tensión que ameaza o patrimonio natural e cultural das bestas de Sabucedo 🐴 👉ADEGA e Amil sen eólicos lanzamos unha campaña de doazóns #TiPodesParalos para financiar a loita xudicial fronte a esta infraestrutura. Infórmate e DOA: adega.gal/picotourinan
✊🏽⚖️👩🏼⚖️Iniciamos a loita xudicial contra a urbanización das nacentes do río Rato, en Lugo 📣Grazas ás máis de 200 doazóns recibidas, podemos afrontar con garantías os custos das accións xurídicas necesarias para procurar frear no TSXG a ampliación do polígono do Ceao.
📣📺A plataforma en defensa dos medios públicos, da que ADEGA fai parte, denuncia a manipulación insoportable e esíxelle á dirección da TVG e a Radio Galega respecto polos principios de veracidade e pluralismo, así como a diferenciación entre información e opinión. 🌿Info: adega.gal/novas.php?id...
🌊 Xa está aquí a XV Limpeza Simultánea de Praias, con case 40 iniciativas ao longo de toda a costa galega! Descubre neste mapa as convocatorias previstas para esta fin de semana e únete: i.gal/xvlimpezapra... 💪 Fai parte desta gran marea de persoas comprometidas coa protección do noso litoral!🌊
😊🙌🏼Mans á terra! Onte realizamos un obradoiro do programa #DaEscolaÁGranxa canda ao CEIP de Monforte de Lemos. 🪻🌼Desta volta, plantamos un bancal de aromáticas para contribuír á polinización natural. As crianzas do centro público de Monforte arremangáronse para plantar romeu, tomiño e lavanda.
Mañá, Día do Traxe Galego coa Eira da Xoana! Agardámoste no Castelo de Pambre ás 12:00h😊
🌊O 18 de outubro, véspera do Día Mundial contra o Cancro de Mama, ADEGA e ADICAM unimos forzas na XV Limpeza Simultánea de Praias para coidar o noso litoral, sensibilizar sobre a importancia de protexer o medio natural e visibilizar a forza das redes de apoio! ✏️Anótate aquí: i.gal/limpezaADICAM
📢🌳Este vindeiro luns, colaboramos coa xente do monte dos Pozos (Valadares, Vigo) na presentación do movemento contra a construción dun glamping resort de luxo no monte veciñal. Anímate a vir, a informarte do que está a pasar e a compartir un bo momento en comunidade! Vémonos alí!💚🌿
📣☢️Desde ADEGA-A Coruña denunciamos a reunión anual que a Sociedade Nuclear Española está celebrando estes días na cidade. Toda a info: adega.gal/novas.php?id...
Home de ideas e de sentir ecoloxista. Beiras foi un economista de referencia desde unha perspectiva de país, un dos fundadores de ADEGA e un abandeirado do pensamento crítico en defensa da terra. A súa pegada ficará por sempre. O noso pésame á familia e ás amizades. Que a terra lle sexa leve.
NON PROHIBADES O GALEGO!📣 📍Hoxe participamos na protesta convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para denunciar a liquidación dos acordos sobre a lingua galega por parte do actual goberno da Xunta. QUEREMOS GALEGO dentro e fóra das aulas!👅 #queremosgalego #emerxencialingüística
‼️Iberdrola e Naturgy pretenden bombear 75.000 l/s para a construción dunha central hidroeléctrica na Ribeira Sacra. Desde ADEGA solicitamos ese mesmo caudal para usos ambientais👇
Novos obradoiros de agroecoloxía aplicada ás hortas urbanas!🌱💚 🗨️ Impartidos por Lucía Ferreira 🍅🍈Afonda nos principios da agroecoloxía e na súa aplicación práctica en espazos de cultivo urbanos. ✍🏽✍🏽INSCRICIÓNS: i.gal/agroecoloxia_outubro Co apoio do @concellosantiago.bsky.social
💧Ata aquí chegou a XIX Limpeza Simultánea de Ríos, cun gran resultado: 933 persoas voluntarias e 13 toneladas de lixo retiradas dos ríos galegos! Desde o Proxecto Ríos queremos facer un agradecemento a todas as participantes desta gran xornada de voluntariado ambiental. Vémonos o ano que vén?😊
🌊🐚Desde ADEGA-A Coruña apoiamos o manifesto para a rehabilitación ambiental de Baldaio proposto polo Grupo Naturalista Hábitat Por unha recuperación ecolóxica integral para este valioso espazo natural! Toda a info: adega.gal/novas.php?id... COMPARTE!