Fixen esta foto dunha das miñas pezas de arte popular favoritas d'A Coruña que, ademais, é unha pista bastante (BASTANTE) clara do tema do vindeiro fanzine de Edicións Defectuosas. #MAL20
Edicións Defectuosas
@ed-defectuosas.eurosky.social
Facemos fanzines porque algo hai que facer. - Os nosos fanzines: linktr.ee/Ed_Defectuosas O noso mail: ed.defectuosas@gmail.com
Levo uns días escoitando moita música tristeira sen andar eu (creo) especialmente melancólico. Pois acaba de chegarlle o turno ao meu Vietnam particular, un dos meus discos favoritos pero que se me pilla coa garda baixa (non é o caso, xa digo) acaba comigo.
Pechou (hai uns días, vou tarde coma sempre) A Vella Fábrica de Lapis, que era unha parada obrigada cando ía por Ferrol e a miña tenda de cabeceira para as cousas de debuxar. Mesmo cheguei a expoñer alí os debuxos dos memes que deixo de cando en vez por aquí! 🥲
Como se supón que teño que xestionar este festivo (local, do concello no que traballo) no medio da semana?
Isto está fóra de control. Teño que empezar a desbrozar.
Ultimamente uso o Spotify sobre todo como unha sorte de repositorio, e cada ano fago unha lista na que boto as cancións que me van gustando co propósito de chegar a decembro cun máximo de 75. Pois ben, este ano (coma case sempre) aínda non rematou agosto e xa van case 150 cancións aí metidas.
O vindeiro fanzine de Edicións Defectuosas sairá xa (seguramente) o ano que vén, estará dentro da nosa (non moi exitosa) temática Betanzos-core e tratará sobre cousas que había e xa non hai (aínda que algo quede delas). Vaise titular AQUÍ HOUBO COUSAS. #MAL20
Hoxe cando espertei tiña esta canción na cachola, en concreto o verso que di que "hoy se arregla y mañana se estropea". Polo que sexa. hijauhusb.bandcamp.com/track/me-ha-...
ME HA PARECIDO QUE ESTUVO EN MI CABEZA, by HiJauhUsb?
from the album LA ESTRELLA DE DAVID - CONSAGRACIÓN
hijauhusb.bandcamp.com
Logo de moitos anos mercando discos por Bandcamp, onte tocoume abrir a miña primeira reclamación. E non pensedes que o problema o tiven cuns rapaciños que venden aí a súa música (esa xente adoita ser sempre majísima), foi cun selo (diría que) serio.
Se as matemáticas non me fallan, dado que o fanzine dos gatos foi a referencia 19 de Edicións Defectuosas a seguinte debería ser a número 20, así que se cadra hai que tolear* e facer algo especial. #MAL20
O venres chegou o TEMPORAL á Casa Defectuosa.
Haberá que deixar por aquí o primeiro #ForzaBreo da tempada.
Outra mostra da planificación milimétrica de Edicións Defectuosas: tiña un fanzine a medio facer pero hai uns días decateime dunha cousa e comecei outro, que vai saír antes que o primeiro no que andaba traballando.
Outra clienta satisfeita! Se ti tamén queres que che manden cousas, en Edicións Defectuosas mandamos cousas.
Aiiii, os gatos sempre aledan o día. Que sempre teñas quen che mande cousas! Grazas @ed-defectuosas.eurosky.social 😽
Isto évos unha cousa (sen ser eu o maior fan nin do versionado nin dos versioneadores): youtu.be/m_yZkVv6ULs?...
Ezra Collective cover Bad Bunny’s NUEVAYoL' in the Radio 1 Live Lounge
YouTube video by BBC Radio 1
youtu.be
Tamén podedes facer fanzines. Son case coma os blogs, pero a maioría deles son pequenos e poden levarse medio engurrados no peto de atrás do pantalón (o que vos dará un look bastante sexy).
Se non vos apetece facer un blog, teño boas noticias: case ninguén o vai estrañar. É moito máis importante (e moito máis antifascista) facer cousas que non sexan en internet, como participar en asociacións, colectivos, sindicatos, etc.
Onde ti só ves uns asentos do mobiliario urbano, un empresario hostaleiro con mentalidade de tiburón ve o sitio perfecto para chantar unha mesa da súa terraza e aforrar un par de cadeiras.
Un debuxo rápido e pequeno de domingo... baseado en feitos reais. Hai un anaco estaba a veciña de en fronte asomada a unha esquina da fiestra mirando nonseiqué e creo que se asustou cando me viu. Perdón, veciña!
Aínda que onte dixen que O MONSTRO DOS GATOS era unha boa lectura de sábado, tamén podedes lelo o domingo (ou calquera outro día, non vou andar avisando toda a semana).
Se precisas algo de lectura para este sábado solleiro, O MONSTRO DOS GATOS xa está accesible dende o noso Drive (e tamén tódalas publicacións anteriores de Edicións Defectuosas!): linktr.ee/Ed_Defectuosas
Camiño de Montealto para ver a Portosanto. Pero sobre todo, supoño, para que me impongan el gallego.
Foi divertido ler comentarios de xente enfadada moi enfadada.
Se precisas algo de lectura para este sábado solleiro, O MONSTRO DOS GATOS xa está accesible dende o noso Drive (e tamén tódalas publicacións anteriores de Edicións Defectuosas!): linktr.ee/Ed_Defectuosas
Ed_Defectuosas Official: X | Linktree
Facemos fanzines
linktr.ee
Tremendo cartelazo do Equipo SOPA (meteríalle man @jabimedina.bsky.social?) para o docu de @myanllo.bsky.social sobre Ana Kiro (ningún nome malo en todo isto, eh?). www.diariodesantiago.es/wp-content/u...
diariodesantiago.es
Fun a Correos para mandar uns fanzines e repetiuse a miña clásica discusión sobre o formato normalizado que teño cada vez que me atende unha persoa nova. A miña relación con Correos éche unha cousa de amor-odio. Eu quero querelos pero non mo poñen doado.
Onte saquei a enerxía que precisaba para afrontar o luns do novo disco do Índio da Cuíca, así que vou botar o que queda de semana a puro samba. qtvlabel.bandcamp.com/album/zing-z...
ZING ZING, by Índio da Cuíca
11 track album
qtvlabel.bandcamp.com
Aínda queda algunha copia do fanzine dos gatos! Se queres un podes deixar unha mensaxe por aquí ou mandar un mail.
Nunca fun moi fan desta muller, pero ante isto só podo dicir: FUÁ ♥️ youtu.be/qiJAE06tLl4?...
Preséntovos a RULETA GATUNA de Edicións Defectuosas, a vosa ferramenta de cabeceira cando teñades que tomar decisións difíciles. A continuación explícovos como funciona.