7.11.26 EL PROGRESO "O presidente narcisista, megalómano e manipulador xa perdeu 'autoridade'. Xa comezou a súa fase de ‘caída’. Atravesado por unha fonda indixencia intelectual e á vez por un ridículo e fachendoso sentido de superioridade, o ‘indignatario’ acabará tocando o chan".
Miguel Anxo Fernán Vello
@fernanvello.bsky.social
Escritor / Editor / Pintor. Fundador e director de Edicións Espiral Maior (1991). Deputado no Congreso XI-XII lexislaturas. Escribe en El Progreso de Lugo.
31.10.26 EL PROGRESO "Lula da Silva xa é por dereito próprio e por práctica política demostrada un dos mandatarios máis importantes da historia da América Latina e do panorama internacional do noso tempo" (...)
24.10.26 EL PROGRESO Se tivésemos que reducir a dous nomes —neste caso pensándomos en mulleres— o que entendemos, no sentido máis amplo, por ‘elegancia’, non dubidaríamos en sinalar a identidade de Claudia Sheibaum, presidenta de México, e a de Silvia Intxaurrondo, recoñecida xornalista vasca.
Outra obra que 'voa'. "O camiño da seiva. Poema" (Técnica mixta sobre táboa, 35x25, 2024)
17.10.26 EL PROGRESO (...) "A poesía de Pilar Pallarés, esixente sempre na forma e no fondo (existencial), proxecta sobre nós unha extremada conciencia emocional que logra fundir o específico, o preciso, cunha refinada abstracción que atravesa o espírito leitor".
10.10.26 EL PROGRESO (...) "Sen dúbida, Beiras é, á par de Castelao, a personalidade política máis sobranceira, e máis decisiva en diferentes planos, da historia da Galiza contemporánea".
26.9.26 EL PROGRESO (...) "Na hora da morte do poeta, romancista e investigador, o Presidente da República, José António Seguro, emitiu un comunicado no cal lembrou a súa faciana como historiador, "figura incontornável da divulgação da literatura e da cultura portuguesas"
19.9.26 EL PROGRESO (...) "A doutora en Psicoloxía estadounidense Gloria Mark ten demostrado que o que se denomina ‘atención sostida’ non é só un fenómeno xuvenil, pois a capacidade para concentrarse e ‘entender’ un texto ten caído entre os adultos un 70% en dúas décadas".
Das últimas obras: "Xardín azul en Lisboa" (Técnica mixta sobre táboa, 30x20)
(2) NOVA SERIE: 3 obras sobre lenzo (Técnica mixta, 28x33) baixo o título"Paisaxes dende o Branco". Sigo a ter en conta aquí (como na publicación anterior) a afirmación do escritor e filósofo suízo Henri-Fréderic Amiel cando di nos seus "Diarios" que “un paysage quelconque est un état de l’âme".
(1) NOVA SERIE: 3 obras sobre lenzo (Técnica mixta, 53x23) baixo o título"Ceos interiores". Eu teño en conta aquí a afirmación do escritor e filósofo suízo Henri-Fréderic Amiel cando di nos seus "Diarios" que “un paysage quelconque est un état de l’âme".
EL PROGRESO 12.9.26 "O certo é que nas campañas políticas da AfD non é estraño ver participantes coa inscrición “88”, código que significa “Heil Hitler”, e tamén se ten detectado a presenza de ‘rapeiros’ neonazis e de activistas con símbolos diversos que deixan ver a esvástica hitleriana.
CADROS QUE 'VOAN'. Un é de 'medio' formato e outro de 'gran' formato. O 1º é unha "Homenaxe a Ana Hatherly", gran poeta e artista plástica portuguesa con quen tiven a fortuna de manter unha fermosa amizade. O 2º pertence a unha 'serie' dedicada a un gran pintor e amigo inesquecíbel: Luis Caruncho.
Voltamos ás 'sesións' do Clube de Lectura de Espiral Maior Foro de Carballo. E reafirmarémonos, nesta ocasión, na mestría literaria de Xosé Antonio Andrade.
"I CONGRESO DO REICH EN WEIMAR (1926). Celebrouse o II congreso nacional do partido (o primeiro oficial con esa denominación en Weimar), no que se puxo de manifesto a forza das Xuventudes Hitlerianas e das SA, rearmadas tras o fracaso do golpe de Múnic". 100 ANOS DESPOIS: NEONAZISMO TRIUNFANTE
5.9.26 EL PROGRESO "A peste ubérrima de insultos, xa naturalizada, que vivimos na actualidade —sobre todo no debate político—, fai que lembremos a aquel Lacan que establecía que un dos obxectivos dos insultos é facer que o ‘outro’ sexa abaixado á categoría de ‘obxecto’, e desta maneira ‘destruíIo’"
29.8.26 EL PROGRESO "Fica ben claro que os movementos de extrema dereita hoxe en día actuantes parten de ‘libros de estilo’ que recoñecen a violencia fascista como necesaria vía política de carácter ‘purificador”, desestabilizadora da democracia e clave para a obtención do poder".