Fóra de Mapa

@forademapa.bsky.social

O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con María Sabarís @msabaris.bsky.social en Londres e Juan Vergara @dosdorei.bsky.social en Bruxelas

Hai 35 anos Nagorno Karabakh proclamaba a súa independencia da URSS. Daquela a maioría armenia do país levaba anos demandando a separación de 🇦🇿 e a integración en 🇦🇲, e preparándose pra un conflito armado con Baku. Este estalaría ó cabo de 3 semanas e só remataría en 2023.

BildBild

Hai 98 anos era coroado Zog, o 1º e único rei de 🇦🇱. Zog era un oligarca rural do norte, que fixo carreira política en Tirana chegando ó poder e coroándose a si mesmo rei. Era un tipo moi particular, fumaba 150-200 cigarros ó día e sobreviviu 55 intentos de asasinato.

Bild

Hoxe é o día internacional da lingua romanesa, falada por 22 millóns de persoas, fundamentalmente en 🇷🇴🇲🇩 con pequenas minorías en 🇺🇦🇷🇸. Porén, a lingua ten curmáns pequenos na península balkánica como o arromanés e meglenoromanés en 🇬🇷🇦🇱🇲🇰 e máis o istro-romanés, en Istria 🇭🇷

A nosa lingua, o himno nacional moldavoBild

Un saúdo ós seguidores en 🇹🇷 que hoxe celebran o día da victoria. Recordan a batalla de Dumlupınar, no interior do país en 1922. Nesta o exército dos nacionalistas 🇹🇷 liderado por Ataturk derrotaba ás forzas 🇬🇷, o que provocou a súa desbandada. En 18 días abandonaban Anatolia.

BildBild

Tal día como hoxe, en 1990, Tatarstán, unha Rep. autónoma dentro de 🇷🇺 proclamou a súa soberanía. Daquela aínda se contaba cunha reforma da URSS máis pequena e confederal. Coa disolución da URSS, Tatarstán 1º opúxose a Moscova e logo negociou unha gran autonomía dentro de 🇷🇺

BildBild

Hoxe hai 82 anos o pobo e exército 🇸🇰 rebelábanse contra o III Reich e máis o estado colaboracionista eslovaco. Foi un dos levantamentos máis grandes da IIGM, os sublevados chegaron a controlar amplas rexións do centro de 🇸🇰. A resistencia de 80K eslovacos durou 2 meses.

BildBild

Panos Kammenos, ex-ministro de defensa 🇬🇷 (nun dos gobernos de Tsipras) eloxia a Ratko Mladic chamándoo patriota ortodoxo. Compre lembrar que unha unidade de voluntarios🇬🇷 (Grecia) bastante nazis, a Garda de Voluntarios 🇬🇷, loitou cos serbobosnios e participou no xenocidio de Srebrenica.

O chío do KammenosFacucaxe da Garda de Voluntarios Grega en BosniaFacucaxe da Garda de Voluntarios Grega en Bosnia

O Parlamento 🇩🇰 ven de aprobar compensacións ás mulleres de 🇬🇱 que foron esterilizadas de maneira forzada, entre os 60s e 1991. A máis de 4000 mulleres e mozas groenlandesas, algunhas de só 12 anos, foilles colocados DIUs sen o seu consentemento www.bignewsnetwork.com/news/2792691...

Denmark to compensate Greenlandic women over forced contraception

Denmark approves $47,000 payouts for Greenlandic women subjected to contraception without consent Read Full Article at RT.com

bignewsnetwork.com

🚨🎙️Temos novo petisco sobre o complexo sistema político de 🇧🇪 No país do surrealismo levan 50 anos reformando o estado co fin de encaixar as diferenzas, anseios e dificultades das diferentes comunidades do país. E máis ou menos o país vai funcionando www.ivoox.com/en/petisco-l...

#Petisco lixeiro. O sistema político belga - Fóra de Mapa - Podcast on iVoox

Listen to this episode of Fóra de Mapa for free on iVoox. Bélxica é un dos países politicamente máis complexos de Europa: tres linguas oficiais, tres comunidades lingüísticas, tres rexións e unha chea...

ivoox.com

O criminal de guerra serbobosnio Ratko Mladic ven de morrer en prisión ós 84 anos. Levaba preso desde 2011. Fora condeado a cadea perpetua polo Tribunal Penal Intern. para a exIugoslavia por crimes contra a Humanidade, crimes de guerra e o xenocidio de Srebrenica 🇧🇦

BildBild

Hoxe, a declaración de independencia de 🇲🇩 cumpre 35 anos. Ten moita relevancia lingüística: nela establécese que o romeno é o idioma de 🇲🇩. En 1994, a Constitución do país optou polo moldavo, pero o TC determinou que a declaración de independencia prima sobre a Constitución.

Enquisa lingüística recente coa pregunta que lingua falas na casa? a barra azul é pra diáspora e a morada pros moldavos no país.

Coñecedes ós levantinos? Durante séculos nas cidades portuarias do Mediterráneo oriental conviviron diversas comunidades (turcos, gregos, xudeus, armenios...) e europeos vindos dos estados da península Itálica ou 🇫🇷 pra facer negocios e comerciar. Hoxe aínda quedan algunhas destas familias en 🇹🇷

Hoxe, hai 34 anos, os habitantes de Sarajevo espertaban coa noticia da destrución da súa Biblioteca Nacional a mans do exército da Rep. Srpska. Daquela, a cidade levaba case 4 meses de asedio. Aínda tería que resistir outros 3 anos e medio nos que morrerían máis de 5000 civís.

BildBild

Hoxe 🇺🇦 cumpre 35 anos como estado independente. No 1991, logo do fracaso do golpe de estado da rama dura do PC da URSS contra Gorbachov, a Rada ucraína votou a independencia do país (346 votos 👍 1 👎). O pobo 🇺🇦 apoiaría a decisión o 1 de decembro nun referendo (92% a favor)

Bild

Tal día como hoxe en 1797, a cidade Perast 🇲🇪 arriaba por derradeira vez a bandeira da república de Venecia. O estado fora disolto pola 🇫🇷 napoleónica en maio dese ano, pero Perast mantívose leal á república convertíndose no último vestixio da república máis lonxeva da historia

BildBild

Hai 51 anos un grupo de militantes armados do grupo Action Régionaliste Corse asaltaba unha adega na vila de Aleria co fin de denunciar a ocupación de terras agrícolas por parte dos pied-noirs vindos de Alxeria. Esta acción supuxo o nacemento do nacionalismo corso moderno

BildBild

En 🇦🇱 os bektashis do país e da redonda comezaron a peregrinaxe anual ó monte Tomorr, un pico sagrado pra esta orde relixiosa ☪️ e mítico pra nación albanesa. No cima da montaña hai un santuario e todos os anos se reunen miles de bektashis pra rezar, alternar e comer carneiro

O líder supremo dos Bektashis, Baba Mondi rodeado doutros líderes da orde sufí
O cumio do monte Tomorr, cun santuario bektashi

Hai 35 anos celebrábase o picnic pan-europeo, un evento no que miles de húngaros, austríacos e alemáns se xuntaron a comer onda a fronteira 🇭🇺🇦🇹 aberta durante unhas horas. Centos de alemáns da RDA aproveitaron pra fuxir a 🇦🇹 O evento axudou a acabar coa división do continente.

BildBild

Hai 36 anos os gagauzos, unha pequena minoría étnica turcófona e cristiá ortodoxa, proclamaban a Rep. de Gagauzia coa que pretendían separarse da RSS de 🇲🇩, e integrarse como república nunha URSS reformada. Esta decisión foi unha reacción ó auxe do separatismo moldavo

Bild

O verán é tempo de casamentos, especialmente pras diásporas balkánicas que voltan a casa pra arrenxar parella local e de familia coñecida. Con certeza as vodas + pintorescas son as das minorías gorani (musulmáns eslavos das montañas en 🇽🇰🇲🇰🇦🇱) e pomaka (musulmáns bulgarófonos en 🇬🇷 e 🇧🇬)

Noiva pomakaNoiva gorani

Hai 52 anos comezaba un cese o fogo entre 🇹🇷 e 🇨🇾 que se mantén até hoxe e que tronza a illa en 2 partes (ou 4 coas bases de soberanía 🇬🇧 e a zona verde controlada pola 🇺🇳) A pesar de numerosas negociacións, mediación e fondos 🇪🇺 pra reforzar o diálogo a illa sigue dividida.

Bild

Tal día como hoxe, hai 92 anos o maltés era recoñecido como lingua oficial. Daquela 🇲🇹 era un territorio do Imperio 🇬🇧 sobre o que a 🇮🇹 fascista tiña apetencias territoriais. Coa decisión buscábase reducir o peso do italiano, a lingua das clases educadas na illa durante séculos

Tal día como hoxe, en 1461 os exércitos otomanos entraban en Trebisonda, rematando co dominio grego e ortodoxo sobre o Ponto, hoxe 🇹🇷. Porén, a conquista otomana non supuxo un reemprazamento da poboación. Millóns de gregos viviron nese curruncho de Anatolia até 1923.

BildO emperador David de Trebisonda rendindo  a cidade ó sultan Fatih

🚨🎙️ Petisco de verán! onte publicamos un sobre Gagauzia, a rexión autónoma de 🇲🇩 con falantes túrquicos, de fe ortodoxa e que miran a Moscova. Nos 90s buscou a súa independencia pero finalmente os gagauzos acordaron unha ampla autonomía con Chisinau www.ivoox.com/en/petisco-l...

#Petisco lixeiro. Gagauzia - Fóra de Mapa - Podcast on iVoox

Listen to this episode of Fóra de Mapa for free on iVoox. Gagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe...

ivoox.com

Tal día como hoxe en 1937 comezaba a campaña de limpeza étnica contra a poboación polaca cometida pola URSS. A campaña conlevou a execución de 111K polac@s, un 20% dos polac@s da URSS, a gran maioría deles homes. As mulleres foron deportadas a Asia Central e Siberia.

Monumento de recordo ás vítimas en Polonia
Unha copia da  Orde No. 00485

Desde este mes de agosto o ensino do frisio será obrigatorio en todas as escolas e niveis educativos en Frisia 🇳🇱. Ademais reforzarase o ensino da cultura e tradicións do país. A medida foi apoiada por todos os deputados da asemblea rexional de Frisia www.iamexpat.nl/education/ed...

Friesland introduces new core objectives for Frisian education

Frisian language will become mandatory in schools across Friesland by 2030. Learn how new educational policies aim to revive the language and Frisian culture.

iamexpat.nl

Hoxe é o día mundial dos pobos indíxenas, e en Europa temos un: os sámi no norte de Escandinavia 🇳🇴🇸🇪🇫🇮 e 🇷🇺. Até hai ben pouco tempo mantiveron a súa vida transhumante tradicional, ritos e relixión propias e foron vítimas de políticas coloniais e racistas pra asimilalos.

BildBild