Hoxe presentamos en Compostela o noso programa electoral "100+15" para estas Xerais 2026: 100 medidas de transformación social e 15 propostas pensadas desde e para Galicia. Isto só acaba de empezar! Acompáñasnos? ✊
Fronte Ampla
@fronteampla.gal
Xuntarse para medrar. Medrar para gañar. Gañar para vivir. Apoia en fronteampla.gal
Esta noite comeza a campaña E ti es protagonista Únete aos nosos equipos de voluntarias en: 🔗 Ligazón na bio
❌UGT-Galicia denuncia o ataque cun artefacto explosivo que acaba de sufrir a sede do Sindicato en Vigo ⚠️Esta é a consecuencia do clima de polarización e odio que están a impoñer algunhas organizacións, creando un caldo de cultivo perigoso www.ugtgalicia.org/ugt-galicia-....
Toda a nosa solidariedade con @ugtgalicia.bsky.social e co seu Secretario Xeral, Cristóbal Medeiros, tras a explosión sufrida onte na súa sede de Vigo. Mandamos unha forte aperta a todo o sindicalismo que onte volveu amosar a súa forza nas rúas.
A vésperas da Folga Xeral, reunímonos coas mulleres do SAF para escoitar as súas demandas. 📢 Apostamos por unha xestión totalmente pública do servizo, pola súa saúde laboral e polos seus dereitos. Por isto e por moito máis, mañá Folga Xeral 11N sairemos ás rúas! ✊
Mirar atrás e agradecer todo o camiño feito, para seguir facendo camiño 🫂.
A historia demóstranos que os dereitos laborais e sociais nunca foron un regalo: foron conquistas da clase traballadora. Por iso este mércores 11N estaremos nas rúas poñendo o corpo. Porque será a mobilización na rúa a que fará chegar as nosas demandas ás institucións.
O negacionismo climático non pode ter cabida no Goberno. Negar a crise climática é darlles as costas ás nosas mariscadoras e ao noso litoral.
Continuamos coas nosas xornadas territoriais, esta vez en Noia📍. Aproveitando o contexto, puxemos o foco de xeito prioritario na costa e no marisqueo, escoitando as necesidades urxentes do sector, propoñendo como proposta un Plan Galego de Recuperación dos bancos marisqueiros.
Dende a Fronte Ampla apostamos por un Federalismo Plurinacional e un Estado en rede que reparta o poder e a riqueza. O voto útil é o voto que dá maior autogoberno e maior xustiza social.
Hoxe tivemos o encontro 'O modelo de Estado da Fronte Ampla: cara un Federalismo Plurinacional' Somos un país de países e dende Fronte Ampla sabémolo.✊
Taxa ao rico! ✊ Redistribuír a riqueza é unha cuestión de xustiza. Fronte Ampla é a garantía para facer realidade un Goberno de progreso que se atreva a darlle a volta ás prioridades. Comparte e difunde! 🔄
👉En Galicia a Taxa ao rico afecta a 10.000 persoas e permitiría recadar 415 millóns de euros ao ano, suficiente para construír 200.000 vivendas protexidas ou financiar todo o orzamento galego de I+D+i. Comparte e difunde! 🔄
Que é a Fronte Ampla en Galicia? Somos a unión que impulsa o progreso. Os avances dos últimos anos non chegaron por casualidade. Para seguir gañando dereitos e frear á dereita e á extrema dereita, necesitamos unir forzas.
Hoxe reunímonos na sede de @ccoogalicia para falar sobre a Folga Xeral do 11 de novembro. Hoxe é ademais un día de celebración: celebramos o anuncio da subida do SMI un 5,3%. ✊ Pero non nos detemos aquí: precisamos que suban todos os soldos e garantir un teito digno para a clase traballadora.📢
Imos protexer os nosos barrios, frear a especulación e asegurar que as institucións estean ao servizo da maioría social. 🤝
Esta é a candidatura da vivenda. Dende hoxe están rexistrados os pregos da ILP por unha vivenda digna. A nosa prioridade é clara: a vivenda é un dereito, non un negocio.
Máis de 700.000 pensionistas galegos e galegas non teñen a súa pensión garantida se goberna a dereita. ⚠️ Fronte a quen busca precarizar e baleirar o público, dende Fronte Ampla témolo claro: as pensións non se recortan, deféndense. O voto útil é de quen protexe os teus dereitos. 🗳️
📢 ACTO ABERTO A TODA A CIDADANÍA! Presentamos o noso modelo de Estado e queremos facelo contigo. Vémonos o sábado 7 de novembro ás 12:30h no CSC Ensanche de Santiago de Compostela.
O voto útil é o que subiu o salario e ampliou os permisos de maternidade. Hoxe estivemos na Pobra presentando ao noso candidato número un pola Coruña, Xosé Lois Piñeiro. Unha candidatura pegada á realidade dos concellos, escoitando o municipalismo e atendendo ás necesidades reais da xente.
Orgullosas do feito 🙌🏿 E queremos máis! Imos blindar o aborto e garantir unha sanidade pública e universal. Unha Fronte Ampla polo dereito a sanidade e contra a privatización que nos quere impor a dereita de Quirón & friends.
Defendemos e defenderemos a sanidade pública. Contra a privatización e o recorte de servizos: Fronte Ampla.
Hoxe, en Vigo, defendimos xunto a SOS Sanidade Pública o fin da privatización do noso sistema sanitario. O próximo 29N defendamos o público! ✊
✊ Fronte Ampla planta cara á dereita: ningunha pensión por baixo do SMI, xubilación aos 65 anos e comedores escolares gratuítos de 0 a 16 anos. Os avances económicos teñen que traducirse en dereitos para a maioría, non en privilexios para uns poucos.
Volvemos a poner el tope de los precios encima de la mesa. Porque no puede ser que haya algunos que estén haciendo caja con una tragedia. Necesitamos una ley que evite estas prácticas en situaciones como la que está viviendo nuestro país. Las derechas deben decidir con quién están.
Cuando el país sufre, no puede haber quien aproveche para aumentar beneficios. El Ministerio de Consumo trabaja para recuperar cuanto antes el tope de precios en situaciones de catástrofe.
📩 Tes ata mañá sábado 31 de outubro para solicitar o voto por correo se estás temporalmente no estranxeiro (voto ERTA). Se coñeces alguén nesta situación, COMPARTE! Que non se perda nengún voto.