A Hedreira

@hedreira.bsky.social

Centro social autoxestionado en Lugo. Móvenos a cultura alternativa, a creación colectiva, a xustiza social e a defensa do territorio. Podes informarte e afiliarte en: ahedreira.org Rúa Catasol, 17 | Lugo

Se hai quórum ofrecemos obradoiro de inglés para os luns o martes pola tarde. Se che interesa apúntate por email indicando cando poderías asistir. Para nivel inicial e medio, enfocado a competencias orais.

Bild

🤳📱"Fai o teu móbil seguro e privado" impartido por membros de "Enxeñería sen Fronteiras". Necesario inscribirse a través do teléfono do cartaz ou usando o QR. Quorum mínimo de 10 persoas.

Bild

A cea de xullo estará chea de comida fresquiña e boa compañía 🥗🌞 Ese mesmo día, o 16, temos o obradoiro de cociña solar, animámoste a apuntarte a ambos e a combater a calor connosco

Bild

O próximo xoves 16 ás 13h faremos unha demostración de cociña solar e ás 18h un obradoiro de construción de forno solar. Precísase reserva por correo. Tamén ese mesmo día teremos a cea vegana do mes ás 21:30, coma sempre con reserva por correo.

Bild

🐟🔥 Un ano máis, cacharela organizada pola Rede Asociativa de Lugo. Ante a especulación inmobiliaria, que non quede sardiña con cabeza 🔥🗝️ Este martes a partires das 18:00 entre o Paseo dos Estudantes e a Rúa Fonte da Bica 🥕🥪 Opción vegana dispoñible 🪩🕺Trae o teu instrumento e ven cantar e bailar

Bild

🍋‍🟩🟠 A HEDREIRA CUMPRE CATRO ANOS !!!! 🎉4️⃣🎂 O venres 29 faremos a festa do noso 4 aniversario. Fainos moita ilusión seguir facendo rede, formándonos e resistindo xuntes. Nun mundo rápido e individualista na Hedreira existimos ao noso paso, construíndo a cidade que queremos e o ocio que desexamos.

Bild

Se hai quórum ofrecemos obradoiro de inglés para os luns o martes pola tarde. Se che interesa apúntate por email indicando cando poderías asistir. Para nivel inicial e medio, enfocado a competencias orais.

Bild

Este martes ás 20h proxectamos a curtametraxe de ficción Calorcito Vital. Contaremos coa presenza do director, o cineasta e ecoloxista Javi Sánchez-Blanco, acabado de chegar de Madrid. Ao remate da proxección guiará un coloquio que promete non deixar a ninguén indiferente arredor do decrecentismo.

PROXECCIÓNS E COLOQUIOS
CALORCITO VITAL
Unha curtametraxe decrecentista
LUGO
MARTES 12 MAIO 20:00
CSA A Hedreira Rúa Catasol 17
FERROL
MÉRCORES 13 MAIO 19:00
Ateneo Ferrolán Rúa Magdalena, 202-204
A GUARDA
XOVES 14 MAIO 20:00
CS Fuscalho Fronte à Atalaia da Guarda
VIGO
SÁBADO 16 MAIO 18:30
CS A Nubeira Rúa Pizarro 6
ENTRADA LIBRE

☕️ Nova edición do Café Filosófico, esta vez falaremos sobre que vida queremos 📚🖖🏼 anímate, comparte con nós, escoita e tómate un cafecito, un te ou o que queiras

Café filosófico
Que vida queremos?
CS A Hedreira
23 de abril de 2026
19 horas

☕️ Nova edición do Café Filosófico, esta vez falaremos sobre que vida queremos 📚🖖🏼 anímate, comparte con nós, escoita e tómate un cafecito, un te ou o que queiras

Café filosófico
Que vida queremos?
CS A Hedreira
23 de abril de 2026
19 horas

Este sábado ás 11h acolleremos unha sesión gratuíta de asesoramento sobre o proceso de regularización ao abeiro do decreto que regularización extraordinaria recentemente aprobado. Orientado á poboación estranxeira e persoas que a asistan no proceso de regularización.

Sábado 25 de abril ás 11:00
A Hedreira (Rúa Catasol, 17)

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria

Sesión gratuíta de asesoramento sobre requisitos e tramitación da solicitude

Gerardo Pardo de Vera

Avogado especializado en Dereito Penal e Estranxeiría e asesor xurídico nas ONGs Aliad-Ultreia e Rescate InternacionalSábado 25 de abril a las 11:00
A Hedreira (Rúa Catasol, 17)

Charla informativa sobre la regularización extraordinaria

Sesión gratuita de asesoría sobre requisitos y tramitación de la solicitud

Gerardo Pardo de Vera

Abogado especializado en Derecho Penal y Extranjería y asesor jurídico en las ONGs Aliad-Ultreia y Rescate Internacional

Non foi normal, non é normal e non será normal. O venres 17 ás 19:30 acollemos unha palestra de divulgación enmarcada na xira 'No Normal Tour: por que hai que actuar xa', analizando da man da Rede Galega para o Decrecemento a situación enerxética mundial no contexto da guerra contra Irán.

Bild

A Hedreira ten nova páxina web!! Grazas ao esforzo e ilusión dalgunhas das socias, temos unha nova páxina web mais completa, sinxela e visual 🤖 ➡️ Amosámosvos aquí un pequeno percorrido de todas as cousas que podedes atopar nela. ⛓️‍💥 ahedreira.org

BildBildBildBild