⚡ Instituto Galego de Física de Altas Enerxías ⚛️

@igfae.gal

🤝 Centro mixto da @usc.gal e Xunta de Galicia. 🏅 Unidade de Excelencia María de Maeztu e membro da #RedeCIGUS #FondosEuropeos Tamén en: 🔗 https://www.instagram.com/igfae_hep/ 🔗 https://www.youtube.com/igfae 🔗 https://www.linkedin.com/company/igfae

⏳ O sábado 24 de outubro, os centros singulares de investigación da USC abren as súas portas con múltiples actividades dirixidas a público maior de 6 anos! Agardámoste! 

Ciencia Singular conmemora o seu décimo aniversario achegando á cidadanía a investigación punteira na USC | Universidade de Santiago de Compostela

A Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) conmemora o sábado 24 de outubro o 10º aniversario de Ciencia Singular, a xornada de portas abertas que desde 2017 achega a miles de persoas o labor científico punteiro que se desenvolve na USC. Esta iniciativa cumpre unha década ofrecendo á cidadanía a oportunidade de coñecer de preto o traballo que realizan centos de investigadores e investigadoras en ámbitos como a química, as tecnoloxías intelixentes, a medicina molecular, a física de partículas ou as tecnoloxías ambientais, descubrindo a aplicación práctica do coñecemento científico e a súa relevancia para a sociedade. A través de obradoiros interactivos, experimentos, visitas guiadas e charlas divulgativas, dirixidas a público maior de 6 anos, Ciencia Singular ten o obxectivo de transmitir á cidadanía a importancia da investigación que se desenvolve nestes centros de referencia, fomentar o interese pola ciencia e espertar vocacións científicas desde idades temperás. Deste xeito, Ciencia Singular involucra o persoal do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS), e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Todos eles forman parte da Rede CIGUS, que acredita a calidade e o impacto da investigación, e contan co apoio da Unión Europea (Feder Galicia 2021-2027) para impulsar a investigación e a innovación. Apertura de inscricións o xoves 15 ás 16.00 horas O prazo abrirase o xoves 15 de outubro ás 16.00 horas. Desde as 12.00 horas dese mesmo día, as persoas interesadas poderán acceder ao formulario e cubrir os seus datos con antelación, aínda que deberán agardar ata a apertura oficial do rexistro para envialo. O programa de actividades e os horarios de cada centro poden consultarse no web de Ciencia Singular.

usc.gal

🎖️O Nobel de Física 2026 tocounos moi preto! 📡 Francis Halzen mantén unha estreita colaboración desde hai case 40 anos co persoal do IGFAE e preside o Comité Científico Asesor do Instituto. ℹ️ Aquí tes máis detalles: igfae.usc.es/igfae/franci... 👏 Parabéns, Francis! @usc.gal

Francis Halzen, premio Nobel de Física 2026

O líder do experimento IceCube preside o Comité Científico Asesor do IGFAE e colaborou con investigadores como Enrique Zas, Ricardo Vázquez ou Jaime Álvarez

igfae.usc.es

👋Hoxe despedimos setembro e tamén despedimos ao noso fantástico grupo de bolseiros de verán 🌞 ⚛️ David, Juan Esteban, Diego, Brais e Carlos chegaron o día 1 de setembro (foto 1). E este mércores, volvemos retratalos no seu último día (foto 2). 🤗 Un pracer recibirvos, e moita sorte no que veña! 🍀

BildBild

👨‍🎓 Esta semana comezou cun novo doutor do IGFAE! 🗣️ Carlos J. Barbero Pretel defendeu este 28 de setembro a súa tese, "Measurement of \chi_{c} production in OO collisions at \sqrt{s_{NN}} = 5.36 TeV with @lhcbexperiment and tracking performance studies for the LHCb Upgrade II". 👏 Parabéns, Carlos!

BildBild

🌌 O cosmólogo coruñés desenvolverá o proxecto ACCELENS, para indagar por que a expansión do universo se está a acelerar. 📍Grazas á concesión desta bolsa, regresa a Galicia logo de desenvolver toda a súa carreira investigadora nos Estados Unidos e o Reino Unido. igfae.usc.es/igfae/anton-...

O cosmólogo Antón Baleato Lizancos acada unha ERC Starting Grant para entender por que se acelera a expansión do universo

Incorporarase ao IGFAE para desenvolver o proxecto ACCELENS, analizando datos procedentes do fondo cósmico de microondas e a distribución das galaxias

igfae.usc.es

🎶 Este martes presentamos no IGFAE a primeira parada en Galicia do CERN Festival Programme. 📍Do 10 ao 13 de setembro, no Festival Revenidas, contaremos no escenario "Ondas e Partículas" con algunhas das figuras máis relevantes da divulgación en Galicia e España. ℹ️ 📰: igfae.usc.es/igfae/presen...

O CERN Festival Programme sitúa Galicia no mapa internacional da divulgación científica

O IGFAE acolleu a presentación do escenario “Ondas e Partículas”, que se instalará do 10 ao 13 de setembro no festival Revenidas, en Vilaxoán de Arousa

igfae.usc.es

🔎 A colaboración Codex-b, que conta cun papel clave de Galicia a través do IGFAE da @usc.gal e a @udc.gal, consegue dar un paso esencial para demostrar a capacidade de busca destes detectores, centrados na procura dos denominados como “sectores escuros”. 📰 Máis info: igfae.usc.es/igfae/codex-...

O prototipo CODEX-beta do CERN toma os seus primeiros datos, co obxectivo de atopar física alén do Modelo Estándar

O IGFAE da USC, en conxunto coa UDC, participa no desenvolvemento deste detector, que se centra nas coñecidas como ‘partículas de vida longa’

igfae.usc.es

⚛️🤝🎶A ciencia desembarca no festival Revenidas da man do IGFAE e o CERN. O escenario "Ondas e Partículas" levará a Vilaxoán algunhas das figuras máis relevantes da divulgación en Galicia e España. ℹ️Toda a información: igfae.usc.es/igfae/reveni... @usc.gal @culturausc.bsky.social

A ciencia desembarca no festival Revenidas da man do IGFAE e o CERN

O escenario ‘Ondas e partículas’ acollerá durante todos os días do festival charlas e obradoiros con referentes da divulgación científica

igfae.usc.es

🔩 O centro asume o rol de promotor científico e técnico para a construción dun prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN, nunha iniciativa estratéxica para a industria, na que tamén se involucran os gobernos galego e español. ℹ️📰 Todos os detalles 👇

O IGFAE aspira a coordinar a construción dun prototipo para o futuro acelerador do CERN

Trátase dun proxecto estratéxico para a ciencia e a industria galega, coa colaboración da Xunta de Galicia, o CDTI e o propio IGFAE

igfae.usc.es

📣 #CESGA will contribute to the 'Data Science & Complexity in Fundamental Physics' conference organized by @igfae.gal. 🗓️This Thursday, June 11, our colleague Irais Bautista will deliver the talk 'Quantum Data Encodings: Opportunities for High Energy Physics in the NISQ Era'.

Bild

👏 O noso compañeiro Julio Nóvoa Fernández, investigador predoutoral no experimento LHCb do CERN, recibiu un dos premios especiais do xurado na final do concurso 'Three Minute Thesis da USC. ✅ Julio poderá asistir a un programa de formación en divulgación organizado por FECYT e CRUE. Parabéns! 🙌

BildBild