A Xunta licita por 245.540 euros as obras para renovar os sistemas de climatización e auga quente dos centros sanitarios Rosalía de Castro e Taboada Leal de Vigo A Xunta licita por un importe conxunto de 245.540 euros as obras para renovar os sistemas de produción de auga quente e fría dos centros…
A Xunta licita por 245.540 euros as obras para renovar os sistemas de climatización e auga quente dos centros sanitarios Rosalía de Castro e Taboada Leal de Vigo
A Xunta licita por un importe conxunto de 245.540 euros as obras para renovar os sistemas de produción de auga quente e fría dos centros sanitarios Rosalía de Castro e Taboada Leal, pertencentes á área sanitaria de Vigo. Trátase de dous contratos independentes, cun orzamento base de licitación de 95.540 euros, para o centro de saúde Rosalía de Castro, e de 150.000 euros, para o Taboada Leal. As empresas interesadas teñen ata o 2 de novembro ás 14,00 horas para enviar as ofertas para a actuación do centro de saúde Rosalía de Castro e ata o 10 de novembro á mesma hora para o Taboada Leal.
adetroitviguesa.wordpress.com