IPsiUS

@ipsius.bsky.social

Instituto de Psicoloxía da @usc.gal https://www.usc.gal/es/investigar-usc/investigar/institutos-centros-investigacion/institutos/IPsiUS

🧠 Novo artigo do grupo Benestar (IPsiUS): un ECA a dobre cego amosa que tDCS e tACS domiciliarios melloran a calidade de vida en persoas con dor crónica (n=120), fronte a placebo, aínda que sen efectos diferenciais en ánimo, fatiga ou sono. 👏

Journal of Neuropsychology | Wiley Online Library

Transcranial electric stimulation represents a promising non-invasive neuromodulatory technique targeting maladaptive nociplastic changes in chronic pain (CP) with analgesic effects. However, its imp...

bpspsychub.onlinelibrary.wiley.com

📸 Fotos do congreso da International Neuropsychological Society (Dublín, 22-24/07), ao que acudiron Cristina Salgado Blanco e David Facal Mayo. David presentou o seu traballo de #INNOV4LIFE; Cristina presentou 3 pósters sobre deterioro cognitivo e cancro (#PAINLESS, Brain and Pain). 🤝 #INS2026

BildBildBildBild

🌍🗣️ Ana Isabel Fernandes, Isabel Padrón e Isabel Fraga participaron o 17 de xullo no seminario "Multilingualism across EUniWell" na Facultade de Filoloxía da USC, presentando o proxecto "Morfosintaxis y emoción" e resultados sobre emocionalidade e procesamento morfosintáctico en L2/LE. #EUniWell

BildBild

🎓📚 Nova tese doutoral no IPsiUS! O 17 de xullo, María Ramos Carro defendeu a súa tese "Factores predictores del abandono y la recaída en una intervención psicológica para dejar de fumar", dirixida por Elisardo Becoña e Ana López Durán. Parabéns polo traballo! 👏 #IPsiUS #TeseDoutoral #Psicoloxía

BildBildBild

📚👁️ No IPsiUS tivemos o pracer de organizar unha formación sobre eye tracking, impartida por Samuel Suárez Suárez (U. Burgos), combinando teoría e práctica sobre esta técnica e as súas aplicacións na investigación. Grazas a Samuel e a todas as persoas asistentes! #IPsiUS #EyeTracking #Investigación

BildBild

🎓 A profesora Narmeen Mallah, investigadora de IPsiUS, participou como docente no curso EUniWELL "Multidimensional Aspects of Well-being in Healthcare" na Universidade de Colonia (29 xuño), xunto a estudantado de posgrao de Colonia, Florencia, Murcia, USC e Semmelweis.

Bild

🎉 Parabéns a Ana Garrandes Moreda e á súa titora Narmeen Mallah (IPsiUS), Premio á Mellor Comunicación Oral no III Congreso Nacional de PFG de Farmacia (Zaragoza), polo seu TFG sobre educación para a saúde e uso responsable de fármacos psicoactivos en adolescentes 🙌 #IPsiUS #USC

BildBild

💻 Xa rematou o taller "Creación de tarefas mediante PsychoPy para entornos psicofisiolóxicos" (organizado pola @sepneca.bsky.social), impartido por Sara Basanta Torres (NeuCogA-Aging, IPsiUS). Deseño de tarefas experimentais, aplicación en psicofisioloxía e uso práctico en investigación 🙌

BildBildBild

🧠 A nosa compañeira Ana López (coordinadora do Servizo de Atención Psicolóxica da USC) participou na II Xornada Estatal de Boas Prácticas do SERGAS, presentando o protocolo de acompañamento psicolóxico para o estudantado elaborado polas tres universidades públicas galegas 🙌 #IPsiUS #USC

Bild

🌍🧠 A investigadora do IPsiUS Sabela Mallo moderou un simposio sobre deterioro conductual leve e demencia no congreso da International Psychogeriatrics Association en Leiden 🇳🇱, e presentou sobre síntomas neuropsiquiátricos e prefragilidade cognitiva. 💙 #IPsiUS #USC #Psychogeriatrics

BildBild

🌍 Marcos Dono e Laura Docampo representaron ao IPsiUS no EASP General Meeting 2026 en Estrasburgo, con traballos sobre ameazas morais/económicas e extremismo, e sobre misrecognition colectiva e extremismo político 🙌

BildBildBildBild

🎓💙 Pechamos o Ciencia Mensual IPsiUS deste curso 2025/2026! Benxamín Varela e Fátima Fernández Feijóo (Grupo NeuCoga-Aging) puxeron o broche de ouro con dúas ponencias sobre Alzheimer e deterioro cognitivo. Ata o curso 2026/2027! 👋✨ #IPsiUS #USC #CienciaMensual

BildBild

🎓 Esta semana, Jesús Cespón (Unidade de Talento do IPsiUS) ofreceu unha charla sobre financiamento posdoutoral: convocatorias, programas de apoio e orientación práctica para quen quere desenvolver a súa carreira investigadora 📚 #IPsiUS #USC

Bild

🎓 O 30 de xuño, Arturo X. Pereiro Rozas tomou posesión como novo decano da Facultade de Psicoloxía, coa presenza da reitora Rosa Crujeiras. Parabéns! No acto tamén se homenaxeou a catro profesores xubilados, entre eles os nosos compañeiros Constantino Arce Fernández e Xosé Fernández Rey 🙌

BildBild

📚 A semana pasada, o equipo de IPsiUS recibiu formación sobre licenzas de acceso aberto, da man do persoal da biblioteca da USC. Unha boa oportunidade para reforzar boas prácticas de publicación en acceso aberto e aclarar dúbidas sobre dereitos de autor 🙌 #CienciaAberta #IPsiUS

Bild

🧠 O IPsiUS estivo no VI International Congress of Psychobiology! Montserrat Corral co-organizou un simposio sobre trastorno por uso de substancias. Susana Cid e Cristina Mellado presentaron sobre estimulación cerebral en maiores 🧪e Benxamín Varela e Sara Basanta sobre detección precoz do Alzheimer 🔍

BildBild

🧠📅 Ciencia Mensual IPsiUS volve este xoves 2 de xullo ás 16:00, Sala de Xuntas, Facultade de Psicoloxía. Presentan Benxamín Varela López e Fátima Fernández Feijóo (Grupo NeuCoga-Aging), sobre Alzheimer e Síndrome de Risco Cognitivo Motor. Vimos?

Bild

📰 A nosa investigadora Laura López Romero, entrevistada por La Voz de Galicia sobre A-TRaVIeSA: un proxecto que usa realidade virtual para detectar sinais temperás de problemas de conduta en nenos. Financiado pola Axencia Estatal de Investigación. 🥽 lavozdegalicia.es/noticia/lavo...

Laura López Romero, investigadora: «Un factor de peso detrás de muchos problemas es la sobreprotección parental»

La experta gallega lidera estudio pionero que busca evaluar dificultades emocionales en niños usando realidad virtual

lavozdegalicia.es

🎓 Noraboa María Álvarez Voces pola defensa da súa tese sobre diferenzas de xénero en problemas de conduta na infancia e adolescencia. Compendio de 8 artigos, con datos de Galicia e EEUU. Dirixida por Estrella Romero e X.A. Gómez Fraguela. #IPsiUS #USC

BildBild

🌍✈️ A investigadora do IPsiUS Laura López Romero participou no congreso da EFCAP en Limassol, Chipre 🇨🇾 (27-29 maio), un dos encontros de referencia en psiquiatría e psicoloxía infanto-xuvenil a nivel europeo! underisk.gal/gl/underisk-...

O grupo UNDERISK presente na novena edición do Congreso da EFCAP - underisk

A nosa compañeira Laura López Romero asistiu á novena edición do congreso da EFCAP (European Association for Child and Adolescent Psychiatry, Psychology and

underisk.gal

Parabéns a Laura Docampo López, investigadora predoutoral do IPsiUS, pola consecución dunha Seedcorn Grant da European Association of Social Psychology (EASP). Este recoñecemento impulsa a súa investigación e destaca a calidade e o potencial do seu traballo científico. 👏✨

Bild

🧠✨ Onte, en #CienciaMensual, Sonia Doallo e Cristina Mellado falaron sobre atención, memoria, motivación e estimulación eléctrica transcraneal. ⚡🔬 Unha sesión moi interesante que nos permitiu compartir investigación, intercambiar ideas e seguir aprendendo uns dos outros. 🚀 #IPsiUS

BildBildBild

🎉 Orgullo IPsiUS! Doce investigadoras do instituto foron recoñecidas no ranking nacional de investigadoras 2026 👩‍🔬✨ Un novo fito que destaca a excelencia e o impacto da investigación en psicoloxía, saúde e benestar 💙 Parabéns polo seu traballo e pola súa contribución á ciencia!

Bild