Mañá comeza a Feira do Libro de Monforte de Lemos! 💙📘📘📘 A Rúa do Cardeal abre as súas casetas para dar comezo á última Feira do Libro de Galicia deste 2026, con pregón a cargo da xornalista monfortina Yolanda Álvarez.
Librarías de Galicia
@librariasgal.bsky.social
Federación de Librarías de Galicia está conformada por máis de 150 librarías comprometidas coa defensa dos intereses do sector e co fomento da lectura
Foz pecha a súa Feira do Libro e só podemos dicir: grazas! 💙📘📘📘 Catro días nos que a Praza de Conde Fontao se encheu de libros, presentacións, sinaturas e espectáculos. E a nós aínda nos queda unha última parada esta semana: a Feira do Libro de Monforte de Lemos. Aló imos!
Un sábado para lembrar na Feira do Libro de Foz 💙📘📘📘 A terceira xornada trouxo á Praza de Conde Fontao voces, historias e propostas para todas as idades. Un día no que os libros compartiron protagonismo coa música, as conversas e, sobre todo, cun público que volveu responder.
Chegamos á última parada das Feiras do Libro de Galicia deste 2026! 💙📘📘📘 E facémolo cunha cita moi especial: a Feira do Libro de Monforte de Lemos, o peche dun percorrido que durante todo o ano levou os libros por toda Galicia, conectando lectoras e lectores e abrindo portas a universos infinitos.
Terceira xornada da Feira do Libro de Foz! 💙📘📘📘 Hoxe sábado continuamos cunha tarde chea de literatura, música, propostas para os pícaros e encontros con autoras e autores nas casetas das librarías.
Este foi o ambiente de onte aquí, na #FeiradoLibro de Foz. De verdade vas deixar pasar a oportunidade de gozar con este evento único? 💙📘📘📘 Pasa pola feira, coñece as túas autoras e autores favoritos, pasea polas nosas casetas e leva para a casa o teu libro con desconto!
As dúas obsesións de Abril Camino estiveron onte moi presentes no pregón da #FeiradoLibro de Foz: os libros e a vila, e a relación que teñen entre ambos os dous. Un vencello profundo que chega desde a infancia 💙📘📘📘 Longa vida á Feira do Libro de Foz! youtu.be/NG7ZczyplHo
Pregón de Abril Camino - Feira do Libro de Foz
YouTube video by Librarías de Galicia
youtu.be
Imos recollendo por hoxe, pero mañá é venres na #FeiradoLibro de Foz e vén cargado cun programa cheo de sorpresas, actividades… e coma sempre, todos os libros cun 10% de desconto! 💙📘📘📘 Estamos desexando que nos acompañes e abras connosco esta porta única a universos infinitos!
Atención, que mañá comeza a #FeiradoLibro de Foz co pregón da escritora Abril Camino, que dará inicio a este evento único! 💙📘📘📘 Pasa pola Praza de Conde Fontao até 23 de agosto. Existe alí unha porta a universos infinitos!
Pechamos Viveiro, mais xa temos todo preparado para a #FeiradoLibro de Foz, que comeza xoves 20! 💙📘📘📘 📅 20 ao 23 de agosto 📍 Praza de Conde Fontao 🕐 17:30 - 22 h 📣 Pregón de Abril Camino 📒 Programa: www.librarias.org/gl/evento/EV... Achégate e abre connosco a porta a universos infinitos!
Viveiro despediu onte a súa Feira do Libro cunha gran afluencia de público, mesmo nunha fin de semana de choiva 💙📘📘📘 Grazas ás librarías, ás autoras e autores e a todas as persoas que vos achegastes e fixestes posible estes catro días de feira. E seguimos! Este xoves 20 vémonos en Foz.
Mañá, domingo 16 de agosto, chegamos á última xornada da Feira do Libro de Viveiro 💙📘📘📘 Última oportunidade para achegarse aos Xardíns de Noriega Varela, descubrir novas lecturas e aproveitar o 10 % de desconto na compra de libros durante a feira.
Así transcorreu a segunda xornada da Feira do Libro de Viveiro 💙📘📘📘 O venres deixounos unha tarde chea de vida nos Xardíns de Noriega Varela: teatro familiar, presentacións que abriron novas lecturas e faladoiros arredor dos libros.
Vén celebrar o feirado a Viveiro. Mañá, sábado 15 de agosto, continuamos a Feira do Libro nos xardíns de Noriega Varela con de actividades para todos os públicos 💙📘📘📘 Organiza Librarías de Galicia co apoio de Cultura da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Viveiro e Deleite.
Así transcorreu a primeira xornada da Feira do Libro de Viveiro. Unha xornada marcada polos encontros coa literatura, as presentacións e a participación do público nos Xardíns de Noriega Varela. Revive neste reel algúns dos momentos que nos deixou o primeiro día de feira.
Mañá seguimos abrindo portas a novos universos na Feira do Libro de Viveiro 💙📘📘📘 Unha tarde de teatro, literatura e conversa. 📍 Xardíns de Noriega Varela 🕐 Feira aberta de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 22:00 h
Hai un libro para cada persoa. Así nolo lembrou a nosa pregoeira infantil, Carla Casabella, na apertura da Feira do Libro de Viveiro: deixémonos guiar polas libreiras e libreiros. 💙 #FeiraDoLibroDeViveiro #APortaAUniversosInfinitos
Hoxe comezou a Feira do Libro de Viveiro! 💙📘📘📘 Do 13 ao 16 de agosto os libros toman os Xardíns de Noriega Varela. Catro días para atoparnos arredor da literatura e seguir abrindo portas a universos infinitos.
Tristes porque rematou a #FeiradoLibro? Alégrate, porque xa ven aquí a #FeiradoLibroAntigo e de Ocasión da Coruña! Estamos nos Xardíns até 30 de agosto: non podes faltar! 💛📙📙📙 Libros de vello, exemplares raros, xoias descatalogadas e até algún artigo de coleccionismo que non podes deixar escapar!
Que fermosa a xornada de peche da #FeiradoLibro da Coruña de onte, luns 10 de agosto! 💙📘📘📘 Quédanos apenas agradecer a todas as que fixeron posible esta Feira: as entidades colaboradoras, as editoriais , as propias librarías, as autoras, as artistas e poetas… e as persoas que vos achegastes!
Deixamos por aquí unha escolma das fotos das actividades e sinaturas de onte (domingo 9) na #FeiradoLibro da Coruña! 💙📘📘📘 Lembra que esta tarde recollemos: pasa a abrir a porta a universos infinitos nos Xardíns. É a última oportunidade!
Agora si, chegamos á última xornada da #FeiradoLibro da Coruña, mais non fica espazo para a tristura, porque temos actividades de luxo para este peche! 💙📘📘📘 Espectáculo de ilusionismo, presentacións, xogos de roles e un evento de poesía a micro aberto da man de Branca Trigo. Pódese pedir máis?
A Feira do Libro continúa o seu camiño 💙📘📘📘 Hoxe rematan os 10 días da Feira do Libro da Coruña e nós xa estamos preparando a seguinte cita: Viveiro. 📍 Xardíns de Noriega Varela 📅 13–16 de agosto 🕐 12:00–14:00 h e 18:00–22:00 h
Vén cargado de actividades este domingo da #FeiradoLibro da Coruña! 💙📘📘📘 Presentacións feministas, actividades para as crianzas, conversas sobre novela romántica e libros senlleiros da literatura galega actual presentados polas súas autoras e autores. Para non perder!
Moita atención, porque mañá é domingo 9 de agosto, o penúltimo día da #FeiradoLibro da Coruña. Se non pasaches, tes as últimas oportunidades! 💙📘📘📘 Temos un programa completo hoxe: déixamolo por aquí para que non perdas nada. Acompáñamos nos Xardíns!
Pasou un día máis desta #FeiradoLibro da Coruña na que nos estamos sentindo tan ben acompañadas! 💙📘📘📘 Xa queda moi pouquiño! Non deixes de pasar e abrir connosco esta porta a universos infinitos!
Arranca esta fin de semana na #FeiradoLibro da Coruña con actividades únicas! 💙📘📘📘 Diálogos poéticos, obradoiro para iniciación ao cómica, unha homenaxe a Syra Alonso e outra que recupera a figura de Otero Pedrayo; presentacións varias e varias conversas sobre ficcións, realidades e fantarías. .
Mañá entramos xa na última fin de semana da #FeiradoLibro da Coruña: de verdade vas perder o evento literario do ano? 💙📘📘📘 Pasa mañá a partir das 11, que temos un programa cheo de actividades, presentacións e sinaturas. Ábrese nos Xardíns unha porta a universos infinitos!
Atención, que xa só quedan 4 días da #FeiradoLibro da Coruña! 💙📘📘📘 Pasa mañá a partir das 11, coñece as túas autoras e autores favoritos, leva os teus libros con desconto… abre connosco esta porta a universos infinitos!
Cada xornada é unha chea de sorpresas e experiencias aquí, na #FeiradoLibro da Coruña: aínda non pasaches a abrir a porta a universos infinitos? 💙📘📘📘 Xa van quedando poucas oportunidades: non o deixes para máis! #FeiradoLibrodaCoruna #aportaaUniversosInfinitos