lois pardo

@loispardo.bsky.social

se nalgo faltamos, outro día sobraremos https://loispardo.wordpress.com

"... Comprender que a forza non é o mesmo que a autoridade, que a agresividade non é sinónimo de carácter e que a capacidade de incumprir as normas impunemente nunca foi un xeito de liberdade." loispardo.wordpress.com/2026/06/19/a... O @loispardo.bsky.social e as súas reflexións sempre interesantes

A memoria do patio

Naqueles anos aínda non sabiamos moi ben o que significaba vivir en liberdade, pero xa conheciamos perfectamente as xerarquías do patio da escola; ese pequeno territorio no que as leccións máis imp…

loispardo.wordpress.com

Hoxe comeza o mundial de fútbol. Ao igual que en Xerusalén, o balón non vai atravesar os muros do fanatismo, da intolerancia e do deporte como cortina de fume. Benvidas e benvidos á festa e ao negocio de catro

balón laranxa atrapado nun valado metálico na parte superior do muro que divide a cidade de Xerusalén

Vivimos numha sociedade do espectáculo; ou mellor, umha sociedade que nos convida constantemente a opinar sobre o espectáculo. E canto máis opinamos, máis difícil é saber se estamos participando… ou simplemente reaccionando como espectadores. Preprarando novo texto sobre comunicación política

Bild

Seica onte foi o “Día internacional dos elevadores”. Cando comezaran a instalarse nas vivendas, era habitual atopar cartelinhos informativos que hoxe fan bosquexar algún sorriso

Bild

"Cando cae un anaco dumha pedra dun escudo, non é só granito o que cae. Caen séculos de Historia e de historias herdadas. Cae o respecto polos ombros sobre os que caminhamos cada día. E cae tamén umha parte importante de credibilidade institucional" loispardo.wordpress.com/2026/03/11/u...

Un ano despois

Non é a primeira vez que escribo sobre o Pazo das Eiroás, recinto moi ligado á minha infancia e á de boa parte da vecinhanza do norte da cidade de Ourense. Primeiro foi para falar da súa historia e…

loispardo.wordpress.com

Hai 40 anos, o centro da cidade (igual que o resto de #Ourense) estaba pensado case en exclusiva para os vehículos: rúas tomadas polos coches, beirarrúas estreitas e pouco espazo para pasear ou atoparse. Hoxe a relación invertiuse, mesmo cos desatinos sufridos nos últimos anos

Pode verse unha imaxe da interseción das rúas San Domingos e Bedoia en Ourense, nos anos 1986 e na actualidade. Na primeira, vense varios vehículos mesmo estacionados nas beirarrúas, que por ende son estreitas. Tamén chama a atención a esquina destas 2 rúas, ocupada por umha casa de planta baixa, que na actualidade alberga un edificio de 6 alturas. Na imaxe de 2026, á parte deste edificio e os comercios dos que só se mantén 1 na actualidade, chama a atención a desaparición de vehículos e a colocación dun pavimento uniforme dedicado preferentemente aos peóns.