As palabras non chegan para expresar a dor da traxedia de Urda. Todo o noso apoio e agarimo ás familias das vítimas e o noso desexo de pronta de recuperación para as persoas feridas. É preciso investigar para esclarecer o que aconteceu. O momento de esixir responsabilidades chegará despois.
Marea Atlántica
@mareatlantica.bsky.social
🌊 Plataforma municipalista. Sempre desde A Coruña. Política RRSS: https://mareatlantica.org/politica-facebook/
Dende A Coruña, os nosos parabéns a #Lula pola súa virada no Brasil! Sempre é un exemplo a seguir, e agora nos amosa que a ultradereita non é inevitable, por moitos cartos que gasten en nos convencer do contrario. Sempre adiante!
Bom dia, Brasil! 🇧🇷💫
Desde a oposición clandestina ao franquismo, desde o Parlamento de Galicia, desde o nacionalismo, as alianzas e a irmandade, Beiras sempre abriu camiños e sementou ideas na política. Sempre a favor de quen menos ten, sempre coa verdade e a paixón por diante. Que a terra che sexa leve, mestre.
Nace a Comisión O Castro para impulsar o funcionamento do Museo Carlos Maside segundo o definido polos seus fundadores, Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane. O manifesto xa foi asinado por máis dun centenar de entidades e particulares en menos dun día 💪 Asina en memoriadacoruna.gal/manifesto-oc...
Nace a Comisión O Castro para a posta en valor do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside - Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
Coa declaración do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside como Ben de Interese Cultural en xullo do 2025, conformouse
memoriadacoruna.gal
A intervención militar de Trump en Venezuela e o secuestro de Nicolás Maduro supoñen unha vulneración intolerable da legalidade internacional. Condenamos o ataque, expresamos a nosa solidariedade co pobo venezolano e chamamos á mobilización cidadá
Desde Marea Atlántica expresamos toda a nossa solidaridade cos monitores do Servicio Municipal de Deportes que non cobraron o mes de novembro co gravísimo perxuizo que supón para estas familias e mais nesta época.
Reclamamos a expulsión da delegación diplomática de Israel, polo menos ata que devolvan sans e salvas ás integrantes da flotilla secuestradas. E que continuemos desvinculándonos económica e militarmente dun Estado que comete xenocidio e de calquera empresa que participe da economía da ocupación.
Parabéns á nosa compañeira Concha Sánchez, recoñecida co Premio ás Boas Prácticas Cidadás pola súa longa traxectoria no activismo en ONGs e asociacións veciñais ❤️ Estaremos hoxe xoves 18 no salón de actos da ONCE ás 18:45 h para acompañala a ela e ás outras persoas premiadas polo seu activismo
As Boas Prácticas 2025 ao escenario :-) < Proxecto Máscaras | Cine
Proxecto Máscaras | Cine < Actos e Xornadas
proxectomascaras.com
Mentras non cese o xenocidio en Gaza, a cidadanía seguiremos saíndo á rúa en toda ocasión a berrar basta xa!
A Coruña berra contra as políticas forestais do PP de Rueda que queiman os nosos montes. #LumesNuncaMáis
As políticas contra o lume sempre foron insuficientes, máis baseadas no malo será que na prevención efectiva. Esta situación é especialmente inaceptable ante a #EmerxenciaClimatica. Mañá ás 20h, Galiza berra #LumesNuncaMais
As políticas contra o lume sempre foron insuficientes, máis baseadas no malo será que na prevención efectiva. Esta situación é especialmente inaceptable ante a #EmerxenciaClimatica. Mañá ás 20h, Galiza berra #LumesNuncaMais
Lamentablemente toca despedirnos de Manuel Lourenzo, figura destacada da literatura e o teatro galego, cun labor formativo importantísimo na nosa cidade da man da escola de teatro Casa Hamlet. O teu legado seguirá vivo no presente e futuro do teatro coruñés.
A loita de Loli, Pilar e o resto das veciñas e os veciños de Elviña non só era xusta, senón un chamado urxente a construír outro xeito de facer cidade. Grazas, de corazón, por este recoñecemento www.laopinioncoruna.es/coruna/2025/...
A marxe dereita de Elviña, máis de dez anos de loita: «Volveriámolo facer»
Pilar Santiago, Loli Rey Paz e as súas familias son as únicas que poderán recuperar as súas casas da marxe dereita de Elviña. Levan máis de dez anos de loita para que isto sexa así. Non consideran un ...
laopinioncoruna.es
Se o goberno local se puxese a traballar cando a Marea Atlántica alertou do problema e sinalou o camiño en 2020, hoxe a realidade sería outra. Este é o resultado da inacción política. #imposiblealugar
El alza sin freno del alquiler: el 40% de la oferta en A Coruña supera los 1.000 euros
Las ciudades tienen disponibles 2.200 pisos, un 27% menos que hace tres meses
laopinioncoruna.es
Deixounos Suso Díaz, un referente na defensa da clase obreira. 50 anos de militancia, activismo e compromiso dende CCOO. Unha aperta fraternal nestes difíciles momentos á súa familia e achegados 📸 Sandra García Rey
Queremos unha cidade orgullosa, libre, diversa e sen medo. A Coruña debe ser un espazo seguro para o colectivo LGTBIQ+, e por iso temos que seguir reivindicando con orgullo. Vémonos hoxe na manifestación 🏳️🌈
Aplaudimos a valentía do COAG. O debate sobre o futuro dos peiraos da Coruña democratizouse no mandato da Marea Atlántica grazas á cooperación entre o goberno local e a sociedade civil crítica. Todas as mans son necesarias para defender agora aqueles avances.
El Colegio de Arquitectos impugna las bases del concurso internacional de Coruña Marítima
Esgrimen que enviaron sugerencias a comienzos de abril que no fueron atendidas
acortar.link
A Coruña perde a Rubén Alexandre, Ruby, un activista polos dereitos LGTB que loitou por unha cidade mellor, na que o odio non teña cabida. Grazas por tanto, Ruby.
Moi boa nova a declaración da Coruña como zona tensionada. Agora é decisivo que se aplique canto antes e que mentres estea en vigor se fagan políticas decididas
A Coruña, primer municipio de Galicia que limita el precio del alquiler
La Xunta autoriza la declaración de zona tensionada que solicitó el Ayuntamiento, aunque es contraria a aplicar esa figura
lavozdegalicia.es
Defendamos o noso! Este domingo 1 de xuño ás 12h, marcha CELULOSAS FÓRA en Marín e Pontevedra #EnceForaDaRia #altriNon #celulosasfóra #NinEnceNaRíaNinAltriNaUlloa
Dez anos atrás, a xente impulsaba co seu voto que unha Marea Atlántica chegase a gobernar, con Xulio Ferreiro á fronte. O cambio amosou outra forma de facer política que non foi perfecta, pero que defendeu o común e a radicalidade democrática. Seguimos, e seguiremos, adiante 🌊
Grazas por amosar que outra forma de facer política era posible. Por falar desde a cercanía e a humildade. Por falar á mocidade de esperanza. Por falar desde o corazón. Botarémoste de menos, Pepe.
OBITUARIO | Morre Pepe Mujica, o político que fixo da humildade a súa bandeira
Menos traballo e máis vivenda digna. Feliz e rebelde Primeiro de Maio!
+ atención primaria e hospitalaria, + sanidade pública, + saúde mental. Pero sobre todo, + vontade política para apostar pola sanidade pública. Ata que non haxa iso, seguiremos facendo + manifestacións, + protestas e + defensa do noso. #sanidadepublica praza.gal/movementos-s...
Hoxe participamos na manifestación estatal pola vivenda #5A Porque o dereito a ter unha vivenda digna e asequible hai que defendelo do ataque dos especuladores e a inacción dos responsables políticos.
As políticas da Xunta non fan máis que empeorar a sanidade pública. Queremos unha sanidade pública forte, sen precariedade nin listas de espera imposibles, capaz de enfrontar eficazmente futuras emerxencias graves como novas pandemias Domingo 6 de abril, ás 12:00 na Alameda de Compostela
A vivenda converteuse no primeiro problema da cidadanía. E non van facer por amañalo se non empurramos para que iso suceda. Este sábado 5 de abril, manifestación estatal pola vivenda. Na Coruña, ás 12:00 na Praza de Ourense. #imposiblealugar #manifestacion #vivenda #dereitoávivenda
O Comité de Solidaridade coa Causa Árabe (CSCA) organiza este luns 31 de marzo unha gala con decenas de representantes da cultura galega en apoio ao pobo palestino e en denuncia do xenocidio