Revista Mazarelos

@mazarelos.gal

Revista de Historia e Cultura | Dende 2019 na rede e dende 2020 tamén na rúa. 💻 www.mazarelos.gal 📓 www.mazarelos.gal/revista 📚 Quérela na casa? https://tenda.mazarelos.gal/formulario-de-subscricion/ Unha iniciativa de Mazarelos Soc. Coop. Galega

🎥 En loita (2026) Que lembranzas gardan as mulleres que participaron no movemento estudiantil? María Xosé Rodríguez destaca a forza do grupo e o poder transformador do traballo colectivo. Dende a comunidade, lograron avances significativos e cambios que marcaron a universidade galega.

🎥 En loita (2026) Sabela Mouriz estudou na Facultade de Filosofía e Letras a comezos dos anos 80. Xunto ás súas compañeiras fundou o Colectivo Feminista Independente Galego, unha organización baseada nos principios do feminismo independente e no pensamento da escritora italiana Carla Lonzi.

🎥 En loita (2026) A comezos dos anos 70, o pensamento feminista comezaba a abrirse paso na universidade. Nanina Santos conta como foron os primeiros anos da Asociación Galega da Muller, creada en 1976 para loitar pola emancipación das mulleres.

🎥 En loita (2026) O feminismo tamén se construíu nas facultades. Unha xeración de estudantes abriu camiño.  Sabela Mouriz cóntanos como foi vivir esa etapa como estudante e formar parte dun movemento que buscaba transformar a sociedade dende a universidade.

🎥 En loita (2026) Que reclamaban as estudantes nas asambleas e peches das facultades a finais dos anos 60? María Xosé Rodríguez, protagonista activa do movemento estudantil en Galicia, achéganos a aquel contexto e explica as reivindicacións que marcaron aquela xeración.

🎥 En loita (2026) Nanina Santos comezou os seus estudos na Facultade  Filosofía e Letras no curso 1968-69 e axiña tomou conciencia da axitación universitaria, influída tamén pola participación das súas irmás no movemento estudantil.