Museos Científicos Coruñeses

@mc2coruna.bsky.social

Tres centros interactivos de ciencia na Coruña ➡️ CasaCiencias, Domus, Aquarium Finisterrae. 📣 Prohibido non tocar, prohibido non pensar, prohibido non soñar. www.coruna.gal/mc2

Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae son tres centros de ciencia interactivos na Coruña nos que descubrir física, astronomía, o ser humano, o medio mariño ✨💓🐟 Horario xullo e agosto: 10 a 20 h Último acceso Aquarium ás 19 h; Casa das Ciencias e Domus ás 19.30 h

BildBildBild

🔔 «Eclipses de otros mundos», charla no planetario da Casa das Ciencias a cargo de Alejandro Cardesín, responsable de operacións científicas da ESA. 📆 Hoxe, 1 de xullo, ás 19.30 horas Entrada libre ata completar a capacidade da sala Organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

Bild

🌳 Árbores e ciencia no Parque de Santa Margarita #coruna 🍏 Manzano de Newton. Clon do que existe na casa natal de Isaac Newton, asociado á anécdota segundo a cal desenvolvería a súa teoría da gravitación universal despois de reflexionar sobre as causas da caída dunha mazá. Fío👇

Bild

🪸 O Aquarium Finisterrae colabora en proxectos de investigación científica, realizando achegas non só de carácter biolóxico, senón tamén innovacións tecnolóxicas, como é o caso dun sistema de fotografía desenvolvido para o estudo da resposta dos corais ante os cambios ambientais.

📹 Compartimos un resumo do Día da Ciencia na Rúa 2026, que celebrou a súa 30 edición. Unha xornada chea de ciencia e diversión aberta a toda a cidadanía 🙌 Moitas grazas a todas as persoas participantes!! 💚💚💚 Organizado con Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra Emalcsa-UDC