“Susan era o bastante intelixente como para saber que a frase «Alguén ten que facer algo» non era útil en si mesma. A xente que a empregaba nunca engadía a apostila: «E ese alguén son eu».
Mundodisco en Galego🛰️
@mundodiscog.bsky.social
Conta adicada a tradución diaria ao galego de frases do Mundodisco de Sir Terry Pratchett. Agora en Bluesky #GNUTerryPratchett
“A Universidade Invisible era moito máis grande por dentro que por fóra. Miles de anos como a máis eminente institución da maxia práctica nun mundo onde, en calquera caso, as dimensións eran basicamente unha cuestión de azar, a agrandara en sitios onde non debería ter sitios.
“En teoría Verence era un monarca absoluto e continuaría séndoo a menos que cometese o erro de pedir repetidas veces aos lancrastianos que fixeran algo que non querían facer”. Carpe Jugulum
“A historia estaba chea de ósos de homes bos que obedeceran ordes equivocadas coa esperanza de poder suavizar o golpe. Oh, sí, podían ter feito cousa peores, pero a maioría delas empezaban xusto cando comezaban a obedecer ordes equivocadas”. Voto a Bríos! (Jingo)
“O medo é unha terra estraña. Basicamente produce obediencia igual que o trigo, que crece en ringleiras e dese xeito facilita arrancar as malas herbas. Pero ás veces produce as patacas do desafío, as cales florecen no subsolo”. Deuses Menores (Small Gods)
“Para un home que viaxaba sen máis recursos que o seu enxeño, un xornal era útil e valioso. Metido baixo a camisa, resgardaba o peito do vento. Podía empregarse para prender lumes.
“Vimes odiaba e desprezaba os privilexios do rango, pero había que dicir unha cousa en beneficio dos mesmos: que polo menos significaba que un podía odialos e desprezalos comodamente”. O Quinto Elefante (The Fifth Elephant)
“Pode que os reis do Inferno ouviran falar de palabras como «sutileza» e «discreción», pero tamén ouviran dicir que cando se tiña algo había que facer ostentación del, e razoaran que, en caso de non telo, a ostentación debía ser aínda maior, e o que eles non tiñan era bo gusto”. Eric
“A xente dicía que había unha lei para os ricos e outra para os pobres, pero non era certo. Non había lei para os que facían a lei, nin lei para os incorrixiblemente ilegais”. Pés de Barro (Feet of Clay)
“—Van a coroarme ou non? —preguntou con ton xélido—. Hei de morrer raíña! Sería terrible estar morta e ser plebea!”. Mort
“Xa non podía dicir: «Estaba obedecendo ordes». Xa non podía dicir: «Non é xusto». Non había ninguén escoitando. Non había Palabras. Era dono de si mesmo. Nada de «Non Farás». Agora dicíase «Non Vou Facer»”. Pés de Barro (Feet of Clay)
“De ter tido máis tempo, podería ter reflexionado sobre o feito de que o propósito da civilización era facer que a violencia fora o último recurso, mentres que para un bárbaro era a primeira opción, a preferida, a única e sobre todo a máis pracenteira”. Tempos Interesantes (Interesting Times)
“Á celebración acudiran feegles de todos os outros clans porque, se hai algo que gusta máis a un feegle que unha festa, é unha festa máis grande e, se hai algo mellor que unha festa máis grande, é unha festa máis grande onde a bebida a pagan outros”. Un Sombreiro de Ceo (A Hat Full of Sky)
“Por isto mesmo non me gusta a maxia, capitán. Porque é maxia. Non hai preguntas que vallan, é maxia. Non explica nada, é maxia. Non se sabe de onde sae, é maxia! Iso é o que non me gusta da maxia, que o fai todo por arte de maxia!” ˗Samuel Vimes Zas! (Thud!)
Shia LaBeouf's Magic Moment
Alt: Shia LaBeouf's Magic Moment
static.klipy.com
“—Cales son os teus deberes? —preguntou Vimes. —Servir Ao Interese Público, Protexer Aos Inocentes E Colidir En Nádegas A Base De Ben, Señor —dixo Dorfl. —Aprende rápido, verdade? —dixo Colon—. O último nin sequera llo dixen eu”. Pés de Barro (Feet of Clay)
“—Tería que ter durmido ben onte á noite, sarxento. —Hai moito tempo para durmir na tumba —replicou Vimes, contemplando as filas da Garda. —Sí, iso ouvín, sarxento, pero logo ninguén te desperta cunha cunca de té”. Rolda de Noite (Night Watch)
“Lu-Tze levaba tempo pensando que todo tiña unha razón de ser, salvo posiblemente o fútbol”. Ladrón do Tempo (Thief of Time)
“Non era, segundo os parámetros establecidos, un mal home; claro que, dende un punto de vista obxectivo, unha rata portadora da peste tampouco é un mal bicho”. Soul Music
“Nunca aprendera nada observando o que os humanos se dicían uns a outros: para eles, a linguaxe non era máis que unha maneira de ocultar o que pensaban”. O Segador (Reaper Man)
“Os exércitos non fan gran cousa pola agricultura aparte de elevar marxinalmente a fertilidade do campo de batalla”. Rexemento Monstruoso (Monstrous Regiment)
“Unha das leccións máis duras da vida do Sam mozo fora descubrir que os responsables non eran responsables. Fora descubrir que os gobernos non estaban, en xeral, integrados por xente que dominara a situación, e que os plans eran o que a xente facía en lugar de pensar”. Rolda de Noite (Night Watch)
“A Tata Ogg gustáballe bastante cociñar, sempre e cando houbera alguén arredor para encargarse de facer cousas como cortar as verduras e lavar os pratos despois”. Bruxas de Viaxe (Witches Abroad)
“—Estás a favor da xente común? — preguntou Dragón en ton xentil. —A xente común? —dixo Vimes—. Non teñen nada de especial. Non son distintos dos ricos e os poderosos excepto en que non teñen diñeiro nin poder.
“Estáballe a resultar un pouco difícil falar con ela. Como táctica para iniciar conversación, «Ola, dixéronme que ten vostede moito diñeiro, dáme un pouco, por favor?» carecía, na súa opinión, de certa sutileza”. Mascarada (Maskerade)
“A lei está para as persoas e non ao revés”. Snuff
“Non son supersticiosa. Son unha bruxa. As bruxas non somos supersticiosas. Somos do que os demais vólvense supersticiosos”. A Coroa de Xeo (Wintersmith)
“O señor Tendencioso moveuse nervioso. —Claramente non podemos obter a sinatura dun home en prisión baixo un cargo serio —dixo.
“—Entón a señora Ceravella é a bruxa líder, verdade? —Non, non! —exclamou a señorita Cabal con cara de horror—. Todas as bruxas somo iguais. Non temos nada semellante a unha bruxa líder. Iso sería contrario ao espírito da bruxería. —Ah, xa vexo —dixo Tiffany.
“Preguntouse se sería minimamente posible darlle a aquel idiota algunhas leccións de política básica. Era o soño de sempre, verdade? «Oxalá soubera entón o que sei agora». Pero cando te fas maior descobres que o ti de agora non é o ti de antano.
“Quizais alí houbera auténtica maldade, pero ao parecer a maldade estaba, curiosamente, sempre no outro bando.