BNG - Bloque Nacionalista Galego

@obloque.gal

Bluesky oficial do Bloque Nacionalista Galego. Para que coñezas o que facemos por Galiza e por ti. Nós nas redes: https://i.mtr.bio/obloque Web: https://www.bng.gal/

Desde o BNG conseguimos evitar a desaparición de 23 paradas no rural do noso país, e con elas facilitamos o día a día de milleiros de persoas. A conexión, a vida.  O rural non perde paradas de autobús, conseguido. Co BNG, Galiza gaña!

Poder durmir sabendo que a túa xente está a salvo debería ser o normal, mais en Palestina ninguén pode facelo. Desde o BNG non nos olvidamos de quen o precisa, e defendemos a paz e os dereitos humanos fronte ao xenocidio en marcha. Co BNG, Galiza gaña!

Moncho Reboiras foi unha persoa comprometida coa liberdade, coa democracia e coa defensa dos dereitos sociais e nacionais do pobo galego. Asasinado pola ditadura franquista en 1975, a súa memoria permanece viva como exemplo de compromiso e dignidade.

Bild

Non podemos evitar que sigas deixando a renda para a última hora. O que si conseguimos desde o BNG é que se estás a percibir o salario mínimo non teñas que pagar o IRPF na túa declaración anual. Exención do IRPF para quen cobra o salario mínimo, conseguido.  Co BNG, Galiza gaña!