Odafé

@odafe.gal

Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev

- "Non compres material eléctrico chino, que hai empresas españolas de confianza". - "Sen problema. Tedes o que necesito?" - "Non. Só vendemos as catro merdas típicas que se necesitaban nas casas nos anos 80, son dunha calidade pésima, e fabricamos en China. Pero levan no noso logotipo". - "Aha".

A evolución do sector da construción nos últimos anos tenme alucinado. Agora resulta que todo está cheo de empresas que fan exactamente UNHA cousa, e só esa cousa. E ollo, unha cousa que é literalmente manexar UNHA MÁQUINA. Só fan iso. Montaron a empresa arredor desa máquina concreta.

A min que me disculpe o presidente do Hull City pero, se quere fichar a Yeremay, levalo a ver a cidade non me parece unha estratexia especialmente gañadora…

Foi unha impresión miña, ou o Dépor tamén "adecuou" os prezos dos ambigús de Riazor á Primeira División? Pareceume ver os bocadillos a SEIS eurazos… que salvaxes.

Existen dous tipos de pintores: os que quitan os apliques dos enchufes, e os que pintan arredor. Se es do segundo grupo, amigo, tes que ser consciente de que só tes traballo grazas a que hai carestía no gremio.

Resúltame preocupante ver que as mesmas empresas que controlaban a comercialización do petróleo estean pivotando tan facilmente cara á mobilidade eléctrica. Se empresas como Repsol, Moeve, Total, ENI… terminan controlando boa parte da comercialización eléctrica, imos pagalo moi caro. Literalmente.

Está claro que o Dépor está tendo algún problema, como toooodos os anos, para enviar os carnés físicos a tempo do inicio de liga. Pero que me chegase xa o de meu fillo, que está vinculado ao meu, e non chegase o meu propiamente, paréceme auténtica fantasía.

Bueno, pois tema eclipse finalizado moi satisfactoriamente, aínda flipando co bonito que foi todo e encantado co ben que saíu a planificación. Agora xa só esperando que os nenos absorbesen o momento, que lles pique a curiosidade para o futuro, e que recorden a xornada con cariño. Exitazo.

MITO: “Santiago nació y creció gracias al Camino”. REALIDAD: la ciudad ni nació ni se desarrolló por causa de la peregrinación. Ese mito es moderno. Casi un eslogan de marketing. Te lo explico con datos históricos. HILO 🧵

Bild

Un cachiño longo de máis, un par de rimas sospeitosas, o último "e nós ao teu carón" algo confuso por ir retrasado e boto en falta que o "POR!" final sexa moito máis forte. Pero fóra destas cousas mínimas, o "Voa" gústame moitíiiisimo máis do que esperaba. Moi ben Xoel. Iso si: gaña sen vídeo.

Unha parte de min pensa "seguro que MeteoGalicia e AEMET teñen máis que planificado o escalado de infraestrutura que necesitarán mañá para a brutalidade de tráfico que lles vai vir enriba aos seus servidores". A outra parte, a da experiencia, pensa: "Si si, ti confía. Xa verás". Pois veremos.

Pouco a pouco, todos os partes meteorolóxicos para o eclipse están a converxer hacia: - Sitio onde vives: pinta mal. - Ese sitio ao que te desprazarías por se acaso: bo tempo todo o día, pero xusto á hora do eclipse pinta aínda peor. - Todos os sitios onde non se ve o eclipse: ceo despexado.

Este artigo de "consellos" parece escrito por un banco convencional, falando de rendibilidades do 2% ou o 3% (as que ofrecen eles) como algo desexábel. Pero a ver. Que se metes os teus aforros "a longo prazo" ao 2% ou 3%… estás PERDENDO UN MONTÓN DE DIÑEIRO. www.lavozdegalicia.es/noticia/econ...

Las seis claves para una buena planificación financiera de la jubilación

Empezar pronto, diversificar el ahorro y planificar la fiscalidad son algunos de los pilares para afrontar con tranquilidad la etapa del retiro laboral

lavozdegalicia.es

A app anterior do Dépor xa non era moi boa, pero a nova é un desastre monumental. Unha das experiencias de usuario menos intuitivas que vin nunca (nivel BBVA), carente de funcionalidades, mal integrada co sistema de contas, e ademais dá erros continuos. Pero como podes publicar isto, por favor?

Gustaríame volver 30 anos atrás e contarlle á miña avoa que algún día a xente pasearía polos mercados de abastos cunha copa de viño branco na man.

A cousa que máis me super-flipa de London é a cantidade de cochambre que pode entrar nun corpo humano cada día por vía respiratoria e dixestiva, e que aínda así o humano siga sendo operativo.

SpaceX saíu a mercado o 12 de xuño a $135. A maior IPO da historia. Un par de días despois chegou a estar a $225. Hoxe acaba de pechar a $119. E baixando. Non serei eu quen diga que as valoracións do mercado son xustas ou obxectivas, pero o hype… ai amigo, o hype que mal conselleiro é.

Scaloni, eu quérote moito, pero se vas vir algún día ao Dépor para facelo xogar así éntranme dúbidas, eh.

O domingo vai ser graciosísimo ver como Trump leva o trofeo ao podio, ensínallo ao capitán da selección vencedora, e acto seguido levántao el mesmo.

Se algo están ensinándome os últimos anos na industria da tecnoloxía é que, se algún día invento un novo tipo de lavadora, o meu marketing vai consistir en intentar convencer a un montón de xente de que o meu invento ten moitísimas posibilidades de acabar coa raza humana.

Se vas polo mundo dicindo orgulloso que o teu fillo/a "come de todo", lembra que iso pode provocar que outra xente descubra o que significa "de todo" na túa casa.

O problema do prezo da vivenda non o soluciona, nin o vai solucionar, ningún goberno. De ningunha cor. E a razón non é nin escura nin conspirativa. A razón é que a gran maioría da poboación non querería, baixo ningún concepto, que se solucionase. Incluso farían caer ao goberno que o intentase.

Entendo o espírito da norma e o sistema de liberación de asentos é unha marabilla e funciona moi ben, pero dar por suposto que calquera menor de 65 anos vai ser quen de usalo con soltura paréceme moito supoñer… www.lavozdegalicia.es/noticia/torr...

El Deportivo afina las normas para los abonos del regreso a Primera División

Situará los nuevos precios al nivel de clubes como el Celta y establecerá el compromiso de que sus socios usen el carné un mínimo de 15 partidos

lavozdegalicia.es