BNG - Parlamento galego

@parlamento.bng.gal

Actualidade parlamentar do Bloque Nacionalista Galego.

𝗢 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗣𝗹𝗮𝗻 𝗱𝗼 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 𝗲́ 𝘂𝗻 𝗰𝗮𝘁𝗮́𝗹𝗼𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗿𝗲𝗯𝗮𝗶𝘅𝗮𝘀. ➡️ 22 anos despois a proposta do PP rebaixa os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas respecto ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega do 2004. O plan da PP é o plan da censura 🤐, a mentira 🤥 e o sectarismo.

BildBildBildBild

🛍️Chegaron as rebaixas as tendas... e tamén á Consellería de Lingua. O novo plan de Rueda é un catálogo de rebaixas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galego do 2004 📄 🗣️ Mercedes Queixas

Un verán máis, o Goberno de Rueda é incapaz de garantir a atención sanitaria, pese a que as nosas cidades e vilas multiplican a súa poboación na época estival.  Montse Prado esixe medidas a un PP cuxo único plan é que menos profesionais atendan ao dobre ou ao triplo de persoas.

⚖️ Novo pau xudicial á política eólica do PP, que antepón os intereses das súas empresas amigas ao coidado do medio ambiente, o PP que goberna para as grandes enerxéticas e non para a xente. 🌀A Pena do Pico querémola libre de eólicos 🌀 🗣️Luis Bará Torres

BNG considera a “demoledora” resolución do TSXG sobre Pena do Pico un novo pau xudicial á política eólica do PP

Bará asegura que, malia a “manobras” na sección 3ª, o auto “reforza a idea de complicidade econivencia do Goberno de Rueda e as grandes eléctricas” Subliña q...

bng.gal

👧 🧒 Pode unha soa persoa atender á vez a trece nenos/as de 0 a 3 anos nunha escola infantil? 💢 O PP non ve problema. Nós, si. ➡️ Reclamamos mellores ratios, máis prazas na rede pública e acabar coa precariedade laboral 🗣️ Ariadna Fernandez

BNG pídelle o PP que “quite as orelleiras” e tome medidas para mellorar a atención nas escolas infantís de 0 a 3 anos

Ariadna Fernández defende unha iniciativa para reclamar mellores ratios, máis prazas na rede pública e acabar coa precariedade laboral no servizo

bng.gal

📳 🏥 Pedimos cambiar o modelo que obriga as e os pacientes a estar pendientes dun SMS para obter cita no hospital, sen saber se van ter que agardar un mes, dez meses, un ano ou máis. ‼️O conselleiro prometeu facelo. O PP votou en contra 🗣️ @iriac.bsky.social Iria Carreira

BNG esixe cambiar o sistema de citas nos hospitais para que as persoas doentes saiban cando van ser atendidas

Iria Carreira critica a indefensión que o implica o sistema de “buzón”, polo que as e os pacientes “non saben se van ter que agardar 15 días ou un ano” O PP ...

bng.gal

Deixámosvos por aquí algunhas reflexións do noso portavoz de Medio Ambiente, Luis Bará Torres, respecto das últimas novas sobre Altri. Ollo con ese "carpetazo definitivo", que hai que valorar con cautela. Vai fío 🧵🧵

La Xunta archiva definitivamente el proyecto de la fábrica de celulosa de Altri en Palas de Rei por «inviable»

La empresa presentó alegaciones para evitar el archivo, pero el Gobierno gallego las ve insuficientes

lavozdegalicia.es

🚢⚓️ Temos un País con máis de 1.600 quilómetros de costa e un Servizo de Gardacostas con menos dun cento de persoas traballadoras ❓Preguntámoslle o PP na Xunta cando pensa cubrir o 30 % de prazas vacantes 🗣️ Rosana Pérez Fernández

BNG denuncia a precariedade na que traballa o Servizo de Gardacostas de Galiza, cun 30 % das súas prazas sen cubrir

Rosana Pérez advirte que a falta de medios compromete o labor de vixilancia e o salvamento marítimo, ademais da loita contra o furtivismo

bng.gal

☑️ Cristina Fernández Davila fíxolle ao conselleiro de Educación un pequeno test sobre a neutralidade ideolóxica do PP. 🤔Adiviñas o resultado? Neutralidade ou censura de calquera información ao alumnado que non guste ao PP?

🧨A voadura masiva das torres de Endesa nas Pontes ten riscos para as vivendas e para a chimenea da térmica, unha icona do noso patrimonio industrial. 🧨A Xunta non pode ser só notaria dos plans de Endesa, ten que esixir garantías. 🗣️ Xosé Manuel Golpe

BNG esixe garantías para que a voadura das torres de Endesa nas Pontes non poña en risco as vivendas derredor e a cheminea

Golpe advirte do perigo que supón facer unha “voadura masiva” e pide conservar cando menos unha parte das torres como patrimonio industrial

bng.gal

🔥A mala planificación do PP na Xunta fai que os equipos de extinción do lume aínda non teñan todo o material que precisan 🚁O helicóptero pesado que prometeron, peza clave na campaña deste verán, non chegará ata setembro e só traballará 2 meses. 🗣️ Montse Valcárcel

💙👅 Mentres a Xunta deserta, a sociedade toma a iniciativa. O BNG exixe aplicar o protocolo Lingua Vital: 300 medidas consensuadas por 57 entidades para frear o declive do galego. @iriataibo.bsky.social denuncia o "absoluto nada" de Rueda: "Copien o traballo da sociedade, aplíqueno".

BNG exixe a aplicación do protocolo Lingua Vital: “Mentres a Xunta ‘deserta’, a sociedade civil toma a iniciativa”

A deputada Iria Taibo denuncia o "absoluto nada" do Goberno de Rueda en política lingüística e reclama que "copien" as 300 medidas consensuadas por 57 entida...

bng.gal

🏠 O PP na Xunta perdeu nos últimos anos a oportunidade de conservar para o parque galego de vivenda protexida máis de 4.000 pisos. Coa vivenda, o seu modelo é a especulación 🏠 🗣️ Alexandra Fernández