Premio Trevo 2026 🍀 O pasado 24 de xullo, entregamos o prato á gañadora desta edición, Loli Rodríguez, e falamos de ¨Nailía¨ en Río Lagares - Tenda Cultural. Puxemos o colofón á colleita do 2025 e xa estamos traballando para o ano que vén! Vémonos nas librarías! ✨
Premio Trevo
@premiotrevo.bsky.social
Premio literario á mellor obra narrativa escrita orixinalmente en galego entre as publicadas o ano anterior. 🍀 In memoriam María Duro Mansilla
HOXE!!! Facemos entrega do Premio Trevo 2026 a Loli Rodríguez en Río Lagares - Tenda cultural 🍀 Agardámosvos ás 19:30!
HOXE!!! Facemos entrega do Premio Trevo 2026 a Loli Rodríguez en Río Lagares - Tenda cultural 🍀 Agardámosvos ás 19:30!
Temos veredicto do xurado! 🥁 A obra gañadora da II Edición do Premio Trevo de narrativa en galego 2026 é "Nailía" de Loli Rodríguez Rodríguez (@galaxiaeditorial.bsky.social). 🔗Veredicto: www.instagram.com/p/DbBsoELDsQ... Noraboa! 🍀

Hai un prato en xogo! Son os últimos días de deliberación do noso xurado, en breve anunciaremos a obra gañadora do Premio Trevo 2026 e o prato xa está na mesa, fagan as súas apostas! 🍀
15/15 Premio Trevo 2026 🍀 🤹🏻♀️ Vantaxes e inconvenientes de case todo, Xosé Cermeño 🎩 En palabras do noso xurado: "Curioso e coidado artefecto literario á maneira dunha colcha tecida de retallos. Unha colección de reflexións que reflicten un xeito humanista de ver o mundo".
14/15 Premio Trevo 2026 🍀 🕸️Punto de araña, Nerea Pallares 🎩 O noso xurado dixit: "Un debut novelesco que mestura con afouteza o experimental na forma e o telúrico nunha temática que trae ao século XXI as artes femininas e feministas".
13/15 Premio Trevo 2026 🚢 Son coma glaciares os barcos de aceiro, Cynthia Menéndez 🎩 O noso xurado dixit: "Un artefacto literario que nos transporta 30 anos atrás, ao fin dunha época. Un relato poético da loita sindical, o ambiente dos estaleiros e o "coming of age" dun neno criando nos 90"
12/15 Premio Trevo 2026 🤝 Nailía, Loli Rodríguez 🎩 En palabras do noso xurado: "O tema queda eclipsado pola potencia, e orixinalidade da lingua, pola solidez e autenticidade dos personaxes, cuxa suma crean a voz, probablemente, máis audaz de todo o que se publicou en 2025"

11/15 Premio Trevo 2026 🔪 O lanzador de coitelos, Fernando Castro Paredes 🎩 En palabras do noso xurado: "Un exercicio de hibridación de xéneros (do thriller á novela histórica) marcado por un estilo aquelado e por un xogo de espellos entre autor, narrador e personaxe".
10/15 Premio Trevo 2026 🍀 🧊 Ensaios sobre o efémero, Vitor Vaqueiro 🎩 En palabras do noso xurado: "Literatura mosaico, onde en minirelatos de prosa precisa e depurada, xoga o autor, con elegancia á sutileza, ao humor, ao paradoxo, enchendo a boca de innumerables matices."
9/15 Premio Trevo 2026 🍀 🔥 A vida a arder, Abraham Pérez 🎩 En palabras do noso xurado: "Con diversas técnicas o autor tece con relatos o retrato xeracional duns rapaces dun barrio onde ás veces a vida arde e outras consúmese sen máis como o remol dun futuro que non chega".
8/15 Premio Trevo 2026 🍀 ⚓ Comandantes e familiares, @alcalaxavier 🎩 En palabras do noso xurado: "Xavier Alcalá mostra de novo a súa habelencia para recoller os testemuños da diáspora galega e construír con eles novelas moi literarias, mais fieis aos feitos históricos."

7/15 Premio Trevo 2026 🍀 🎪 Xibraltaria (Un Cadillac en Xibraltar), Nacho Taibo 🎩 En palabras do noso xurado: "Distopía satírica que colle un episodio case real da guerra civil para percorrer o país cunha troupe circense, ebrios pola súa particular linguaxe irónica e alucinada"
6/15 Premio Trevo 2026 🍀 💬 As palabras de Morfeo, Ramón Beltrán 🎩 En palabras do noso xurado: "Ao fío dun misterio relacionado cunha lingua minoritaria, esta novela conta unha historia que cae no gume exacto entre o verosímil e o extraordinario"

5/15 Premio Trevo 2026 🍀 🤿 As augas interiores, Blanca Riestra 🎩 En palabras do noso xurado: "As augas interiores comeza como unha novela de viaxes e deriva cara ao thriller psicolóxico. É sobre todo unha novela na que o que pasa dentro é máis importante que o de fóra"

4/15 Premio Trevo 26 🍀 📜 As obras póstumas, Diego Giráldez 🎩 En palabras do noso xurado: "As obras póstumas é unha novela curta con gran impronta autorial, na que Diego Giráldez constrúe unha historia delicada, reflexiva e cun sentido do humor intelixente"

3/15 Premio Trevo 26 🍀 ⛺️ Ventre de madeira, José Carou 🎩 En palabras do noso xurado: "Nunha Compostela sempre presente, Carou constrúe, a base de lembranzas de xuventude, un suxestivo refuxio"
3/15 Premio Trevo 26 🍀 ⛺️ Ventre de madeira, José Carou 🎩 En palabras do noso xurado: "Nunha Compostela sempre presente, Carou constrúe, a base de lembranzas de xuventude, un suxestivo refuxio"
2/15 Premio Trevo 26 🍀 🌴Tamarindo, Xavier Queipo O xurado dixit 🎩: "Unha aventura no mar Caribe? A cabeza levarate a unha historia de piratas, sexo, barcos e ron. Adaptado á actualidade, atopamos un libro abafante coma o trópico, narrado co pulso firme dun autor consagrado"
1/15 Premio Trevo 2026 🍀 🌊 O emisario submarino, Félix Longueira En palabras do noso xurado 🎩: "É unha colección de relatos narrados con sinxeleza, na que se emprega unha linguaxe coidada e que prioriza a creación dunha atmósfera literaria sobre o efectismo de buscar desenlaces sorpresivos"
II Edición Premio Trevo 🍀 📚Publícanse as 15 obras finalistas do premio Trevo 2026 á obra narrativa escrita en galego entre as publicadas en 2025 O xurado está a deliberar 🎩
II Edición Premio Trevo 🍀 📚Publícanse as 15 obras finalistas do premio Trevo 2026 á obra narrativa escrita en galego entre as publicadas en 2025 O xurado está a deliberar 🎩