🔴 Que vai pasar co teu sitio de Fala, paso a paso. Non todos os sitios cambiarán igual. O impacto depende do tema que utilicen na actualidade, das personalizacións e do xeito no que se construíron as páxinas. Cóntoche como se fará! 👉 fala.gal/que-vai-pasa...
Fala 💬 • Rede de sitios web
@redefala.bsky.social
Fala 💬 • Rede de sitios web gratuitos en galego. Crea o teu en só 3 clics. Contacto 📨 soporte(@)fala(.)gal Aquí 👉 https://fala.gal
🔴 Quen paga Fala. Fala.gal é gratuíta e non ten publicidade. É normal preguntarse onde está a trampa. Hai servidores, mantemento, actualizacións e horas de traballo. Convén explicar quen sostén todo iso. 👉 fala.gal/quen-paga-fa...
🔴 Como se deseñou o novo tema para Fala. O novo tema chámase 'fala', é un Block theme e será a base común de todos os sitios. Mais que exista un único tema non significa que todos os sitios teñan que parecer iguais. Ler máis 👇 fala.gal/como-desenei...
🤖 Como uso intelixencia artificial para reconstruír Fala. Este é un bo tema porque son consciente do debate social que suscita a IA. Así que vou dar o meu punto de vista e como se usa aquí. 👉 fala.gal/como-uso-int...
🔴 Por que non usar un construtor visual en Fala. Se hai ferramentas que fan webs bonitas arrastrando caixas, por que non usar unha? Porque nunha rede pública o que importa non é a páxina de hoxe, senón que o contido siga sendo editable dentro de dez anos. 👉 fala.gal/por-que-non-...
🔴 Radiografía de Fala: os números reais da rede Os datos principais da auditoría de Fala: sitios creados, sitios activos, sitios pechados, sitios vulnerados... Cal é o camiño a seguir? 👉 fala.gal/radiografia-...
🔴 Como se proba un cambio que afecta a máis de 400 sitios? Fala actualmente ocupa uns 16GB de contido. Así é como se realiza un traballo en paralelo: a rede que continúa funcionando e a súa nova versión: 👉 fala.gal/como-se-prob...
🔴 Seguridade en Fala: que pasou, que fixemos e por que menos é máis. Detectamos contido non autorizado en catro sitios da rede. Contámoscho! 👉 fala.gal/seguridade-e...
🔴 Na rede conviven dous sistemas de edición e decenas de temas e plugins amontoados durante 6 anos, sobre unha base que xa non aguanta remendos. Explico o diagnóstico e que sitios se verán máis afectados: fala.gal/por-que-fala... #galego #WordPress
Por que Fala.gal precisa unha renovación total • Fala!
A renovación de Fala.gal non é só unha actualización técnica. Na rede conviven dous sistemas de edición distintos e decenas de temas e plugins acumulados durante seis anos, sobre unha base que xa non ...
fala.gal
🚧 Imos renovar Fala por completode aquí a final de 2026. Tres cousas NON cambian: seguirá sendo gratuíta, en galego e sen publicidade. O teu contido é teu e segue sendo o centro. Máis info 👇 fala.gal/fala-1-0-asi...
Fala 1.0: así imos construír a próxima etapa da rede • Fala!
Desde 2020, fala.gal permitiu crear case 500 webs e blogs en galego, de balde e sen coñecementos técnicos. Blogs persoais, asociacións, revistas, proxectos musicais, aulas… Unha pequena rede que medro...
fala.gal
▶️ Renovar Fala con 3 principios: 1. Simplicidade radical: un só sistema para toda a rede. 2. Feito a medida: pezas propias e lixeiras. Evitamos plugins con demasiadas cousas. 3. Ben feito desde o día 1: cada web nova nace xa configurada. Menos problemas, máis velocidade.
Desde 2020, fala.gal permitiu crear case 500 webs e blogs en galego, de balde e sen saber programar. E por iso mesmo toca renovala a fondo. Contámosche o que atopamos e como podes participar: fala.gal/fala-1-0-asi... #galego #WordPress
Fala! · Crea a túa web gratis en 3 clics
Deseña as túas páxinas e escribe un blog coa seguridade e potencia de WordPress. Bule!
fala.gal
🔴 Fala 1.0: así imos construír a próxima etapa da rede. Fala precisaba un cambio a fondo. Seis anos medrando sen orde pasan factura. Hoxe empezamos a arranxalo: chega Fala 1.0, a renovación completa. Máis info 👇 fala.gal/fala-1-0-asi...
Fala 1.0: así imos construír a próxima etapa da rede • Fala!
Desde 2020, fala.gal permitiu crear case 500 webs e blogs en galego, de balde e sen coñecementos técnicos. Blogs persoais, asociacións, revistas, proxectos musicais, aulas… Unha pequena rede que medro...
fala.gal