🌧️ Bo día! Por diante un venres marcado polos vento do suroeste, que aportarán moitas nubes, humidade e chuvias, máis intensas e persistentes no prelitoral das Rías Baixas. As temperaturas, en ascenso, máis suaves, chega unha masa de aire máis temperada 📈
REDMETEO (meteoroloxía en Galego)
@redmeteo.bsky.social
🏃🏼♂️ David ⛈️ Soño con ser "home do tempo" 👀 Aquí atoparas prognósticos, actualidade e divulgación desta marabillosa ciencia, pero sempre en galego! 🥰
👉 Bo día! Comezamos o mércores con frío e con chuvascos que están a ser frecuentes a carón do litoral. A partir da tarde chegarán máis chuvias dende o atlántico da man dunha nova fronte. A poñerlle lombo 🙂↕️
👉 Bo día! Unha fronte irá entrando dende o mediodía e irá barrendo #Galicia ata a noite, con chuvias puntualmente intensas. Antes, o vento do sur vaise deixar notar, con refachos fortes. Nova semana, novo mes! 😍
👉 Bo día! Imos a por un xoves de ceos abertos en xeral, con máis nubes na costa da morte. Será unha xornada tranquila, de vento frouxo. Será a partir do venres cando entremos en dinámica de ventos do suroeste con sucesión de frontes atlánticas 🌧️ A poñerlle lombo 🙂↕️
👉 Bo día! Na imaxe do satélite vemos moita nube, parece moito pero en realidade non é tanto. Por diante un domingo onde as chuvias serán máis frecuentes na marxe atlántica onde poden acadar intensidade puntualmente moderada. Menos probables no interior de #Galicia. As temperaturas, van subindo.
❄️📉 Bo día! Vaia se baixaron as temperaturas, comezamos o xoves con FRÍO, valores rondando entre 1 e 3° en boa parte do interior, con lugares por debaixo de 0°C. Por diante unha xornada fría, con chuvascos frecuentes no norte e neve por riba dos 900-1000 m
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos máis nubes no norte onde aínda teremos algúns chuvascos. Máis claros nas Rías Baixas. Vento do nordés, refachos moderados. 📉 As temperaturas comezan a baixar, moi lixeiramente. #AbreAXanela, e comparte! 🥰
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos moitas nubes con chuvias que poden ser persistentes e intensas no sur de #Galicia. Menos frecuentes canto máis ao norte. Vento do sur. 🟢Temperaturas sen grandes cambios. #AbreAXanela, e comparte! :)
🌧️ Na imaxe do radar vemos xa as primeiras chuvias a piques de entrar pola franxa atlántica. Ao longo da tarde caerán en máis zonas, sendo puntualmente moderadas.
👉 Bo día! Madrugada chuviosa en boa parte de #Galicia. O xiro da borrasca, actualmente ao norte, provoca que as chuvias entren dende o oeste. Co paso das horas, as precipitacións van ir a menos e pola tarde pouco ou nada vai caer, á espera dunha nova fronte na madrugada do venres 🌧️
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos máis chuvias pola mañá, remitindo pola tarde. Vento do oeste máis forte ao principio, amainando co avance das horas. Pola noite, outra nova fronte 📉 Temperaturas en descenso #AbreAXanela, e comparte! 🥰
⚠️ ÚLTIMA HORA: Chegando polas Rías Baixas masas de chuvia moi intensa que poden descargar moita auga en pouco tempo, precaución nas vindeiras horas nas estradas, xa que estas intensidades de precipitación teñen bastante risco. Imaxe do radar das 07:40h:
👉 Bo día! Temos por diante un martes no que o vento do sur vai ir a máis, soprando moi forte nas últimas horas e pola noite. A chuvia caerá de xeito intermitente e será máis probable na marxe atlántica. A poñerlle lombo 🙂↕️
🌥️ Bo día! Bastantes nubes e algunhas chuvias febles no oeste galego, pouca cousa en todo caso. Ventos do oeste frouxos en xeral. O martes, nova borrasca 🌬️
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos un aumento das nubes co paso das horas, as chuvias máis intensas chegarán a partir da tarde polo oeste. Vento forte do sur. 🟢Temperaturas sen grandes cambios. #AbreAXanela, e comparte! :)
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos nubes e claros, risco dalgún chuvasco puntual no norte. Ventos fortes do oeste na costa de #Lugo. 📉 Temperaturas en descenso #AbreAXanela, e comparte! 🥰
🌧️ Mañá espertaremos co marabilloso son da chuvia na meirande parte de #Galicia. A borrasca está lonxe pero a súa fronte asociada tocaranos de cheo durante a xornada do domingo. A sacar os paraugas! ☂️
👉 Bo día, venres xa!!! De novo xornada marcada polas altas presións con risco de brétemas costeiras no litoral atlántico. No resto, sol con nubes altas. Seguen as temperaturas elevadas para a época do ano. Ás 10:05, o prognóstico para a fin de semana 🥰
👉 Bo día! Por diante un xoves, de novo, anticiclónico. Sol e nubes altas decorando o ceo. Máis nubes na Mariña e risco de brétemas nas Rías Baixas. Os termómetros baixan un chisco. A poñerlle lombo 🙂↕️
🌧️ Dende aquí, con moita felicidade (non me escondo), coido que xa podo anunciar a primeira fronte activa do que levamos de mes, prevista para o vindeiro domingo 19. E é que a partir do sábado estaremos baixo a influencia das baixas presións durante días. Segue o fío ⬇️
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos moito sol con nubes altas sen importancia, algunhas nubes na Mariña e tamén en zonas altas do interior. Vento frouxo. 🟢 Termómetros sen cambios #AbreAXanela, e comparte! 🥰
🌤️ Bo día! Imos a por un martes anticiclónico, de sol con máis nubes na Mariña/Ortegal e tamén pola tarde no interior sur onde, de novo, poderá caer algún chuvasco de tipo treboento. As temperaturas, seguen sen grandes cambios, calor para a época. A poñerlle lombo 🙂↕️
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos moito sol en xeral. Máis nubes na Mariña e Ortegal e tamén pola tarde no interior sur, con risco dalgún chuvasco. Vento frouxo. 🟢 Temperaturas sen grandes cambios #AbreAXanela, e comparte! :)
👉 Bo día! Imos a por un luns de moito sol en xeral. Teremos risco de nubes baixas na Mariña e tamén nubes de evolución pola tarde no interior que poderían deixar algún chuvasco. As temperaturas, sen cambios, elevadas para a época do ano un día máis 📈
📈 Estas son as temperaturas máximas de hoxe en #Galicia. Outro día de verán, e van.... e quedan uns cantos. Ás 19:00, o prognóstico da semana
☀️ Bo día! Seguimos con este verán tardío, moito sol en xeral, agás na Mariña onde o nordés acumula máis nubes. Pola contra, no mediterráneo as chuvias seguen a ser protagonistas, con moita intensidade na maior parte dos casos. Feliz domingo! 🥰
🌤️ Bo día! Comeza un venres e un fin de semana anticiclónico, con máis nubes na Mariña e Ortegal debido ao nordés e moito sol no resto de #Galicia con valores que volverán rondar os 25/26°C. Pola contra, no Mediterráneo segue chovendo forte.
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos moito sol con algunhas nubes na Mariña e Ortegal. Vento do nordés. 📈📉 Máximas en ascenso e mínimas en descenso #AbreAXanela, e comparte! 🥰