@sushibooks.bsky.social

Mirade que cousa máis chula para lerdes no verán (e mais despois). 'Bubú e os seus amigos' son cinco delirantes historias en cadriños, destinadas a público a partir de seis anos. Deixámosvos asomarvos para abrir o apetito! ⬇️

Bild

O vindeiro xoves, 25 de xuño, Anxo Otero e Caetano Otero presentan o seu libro 'Cóntocho con palabras' no seu querido Bueu. Será no Centro Social ás 19:30 horas. Podedes vir en chancletas!

Bild

Velaquí o teu próximo libro favorito! 🐺 ‘A astuta Polly e o lobo parvo’ contén os dous primeiros volumes de contos de Catherine Storr protagonizados por unha nena enxeñosa e espelida que sempre consegue zafarse do lobo lambón e zoupón que quere devorala. Risas aseguradas para toda a familia!

BildBildBild

Tano é un adolescente que fala galego e inglés nos Estados Unidos. O seu pai, Anxo, é de Bueu e a súa nai de Pennsylvania 🇺🇸. Coa axuda do pai, Tano cóntanos o seu día a día e datos importantes por se o imos visitar… como por que as chancletas son o mellor invento da historia.

Bild

Sabedes que se ides a unha librería e dicides «quero un libro sobre señoras en bicicleta, que conte a historia das mulleres sobre esas dúas rodas de forma divertida e estea cheo de datos fascinantes» as libreiras dirán «ah, xa sei» e pedirán (se non o teñen) este libriño xenial?? Facede a proba!

Foto do libro «Señoras en bicicleta», de Raquel C. Pico, María Ramos Domínguez e Ana Bulnes (que son eu)

En La Casa de Tomasa leron 'A arañeira de Charlotte', de E. B. White "para ver si había envejecido bien y resulta que sí, sigue resultando fresco, está muy bien escrito, plagado de diálogos y cuenta muchas cosas interesantes de la vida en una granja." casadetomasa.wordpress.com

Bild

Chega ás librarías un novo título dun dos nosos autores preferidos: E. B. White. 'A trompeta do cisne' ofrece unha marabillosa historia, protagonizada por un cisne trompeteiro, sobre como o amor nos pode impulsar a superar algúns obstáculos que nos presenta a vida. rinoceronte.gal/sushibooks/p...

Bild