Acabo de ver un negocio pechado "por vendimia". Que pode haber máis galego que pechar para deslombarse aínda máis?
Patsfan: Of Course Celtic
ALT: Patsfan: Of Course Celtic
static.klipy.com
Acabo de ver un negocio pechado "por vendimia". Que pode haber máis galego que pechar para deslombarse aínda máis?
Patsfan: Of Course Celtic
ALT: Patsfan: Of Course Celtic
static.klipy.com
De onde vén a moda de chamarlle "a propiedade" aos donos dos equipos de fútbol? É bastante recente, non?
Entérome hoxe de que mataron a Lorca o 18 de agosto en Víznar. Levaba toda a vida crendo que fóra o 19 de agosto en «Viznár» por culpa de Celso Emilio e Suso Vaamonde...
Pois nosoutros en Monforte vímosvos a eclipse desde a casa e escoitando de fondo a proba de son de Ráfaga, o cal lle deu unha nota extra de surrealismo ao asunto
Hoxe foi o primeiro día de feina despois das vacacións e non volo recomendo o de traballar eh, e iso que en agosto temos xornada "reducida"
Desde setembro vivimos a carón do cine da cidade e xa fomos 7 ou 8 mércores, día do espectador. Nunca tantísima xente houbo coma onte, e iso que botaban a peli en dúas salas case á vez. Tamén vos digo que a Odisea con diferenza a mellor peli que vimos neste cine
Fomos recibidos por Carlos VII e o seu can nun edificio da deputación de Lugo 👌
Acabei de montar no bus Ourense-Viloira (aka "o bus das enfermeiras") e o condutor vai todo motivado con «Can You Feel the Love Tonight» da banda sonora do Rey León 🫂
Por qué El Progreso de Lugo considera as Pontes parte da Terra Chá? De onde vén iso?
Cantas cores ten un abellaruco? Este estaba esta mañá afanándose en comer un Anax imperator, o cabaliño do demo máis grande de Europa
Os luns son menos luns cando un se atopa con estas preciosidades no LP 😍😍😍
Hoxe madrugar para facer hora e pico de coche ata o Soldón da Seara viuse compensado con que me recibisen cunha caixa de cireixas 😍🍒
Pensei que puña "veinte años de rotacismo en Ourense". Vinte parécenme poucos, só eu xa levo case outros tantos máis dándolle ao rrrrrrr
🦧 Animal #1019 🦕 I figured it out in 19 guesses! 🟧🟥🟥🟨🟧🟨🟨🟨🟨🟨🟨🟨🟩🟩🟩🟩🟩🟩🟩 🔥 1 | Avg. Guesses: 19 metazooa.com #metazooa
Metazooa
Become an evolutionary detective to find the Mystery Animal!
metazooa.com
Temos a anduriña dos penedos, a a das pontes, a das barreiras...e agora descubrimos para a ciencia a anduriña das silveiras 🤣🤣🤣
Xa se pode pór en galego tamén en Android 😍
Como fixeches para pór os nomes en galego no Merlín? 😱
Voulle subir unha marcha á pregunta de Denís. No voso círculo cercano (amigos, familia, compañeiros de traballo...) tedes xente que sexa a caseira de alguén e perciba rendas dun aluguer?
Pregunta sinxela: a maioría da xente do voso círculo vive de aluguer ou ten vivenda en propiedade (dame igual se foi herdada ou mercada ou se teñen a hipoteca paga ou non). No meu caso algunha xente de aluguer pero maioría ampla de propietariado.
Hoxe pareceume ver un xabaril no medio dun lameiro e, cando tirei de prismáticos, vin que tiña diante un voitre negro. 😳😍
Arrimarse á beiriña dun encoro ás veces semella un filme de terror