🌞O @citicresearch.bsky.social acollerá o Congreso Solar MHD 2026, onde persoal investigador de Europa, Estados Unidos e Asia reunirase para compartir os avances na física solar, as simulacións da atmosfera do Sol e o uso de ferramentas innovadoras aplicadas á investigación. 🔗https://bit.ly/eclp26
🌍A UDC avanza coa Universidade de Tecnoloxía de Anhui nun proxecto de cooperación educativa para impulsar titulacións en China. 🎓Esta iniciativa, pendente de aprobación, permitiría ofrecer inicialmente tres graos e o estudantado obtería unha dobre titulación. 🔗+info: https://bit.ly/UTAnhui
📚 Os días 7 e 8 de setembro, a Facultade de Ciencias da Educación da #UDC celebra as Xornadas para a Práctica Profesional Reflexiva, unha preparación clave para o Prácticum II do alumnado de 4º de Infantil, Primaria e Educación Social. 🔗Máis info: https://bit.ly/XPPR09
✨A UDC presidirá durante o seu primeiro ano a nova Rede de Centros de Excelencia en Intelixencia Artificial Confiable e Responsable #ConfIA, unha alianza que reúne dez universidades españolas para impulsar unha IA máis segura e transparente. 🔗+info: https://bit.ly/ConfIA26
🔬 Unha tese do #CITENI abre novas vías para desenvolver unha electrónica orgánica máis resistente e flexible. ⚡📱O traballo de Jesika Asatryan, desenvolvido no Laboratorio de Polímeros Funcionais, achega novas claves para crear dispositivos máis fiables e duradeiros. 🔗+info: https://bit.ly/JAsCTN
Como desfrutar da eclipse con seguridade? 🌘 Ollo cos “visores” caseiros e cos consellos sen contrastar de Internet. Para observala, emprega sempre protección homologada e evita improvisacións. +info:https://udc.gal/gl/unidade_divulgacion_cientifica/eclipse/ #Eclipse #DivulgaciónCientífica #UDC
Comeza a conta atrás para a eclipse 🌘 Para observala directamente: sempre con visores homologados. Tamén podes construír un visor solar na casa para ver como a Lúa tapa o Sol. +eclipse: https://udc.gal/gl/unidade_divulgacion_cientifica/eclipse/ #Eclipse #DivulgaciónCientífica #UDC
🌊A investigadora do CITENI Laura Castro Santos, vén de recibir o Premio Nacional Ángeles Alvariño 2026, un recoñecemento á excelencia da súa traxectoria en tecnoloxías emerxentes e ao seu labor nas enerxías renovables mariñas e a transición enerxética. Parabéns! 👏🏽 🔗+info: https://bit.ly/LCCPNAA
🎨O VI Programa de Residencias Artísticas do Centro de Arte FMJJ e a UDC selecciona a Carlos Rodríguez-Méndez e Raquel G. Ibáñez para desenvolver en NORMAL proxectos que ofrecen unha mirada crítica sobre a materia, o tempo e os vínculos entre o humano e a contorna. 🔗+info: https://bit.ly/CAMJJ26
A UDC participa no acordo entre a Xunta e as universidades públicas galegas para reforzar a PAU e ofrecer maiores garantías ao alumnado. A reforma fortalece o papel da CiUG e adapta o sistema de acceso e admisión ao novo marco normativo. 🔗Máis info: https://bit.ly/PAUCiUG
🍃👕 O @citicresearch.bsky.social da UDC impulsa xunto ao @mitpress.bsky.social e Inditex un proxecto para transformar residuos da industria cervexeira en novos materiais téxtiles sostibles. 🔗Máis info: https://bit.ly/CitMITInd
O @citeec.bsky.social financiará 5 proxectos interdisciplinares liderados por persoal investigador posdoutoral emerxente. 💡As iniciativas abordarán retos en enerxía eólica urbana, biodiversidade mariña, monitorización de infraestruturas e predición meteorolóxica hiperlocal. 🔗https://bit.ly/CTCCAP
🏺A cuarta campaña arqueolóxica no Castro de Esmelle segue ofrecendo descubrimentos de gran valor histórico. Esta mañá realizouse unha visita institucional aos traballos de escavación, onde as autoridades puideron coñecer algúns dos achados máis destacados. 🔗Máis info: https://bit.ly/CasEsm
Onte celebramos unha nova reunión de #TransferUDC, a rede interna de profesionais da transferencia da Universidade da Coruña. Persoal da OTC e dos centros de investigación compartiron experiencias, revisaron procedementos e intercambiaron coñecemento para seguir mellorando o traballo conxunto🫂.
🏛️A ETSAC súmase á metodoloxía da Axenda Urbana Española, promovida polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, á formación do alumnado de Arquitectura, achegándolles aprendizaxe vinculada a casos reais e contribuíndo á mellora do territorio desde a universidade. 🔗https://bit.ly/ETSACAXU
🌊🔬 Unha investigadora do @cicaudc.bsky.social lidera unha folla de ruta europea para recuperar os bosques de #kelp, un dos ecosistemas clave para a biodiversidade mariña e, ao mesmo tempo, dos máis ameazados do planeta. 🌿🌍 🔗Máis información: https://bit.ly/CICAkelp
❤️🩹🧑🏽⚕️Hoxe presentouse o proxecto XINE-IA, iniciativa coordinada pola Clínica Cobián que conta coa participación do CITIC e combina coñecemento clínico, intelixencia artificial e innovación tecnolóxica para mellorar a atención ás mulleres con incontinencia urinaria. 🔗Máis info:
Nace XINE-IA, un proxecto galego que utilizará IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina
Detalle de udc-news
bit.ly
🏗️ A UDC inicia a rehabilitación do Pavillón de Colonias no campus de Oza, cun investimento de 400.000 €. As obras, que rematarán a finais de ano, mellorarán a conservación, a eficiencia e a seguridade dun edificio histórico, reforzando o compromiso co patrimonio. 🔗Máis info: https://bit.ly/ObOza
🔬A UDC acada un récord na convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025 da @ageinves.bsky.social: 6,3 millóns de euros para 46 proxectos e 11 contratos predoutorais. Un 70,4 % máis de proxectos e un 88 % máis de financiamento ca en 2024. 🔗Máis información: https://bit.ly/PXC2025
🤝 A UDC e a Deputación da Coruña renovan a colaboración para que o alumnado da Residencia Universitaria Elvira Bao poida utilizar o comedor do IES Rosalía Mera durante o curso 2026/2027.
🎓 Dous estudantes de máster da UDC obteñen as Bolsas de Verán do @ciferrol.bsky.social. Grazas a estas axudas, desenvolverán proxectos de investigación no #CITENI sobre construción sustentable e fabricación aditiva. 🔗Máis info: https://bit.ly/CIFBVE26
🔎A UDC pon en marcha o novo Observatorio INSLAB, unha plataforma interactiva que ofrece datos sobre a inserción laboral das persoas tituladas. 🖥️Ademais, incorpora novas pantallas informativas para achegar ao estudantado servizos, recursos e oportunidades. 🔗Máis info: https://bit.ly/OCLPan
Hai unha semana navegamos polas estríelas na ETS de Náutica e Máquinas con Alsira Salgado e Ángel Arós. Aprendemos a guiarnos, reconocer constelacións e a como disfrutar da #eclipse do 12 de agosto 🌒✨ Sabías que temos un#planetario na UDC? 🪐 🔗 +info: udc.gal/unidade_divulgacion_cientifica/eclipse
Como cada 25 de xullo, renovamos o noso compromiso coa educación, a cultura e a sociedade galegas. Desde a UDC seguimos creando, investigando e innovando para abrir novas oportunidades para Galicia. Feliz día nacional de Galicia! #25X #DiaNacionalGalicia
🎓O Consello de Goberno da UDC aprobou na reunión desta mañá 12 regulamentos de réxime interno e 7 normativas, entre elas a de #DANUDC de apoio ao estudantado deportista, e a de profesorado honorario e emérito. Un avance na adaptación á LOSU. 🔗Máis información: https://bit.ly/CdG0726
🌍Remata o curso de verán “Descarbonización Industrial e Tecnoloxías de Captura, Transporte, Almacenamento e Uso do CO₂: Unha Visión Atlántica”, no que desde a UDC abordáronse os retos para avanzar na descarbonización dos sectores industriais de difícil redución de emisións. 🔗https://bit.ly/CVCitCam
✨A UDC e o Comisariado do Xacobeo 2027 exploran vías de colaboración conxunts para achegar á comunidade universitaria os valores do Xacobeo, fomentando a participación do estudantado, do PDI e do PTXAS nas actividades que se desenvolvan con motivo da celebración do Ano Santo.
🚀O proxecto Saberes do Monte, no que participan a UDC coa Fundación Juana de Vega e outras institucións, vén de celebrar a súa presentación. A iniciativa impulsará actividades ligadas á bioeconomía forestal e promoverá a conservación de hábitats en 5 áreas piloto. 🔗https://bit.ly/SdM2026
👩🏽🎓👨🏽🎓A UDC incorpora 2 novos doutores honoris causa: 🔬Marisol Soengas, referente internacional na investigación do melanoma. 🧠Emery Brown, anestesiólogo e profesor do MIT, que transformou a comprensión da anestesia, a conciencia e o funcionamento do cerebro humano. 🔗https://bit.ly/Dhc2026
🌍 O investigador Beatriz Galindo da UDC Fredy S. Monge vén de completar unha estadía na Huazhong University of Science and Technology (China), consolidando a colaboración científica entre España e China en ámbitos como o cambio climático, a resiliencia urbana e as cidades saudables.