videoxogo.gal

@videoxogo.gal

Asociación galega de videoxogos e contidos interactivos. https://videoxogo.gal/

Abre o prazo de inscrición para Odisea Indie ata o 12 de outubro! 📍 A Coruña (ExpOtaku) 📅 21 e 22 de novembro ✨Zona de exposición con materiais promocionais ☕ Zona de descanso e networking para devs 🏆 Premios e recoñecementos Mais información en odiseaindie.com

Odisea Indie - ExpOtaku A Coruña 2026 | Inicio

Bienvenido a Odisea Indie en ExpOtaku A Coruña 2026. Descubre muchos videojuegos independientes gallegos y vota por tus favoritos.

odiseaindie.com

📢 O Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) da Universidade de Vigo xa abriu o seu período de matrícula! 📝 Se buscas especializarte na localización de videoxogos, esta é a túa oportunidade! 🔗 Máis info: paratraduccion.com/videojuegos/

Especialista en Traducción para la Industria del Videojuego – Sitio web del Tïtulo Propio de «Especialista en Traducción para la Industria del Videojuego» (ETIV) de la Universidade de Vigo. Una idea l...

paratraduccion.com

👾 Hoxe é o último día de Mundos Dixitais, o XXIV Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media. 📺 Durante tres días, diversos profesionais gozaron de conferencias, presentacións e unha feira de emprego únicas da industria. 🧐 Pasaches por alí? Cóntanos!

Bild

🌞 O videoxogo como ferramenta para promover o patrimonio e a cultura! 🌊 Xa está dispoñible Costa da Morte Runner, unha iniciativa da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) para innovar na nosa promoción turística 👾 🎮https://play.costa-da-morte.com/🎮

Bild

Onte falamos de industria con Pablo Monroy (Overpowered Team) tocando temas como: 🤝 Relación developer - publisher 🎮 Necesidades dos estudios 💰 Busca de financiamento Moitas grazas a Pablo por compartir o seu coñecemento, e a todos os asistentes por participar!

Diapositiva sobre os traballos previos de Pablo:

Co-fundador e BizDev en Overpowered Team
8+ proxectos firmados, 10+ colaboracións con publishers
BizDev para OP Team e como freelance
Traballos previos como 3D Artist e VFX Artist

🎮 Onte celebramos o ARRE-DEMO! no IES San Clemente Un concurso de demos, condimentado con charlas dos socios de Videoxogo.gal! 🎙️ Cristina Barreiro, "Acabé de estudiar, ¿Ahora qué hago?" 🎙️ Diego F. Goberna, "Del Spectrum ZX al ARC Riders" 🎙️ Javier Mayor, "Que é Videoxogo.gal?"

Charla de Javier Mayor "Que é Videoxogo.gal?"Charla de Cristina Barreiro "Acabé de estudiar, ¿ahora qué hago?Charla de Diego F. Goberna "Del Spectrum ZX al ARC Riders"Charla de Diego F. Goberna "Del Spectrum ZX al ARC Riders"

👉 O Instituto das Mulleres está a realizar un estudo sobre mulleres gamer en España. 📝 Trátase dun cuestionario para mulleres de entre 18 e 30 anos. 🟢 Os resultados contribuirán a xerar coñecemento e a impulsar medidas para crear espazos máis seguros e igualitarios! tinyurl.com/enquisamulle...

Cartel informativo que lee "Si tienes entre 18 y 30 años y vives en España queremos escucharte. Estamos investigando las experiencias de mujeres en los videojuegos online. Responde a nuestra encuesta (Solo te llevará unos minutos). Tu voz es clave para un gaming más inclusivo. 
Está asinado por Periféricas, e xunto ao QR da enquisa, informa que estará aberta ata o 30 de xuño.

🎮 O Museo do Pobo Galego e o Museo do Videoxogo de Galicia impulsan a preservación do videoxogo como patrimonio cultural! 🩵 O MUVI doará "The Wall", o primeiro videoxogo galego, ao Museo do Pobo Galego. 🏛️ A peza presentarase en formato interactivo, nas novas salas de historia contemporánea.

🎮 Onte celebramos o Lume Game Dev Summit no Liceo La Paz Un evento que busca fomentar a relación entre o sector profesional e as novas promocións que saen do sistema educativo! 🎙️ Conferencias e unha mesa redonda 🕹️ Zona de proba de demos dos alumnos 🏎️ Torneo de Mario Kart 🏆 Gala de premios

BildBildBildBild

Onte comezou o #SteamNextFest, onde poderás xogar de balde ás demos de videoxogos galegos! 💌Estarán dispoñibles xogos galegos, como Fraga, Golpes e Broucazos ou Kitty Witchy 🔴Do 15 ata o 22 de xuño en Steam Desfruta da festa das demos e do seu sabor galego, e fai wishlist dos teus favoritos! 🎮😻

Montaxe con capturas dos tres xogos mencionados.
A esquerda Fraga cun estilo pixel art isométrico, no medio Golpes e Broucazos cun estilo de muñecos de paos nun xogo de peleas, e por último Kitty Witchy cun estilo de animación 3D cozy.

🎮 A Zona Indie Dev de ExpOtaku A Coruña 2026 medra máis ca nunca! 🕹️ +50 videoxogos 🎪 40 postos indie 🎓 Estudos, asociacións e centros formativos 📍 23 e 24 de maio en ExpoCoruña Dous días para descubrir talento, probar xogos e apoiar o desenvolvemento indie feito aquí 🚀👾

Bild

📚 Este domingo foi o Día das Letras Galegas, pero iso vai máis aló da lectura! Dende Videoxogo.gal, queremos reivindicar o videoxogo como ferramenta cultural! 🎮 Xogar en galego tamén é facer país. 💙

📢 Resolución do concurso para o novo logo da Asociación Videoxogo.gal Tras o proceso de votación interna, non se acadou unha participación suficiente nin unha maioría concluínte que permitise escoller unha proposta gañadora.

📢 Xa está dispoñible a convocatoria de axudas para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos, unha ferramenta moi relevante para impulsar a internacionalización e a presenza en mercados internacionais 🌍. Revisádea con atención👇 spainaudiovisualhub.digital.gob.es/es/actualida...

Promoción exterior de la industria audiovisual y los videojuegos de Galicia | 2026

Plazo de presentación de solicitudes: hasta el 1 de junio de 2026.

spainaudiovisualhub.digital.gob.es

💜 Polo 8M as nosas socias Cristina Barreiro e Elba Fernández foron convidadas ao CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro para impartir unha charla sobre a súa experiencia no sector dos videoxogos 🎮.

Bild

🎮🤔 Algunha vez quixeches reunirte con colegas da asociación en persoa pero non sabías onde? Problema resolto! O venres 13 de febreiro, dende videoxogo.gal asinamos un acordo con LUAGaming e ATENDO para usar as instalacións de Peniche Living 👐🏻✨.

Bild

Nunhas horas rematará a primeira BrinQo Quantum Jam, evento organizado polo CESGA que durou unha semana. Nesta jam de temática cuántica participan as tres universidades galegas e conta con 72 persoas inscritas! itch.io/jam/brinqo

BrinQo Quantum Jam

A game jam from 2026-02-06 to 2026-02-20 hosted by Quantum GameJam Galicia. INSCRICIÓNS PECHADAS *78 Inscrit@s! Benvid@s á BrinQo Quantum Jam, unha game jam sobre computación cuántica! O obxectivo des...

itch.io

ArumaStudios publica hoxe en Steam unha proposta moi interesante: que ocorre despois da morte? 👻 Deste estudo galego chega Shadows of the Afterland, unha aventura gráfica con gran personalidade e chea de quebracabezas únicos. Deixámosvos o video de lanzamento 👇🏻

O luns pasado galiciae.com compartía unha reportaxe sobre xogalego.gal, o novo catálogo en liña do videoxogo en galego desenvolto pola equipa de @recunchogamer.gal. Para saber máis sobre este portal e as nosas impresións, podedes consultar a nova nesta ligazón! 🎮💙 www.galiciae.com/articulo/gal...

Galiciae

Galiciaé, o diario galego. Xornal Xacobeo. La actualidad de Galicia, en clave de El Camino. Turismo, cultura, viajes y actualidad

galiciae.com

Comezamos este 2026 agradecendo o traballo da anterior xunta directiva, o cal supuxo grandes fitos para o sector do videoxogo en Galicia. Esta nova xunta busca continuar todos os proxectos iniciados e seguir coa mesma ilusión, paixón e compromiso da xunta saínte. Grazas pola confianza 🎮💙!

Onte o noso presidente achegouse a Ourense a lle entregar a Alejandro González o diploma que o certifica como socio de honra de Videoxogo.gal pola súa encomiable labor como pioneiro do sector do videoxogo en Galicia co desenvolvemento e comercialización de The Wall. Grazas e benvido! 💙

Bild

Rematou xa o #culturgal e estamos encantados coa acollida que o público amosou polo videoxogo galego. Hai un enorme talento no sector da nosa comunidade, e agora xa o saben 16.000 persoas máis. Grazas á organización, á #AGADIC e á #Xunta por facelo posible.

BildBildBildBild